SCAP (3/4): Usando OpenSCAP

viernes, 10 noviembre 2017
SCAP (3/4): Usando OpenSCAP

proxecto OpenSCAP é unha colección de ferramentas de código aberto para implementar e cumprir este estándar, e recibiu a certificación SCAP 1.2 por NIST en 2014. A SCAP Security Guide, xunto coas ferramentas OpenSCAP, pódese utilizar para a implantación da xestión continua da seguridade de forma automatizada na túa organización.

Dentro de OpenSCAP atopamos:

  • SCAP Workbench (vexa o uso de SCAP benchmark): A utilidade gráfica scap-workbench deseñada para realizar escaneos de configuración e vulnerabilidades nun único sistema local ou remoto. Tamén pode ser usado para xerar informes de seguridade baseados nestes escaneos e avaliacións.
  • OpenSCAP (vexa o uso de OpenSCAP): A utilidade de liña de comandos oscap deseñada para realizar escaneos de configuración e vulnerabilidade nun sistema local, para validar o contido de cumprimento de seguridade e xerar informes e guías baseados nestes exames e avaliacións.
  • Script Check Engine (SCE): SCE é unha extensión do protocolo SCAP que permite aos administradores escribir o seu contido de seguridade usando un linguaxe de script, como Bash, Python ou Ruby.
  • SCAP Security Guide (SSG): O paquete scap-security-guide que proporciona unha colección actualizada de políticas de seguridade para sistemas Linux. A guía consiste nun catálogo de consellos prácticos de fornecemento da seguridade, ligados aos requisitos do gobernación IT que corresponda. O proxecto conecta os requisitos de política xeneralizados e as pautas de implementación específicas.

Quizá sexa nesta última parte na que se adiviña todo o potencial efectivo do modelo SCAP enfocado á automatización.

Do mesmo xeito que en calquera aspecto da vida cotiá, hai moitas ferramentas diferentes que realizan o mesmo traballo. Este concepto aplícase tamén para a realización de avaliacións de vulnerabilidade.

Existen ferramentas específicas para sistemas operativos, aplicacións e redes (en función dos protocolos utilizados). Algunhas ferramentas son gratuítas, outras non o son. Algunhas ferramentas son intuitivas e fáciles de usar, mentres que outras son crípticas e mal documentadas pero teñen características que outras ferramentas non fan. A utilidade de liña de comandos oscap permite aos usuarios escanear os seus sistemas locais, validar o contido de cumprimento de seguridade e xerar informes e guías baseados nestes exames e avaliacións. Esta utilidade serve como frontal da biblioteca OpenSCAP e agrupa as súas funcionalidades aos módulos (subcomandos) en función do tipo de contido SCAP que se procesa.

instalación de oscap é moi sinxela e pódese facer dende o propio xestor de paquetes da distribución Linux en uso, yum install openscap-scannerno caso de sistemas Red Hat:

$ oscap -V

OpenSCAP command line tool (oscap) 1.2.9

Copyright 2009–2016 Red Hat Inc., Durham, North Carolina.

==== Supported specifications ====

XCCDF Version: 1.2

OVAL Version: 5.11.1

CPE Version: 2.3

CVSS Version: 2.0

CVE Version: 2.0

Asset Identification Version: 1.1

Asset Reporting Format Version: 1.1

Instalado o scanner de SCAP, o seguinte que necesitarás será obter as guías STIG para usar nos escaneaos. Para iso simplemente descargar e instalar o paquete coas guías: yum install scap-security-guide. Alternativamente, podes descargar e construír as guías dende os repositorios de código fonte de OpenSCAP en Github, cousa útil se o que pretendes e personalizar as túas políticas:

apt -y install cmake expat libopenscap8 libxml2-utils xsltproc git

git clone https://github.com/OpenSCAP/scap-security-guide.git

cd scap-security-guide/

cd build/

cmake ../

make -j4 debian8

Unha vez instaladas as guías no sistema, a menos que se especifique o contrario, o contido das guías de seguridade estará dispoñible baixo o directorio /usr/share/xml/scap/ssg/content. Agora xa somos quen de comenzar a usar oscap:

  • Consultamos a información relativa a unha guía:
    oscap info /usr/share/xml/scap/ssg/content/ssg-rhel7-ds.xml
  • Executamos a evaluación do SSG XCCDF benchmark:oscap [options] module eval [module_operation_options_and_arguments]
    oscap xccdf eval –profile common –results results.xml /usr/share/xml/scap/ssg/content/ssg-rhel7-ds.xml
  • Xeramos o informe de resultados:oscap module generate sub-module [specific_module/sub-module_options_and_arguments] file
    oscap xccdf generate report –output report.html results.xml

Algo se cadra moito máis interesante é que OpenSCAP permite remediar automaticamente os sistemas que se atoparon nun estado non compatible coas guías de seguridade. Para isto, precísase que o escaneo do equipo se faga mediante un arquivo XCCDF con instrucións. O paquete scap-security-guide contén instrucións de resolución para algúns casos. O proceso de resolución consiste nos seguintes pasos:

  1. OpenSCAP realiza a avaliación XCCDF.
  2. A avaliación dos resultados realízase avaliando as definicións OVAL. Cada regra que fallou está marcada como candidato a ser arranxada.
  3. OpenSCAP busca un elemento de corrección axeitado, prepara o entorno e executa o script de corrección.
  4. Calquera resultado do script de corrección é capturado por OpenSCAP e almacenado no elemento de resultado de regras. O valor de retorno do script de corrección tamén se almacena.
  5. Cando OpenSCAP executa un script de corrección, avalía inmediatamente a definición OVAL de novo para verificar que o script de corrección se aplicou correctamente.
  6. Os resultados detallados da operación de reparación almacénanse nun ficheiro XCCDF de saída.

Existen tres modos de operación de OpenSCAP con respecto ás operacións de resolución:

  • online: execútase as reparacións no momento do escaneo. A avaliación e a reparación realízanse como parte dun único comando:
    oscap xccdf eval –remediate –profile xccdf_org.ssgproject.content_profile_rht-ccp –results scan-xccdf-results.xml /usr/share/xml/scap/ssg/content/ssg-rhel7-ds.xml
  • offline:No primeiro paso, o sistema só se avalía e almacena os resultados nun elemento TestResult nun ficheiro XCCDF.No segundo paso, oscap executa os scripts de corrección e verifica o resultado.
    oscap xccdf eval –profile xccdf_org.ssgproject.content_profile_rht-ccp –results scan-xccdf-results.xml /usr/share/xml/scap/ssg/content/ssg-rhel7-ds.xml
    oscap xccdf remediate –results scan-xccdf-results.xml scan-xccdf-results.xml
  • review. O contido para a reparación non se executa durante esta operación. En troques se xera un script para a súa posterior execución.
    oscap xccdf generate fix –template urn:xccdf:fix:script:sh –profile xccdf_org.ssgproject.content_profile_rht-ccp –output my-remediation-script.sh /usr/share/xml/scap/ssg/content/ssg-rhel7-ds.xml
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal