Xandros é a herdeira da distribución creada por Corel e vendida en 2001. Para a próxima revisión da súa versión Server, a 2.0, Xandros anuncia como gran novidade e funcionalidade estrela o servizo de colaboración en liña proporcionado por O3Spaces e que permite aos usuarios de OpenOffice e Office colaborar como se traballasen cunha sola suite de traballo en grupo (groupware). Preséntase como a alternativa e competencia do Sharepoint Services de Microsoft.
O3Spaces é unha compañía holandesa que produce un software comercial que permite o traballo colaborativo dende as suites ofimáticas OpenOffice e StarOffice empregando como principal ferramenta para elo un navegador web. Está dispoñible para GNU/Linux, Windows e Solaris.
A vantaxe desta suite de colaboración é que, ademais de intercambiar documentos de OpenOffice e traballar conxuntamente entre varios usuarios sobre eles, tamén é posible engadir usuarios de MS Office, cos que podemos crear grupos de traballo mixtos entre usuarios de Windows e GNU/Linux.