Segundo publica La Flecha, o ministerio de educación francés vén de migrar a Linux 2.500 dos seus servidores coa fin de gañar independencia respecto ao provedor e ás solucións propietarias. Evita así os custes crecentes das licenzas propietarias e os ciclso de actualización impostos asegurando a interoperabilidade.
Os subministradores de aplicacións, desenvolvedores internos e partners externos desenvolven agora sobre estándares abertos para asegurar a compatibilidade con Linux e especificamente con Red Hat Enterprise Linux. Isto inclúe aplicacións financeiras ou ferramentas para exames de xestión, estudantes ou as actividades administrativas diarias.
