Dispoñible a videoconsola de Valve, Steam Deck, con KDE Plasma con Wayland como escritorio por defecto e sistema operativo GNU/Linux.
Coa Steam Deck, un gran número de videoxogos poderán funcionar en GNU/Linux. O número de xogos compatibles con GNU/Linux, de forma nativa ou utilizando Proton, foi en aumento exponencial o último ano.
Características da Steam Deck
– Escritorio Plasma de KDE
– APU AMD e unha GPU de 8 RDNA 2 CUs, 1-1.6 Ghz
– Disco duro: 65 GB, 256 GB ou 512 GB, segundo modelo
– 16 Gb de Memoria RAM
– Pantalla táctil LCD de 7 polgadas cunha resolución 1280×800
– Batería entre dúas e oito horas de duración
– Sistema operativo: Steam OS (versión de Arch Linux modificada)
– Wi-fi, Bluetooth 5.0, USB-C
– Dock opcional para conectalo a unha pantalla