Os analistas son partidarios das tecnoloxías coas catro liberdades dosoftware

As catro liberdades do software son (1) a liberdade de usar o

programa con calquera propósito, (2) a liberdade de estudalo, saber como

funciona e adaptalo ás túas necesidades, (3) a liberdade de distribuír

copias del e (4) a liberdade de mellorar o programa e facer públicas a

melloras aos demais (evidentemente cómpre o acceso ao código fonte do

programa).

Neste caso, Gartner declarou que os usuarios deben ter o dereito de

modificar e de distribuír o código fonte así como os seus traballos

sen ningún impedimento.

Nunha nota recente de investigación, os analistas de Gartner Brian

Prentice e Mark Driver declararon que algúns membros da comunidade de

código aberto estaban preocupados polo papel que os subministradores

desempeñan na subministración e no soporte deste tipo de software.

Tamén xulga que os subministradores queren redefinir cada vez

máis o significado de código aberto para o facer compatíbel, por

exemplo, co licenciamento de atribucións, o cal estabelecería que o

usuario só podería modificar e redistribuír o software se os

subministradores lle dan un certo «permiso», algo que está nunha

contradición clara co espírito do open source ao este último

permitir as catro liberdades.

Según Gartner, o actual debate entre os subministradores de código

aberto intenta reconciliar unha incompatibilidade inherente ao concepto

mesmo. A incompatibilidade non está en intentar comercializar software

libre, senón no seu modelo de negocio en contraposición coa

industria actual que está deseñada para conseguir o dominio dun único

subministrador de produtos ou de estándares de tecnoloxía.

Tamén avisa os usuarios de open source de que a incerteza que xeraron

as reclamacións dos subministradores pode facer «máis difícil» as

decisións sobre a súa subministración e arquitectura. Para non ter

este problema, Gartner suxire que os usuarios esixan unha definición

estrita do código aberto que recolla o relativo á modificación e

á redistribución de código.

Fonte:

http://www.idg.es/comunicaciones/noticia.asp?id=94158912&seccion=tecnologias

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal