Co título de «Linux: a alternativa», o concello de Rianxo impartirá un curso de introdución ao sistema operativo GNU/Linux orientado ao público en xeral pero cunhas horas de formación específica para o persoal do concello.
O curso celebrarase os días 2, 3 e 4 de abril, e está destinado a persoas de todas as idades e que están iniciadas no mundo da informática.
O curso está organizado por grupos, un grupo de 10:00 a 11:30 e outro de 12:00 a 13:30 e cada grupo poderá estar formado por 10 persoas que usarán os recursos do concello, máis todas aquelas persoas que queiran asistir como oíntes ou co seu portátil.
Tamén haberá dúas horas adicionais dos cursos orientadas exclusivamente á formación do persoal do concello.
Os contidos do curso inclúen:
- Introdución ao sistema operativo GNU/Linux.
- Descarga, instalación e configuración.
- Aplicacións: deseño gráfico, ofimática e multimedia.
- Contornas de escritorio 3D.
- Comunicacións: rede e Internet, correo electrónico, chat, mensaxería…
- Xogos en rede.
Máis información na páxina web do Concello de Rianxo:
http://www.rianxo.com
