OpenOffice incorporará business intelligence

A partir da próxima versión 2.3, OpenOffice incorporará o software de business intelligence de Pentaho.

O concepto de “Business Intelligence» refírese ás aplicacións e tecnoloxías usadas para recompilar, dar acceso e analizar datos e información sobre o funcionamento das empresas.

Sun Microsystems, propietaria de OpenOffice.org, traballou xunto á compañía desenvolvedora Pentaho na creación do programa.

A aplicación permitirá aos usuarios crear informes con contidos en OLAP e XML da base de datos de OpenOffice.org e doutras bases similares, tanto de código aberto como pechadas.

Inicialmente, o proxecto en cuestión era coñecido como «JFreeReport «, pero en 2005 o concepto foi comprado por Pentaho. Desde entón, Pentaho incorporou o deseño de “arrastrar e deixar caer», soporte para MDX (linguaxe usada en diversas bases de datos, e outras funcións como ferramentas baseadas en AJAX.

Fonte: Diarioti.

Balance del Plan de Acción 2022

1 Diciembre 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Diciembre 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuales

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal