O sábado 22 de xaneiro, terá lugar de 10.00 a 13.00 horas o obradoiro “Sensores CO2 maker para combatir a pandemia COVID-19” no local da Industriosa en Vigo.
Neste obradoiro abordarase o deseño e creación de aparellos de fabricación propia para medir a concentración de CO2 e medir o nivel de ventilación dun espazo.
Traballaranse diversos aspectos, dende unha pequena parte teórica e técnica, ate o uso práctico dos propios sensores empregando Arduino/ESP-8266. Falarase tamén do sentido e valor da autofabricación fronte a produtos comerciais.
Requisitos: computador propio. Aínda que non son imprescindibles, outras habilidades e coñecementos que poden ser valiosos coma programación (visual por bloques tipo Scratch, ou textual tipo Arduino/Python/C/C++), deseño 3D, recollida de datos remotos (http, mqtt, …), deseño/creación artística, legal …