O "Ayuntamiento de San Roque" busca empresas para o desenvolvemento de Software Libre

O «Ayuntamiento de San Roque», no campo de Gibraltar, leva xa algún tempo potenciando o software libre de xeito institucional. Agora precisan empresas que traballen en Software Libre para o desenvolvemento de aplicacións de xestión con licenza GPL.

O artigo con todas as características e requisitos pódese atopar na páxina do concello. Sen dúbida este tipo de iniciativas potencian o desenvolvemento do Software Libre e son exemplos a ter en conta á hora de falar de políticas e iniciativas potenciadas dende os organismos públicos.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal