O “Centro de Arte y Creación Industrial” da Universidad Laboral de Gijón ofrece, ao longo desta semana, o obradoiro «Herramientas libres para creadores», baseadas no emprego de Software Libre ou de código aberto.
O curso, que se centrará na creación de programas informáticos para o tratamento de vídeo en tempo real, pretende eliminar as barreiras entre materia artística e as novas tecnoloxías.
O obradoiro está dirixido por Luis Gómez, codificador e responsable de Software Libre da compañía catalá «Hangar», un centro de produción audiovisual en que a xente pode solicitar a produción do proxecto que se presente…
Case noventa persoas solicitaron a participación no curso, mais só vinte e cinco son os artistas dixitais que se beneficiarán das sesións de traballo concibidas por Hangar».
Fonte: LNE de Asturias