Mancomún

Novell fai públicos os documentos do seu acordo con Microsoft

O acordo que Novell asinou con Microsoft xa foi publicado. Novell, responsábel da distribución SuSE Linux, prometera facelo público e acaba de cumprir a súa promesa, o que permitirá tamén saber se Novell está afectado pola polémica acusación de Microsoft de que GNU/Linux viola un número elevado de patentes. Porén, unha primeira lectura dos documentos revela que Novell non conseguiu os dereitos completos con respecto ás patentes de software de Microsoft; por exemplo OpenOffice e WINE están excluídas do acordo (noméanse especificamente segundo apunta infoworld).

O acordo de patentes entre ambas as compañías semella deixar claro que Novell non acepta ningunha das reivindicacións de patentes por parte de Microsoft xa que a sección 3.4 especifica «Nada neste acordo debe implicar ou constituír unha admisión por algunha das partes de que infrinxe as patentes da outra».

Novel publicou este venres os tres acordos asinados por Microsoft; baixo os termos destes acordos, Microsoft gastará centos de millóns de dólares en gastos de licenzas, vendas e mercadotecnia, en que se inclúen 240 millóns de dólares en certificados de subscrición a SuSE Linux Enterprise Server. Pola súa parte, Novell aceptou pagarlle a Microsoft unha porcentaxe dos beneficios dos produtos de código aberto que comercializa.

Algúns expertos están a estudar o acordo para procurar posíbeis violacións á nova licenza GPLv3.

Os executivos de Novell rexeitaron ser entrevistados de novo sobre o tema alegando que xa comentaran todo o necesario en novembro.

Fonte:Infoworld.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal