Wolvic, navegador de software libre para xogos, vídeos e contornas de realidade extendida

martes, 8 marzo 2022
Wolvic, navegador de software libre para xogos, vídeos e contornas de realidade extendida

Igalia anunciou Wolvic, un novo proxecto de navegador cun enfoque inicial de recoller o traballo onde Firefox Reality o deixou.

Wolvic

Wolvic é un navegador de software libre que abre unha xanela á web e a todo o que esta ofrece, incluíndo xogos, vídeos e contornas específicos de XR (realidade extendida). Os sistemas XR é un termo que engloba a Realidade Virtual, a Realidade Aumentada e outras tecnoloxías similares.

Con Wolvic, non é preciso saír da contorna inmersivo para acceder a toda a información. Con Wolvic tamén é posíbel atopar e acceder a experiencias inmersivas na web. Wolvic foi desenvolvido pensando en XR. O xeito no que se interactúa co contido en XR é moi diferente á interacción cun móbil ou cunha computadora. Non se está limitado a 2D, xa que todo pode ser disposto en 3D.

Dispositivos soportados: sistemas XR independentes baseados en AOSP, así como os sistemas conectados con HarmonyOS, entre os que se atopan Huawei VR Glass, HTC Vive Focus, Oculus, Pico Interactive e Lynx.

Poderase obter Wolvic na tenda de aplicacións de Oculus e na AppGallery de Huawei.

Máis información

Balance del Plan de Acción 2022

1 Diciembre 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Diciembre 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuales

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal