OpenOffice incorporará o "business intelligence"

A partir da versión 2.3, o OpenOffice incorporará o software de business
intelligence de Pentaho.

O concepto de «business intelligence» refírese ás aplicacións e
tecnoloxías usadas para recoller, ofrecer acceso e analizar datos e
información sobre o funcionamento das empresas.

Sun Microsystems, propietaria de OpenOffice.org, traballou xunto á
compañía desenvolvedora Pentaho na creación do programa. A aplicación
permitiralles aos usuarios crear informes con contidos en OLAP e XML da base
de datos de OpenOffice.org e doutras bases afíns, foren ou non de
código aberto.

Inicialmente, o proxecto coñecíase como «JFreeReport», mais en 2005 o
concepto foi comprado por Pentaho. Desde entón, Pentaho incorporou o
deseño de “arrastrar e soltar", soporte para MDX (linguaxe usada en
diversas bases de datos e outras funcións como ferramentas baseadas en AJAX.

Cada vez máis, o software libre vai medrando canto a funcionalidade
ofrecida para as empresas, coa incorporación de ferramentas de IA a
produtos tan coñecidos como o OpenOffice; á súa vez, as empresas van
coñecendo máis
os produtos libres e a cota de mercado vai, pouco a pouco, medrando.

Ligazóns de interese:
http://www.diarioti.com/gate/n.php?id=13956
http://en.wikipedia.org/wiki/Business_intelligence
http://www.pentaho.com/products/

Balance del Plan de Acción 2022

1 Diciembre 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Diciembre 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuales

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal