A Universidad de Zaragoza presenta oficialmente hoxe a súa recen creada Oficina do Software Libre.
A creación desta oficina responde á declaración institucional sobre o fomento e o desenvolvemento do Software Libre e de fontes abertas na comunidade universitaria, aprobada no Consello de Goberno da Universidade de Zaragoza o pasado Xuño. Nesa declaración afirmábase que o Software Libre «respondía a valores propios da institución, como son a investigación, a innovación e o traballo colaborativo».
Esta oficina pretende cubrir a necesidade de coordinar os esforzos que a Universidade viña realizando en materia de Software Libre e estándares abertos nestes últimos anos. As principais apostas neste eido foron as distribucións GLUZ , a posta en marcha de Moodle, a creación de Unizar.es, o desenvolvemento de software para as probas de acceso, o correo electrónico institucional e «Hermes «.
Fonte: Universidade de Zaragoza
