Talleres de Iniciación a KiCAD no museo Domus A Coruña

jueves, 4 mayo 2023
Talleres de Iniciación a KiCAD no museo Domus A Coruña

5 e 12 de maio, en horario de 18.00 a 20.30, terán lugar os “Talleres de Iniciación a KiCAD”, organizados por Bricolabs no museo Domus A Coruña. Talleres gratuítos.

Na primeira sesión teremos unha aproximación a KiCAD, a suite de ferramentas de deseño de PCB. Coñeceremos as ferramentas Schematic Editor, para editar os esquemas do circuito, e a ferramenta PCB Editor para a creación de placas de circuito impreso.

imaxe da sesión 01

Na segunda sesión veremos como contribuir ás librerías de KiCAD, KLC (KiCAD Library Conventions), xeradores de pegadas e 3D.

imaxe da sesión 02

Requisitos para os talleres

– É recomendable traer o teu propio ordenador con KiCAD instalado. Non é imprescindible, poderás seguir o curso como oínte.
– O taller está dirixido a partir de 16 anos. Se hai algún menor de 16 anos interesado pode acudir acompañado dun adulto.
– Dispoñemos de 20 prazas para este taller. Adxudicaranse por orde de inscrición.

Pódese facer a inscrición a través deste formulario online.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal