Presentan a Oficina do Software Libre na Universidade de Zaragoza

A Universidad de Zaragoza presenta oficialmente hoxe a súa recen creada Oficina do Software Libre.

A creación desta oficina responde á declaración institucional sobre o fomento e o desenvolvemento do Software Libre e de fontes abertas na comunidade universitaria, aprobada no Consello de Goberno da Universidade de Zaragoza o pasado Xuño. Nesa declaración afirmábase que o Software Libre “respondía a valores propios da institución, como son a investigación, a innovación e o traballo colaborativo”.

Esta oficina pretende cubrir a necesidade de coordinar os esforzos que a Universidade viña realizando en materia de Software Libre e estándares abertos nestes últimos anos. As principais apostas neste eido foron as distribucións GLUZ , a posta en marcha de Moodle, a creación de Unizar.es, o desenvolvemento de software para as probas de acceso, o correo electrónico institucional e “Hermes “.

Pretenden ser, ademais, punto de referencia, información e fomento do uso do Software Libre na comunidade universitaria. Consideran que isto axudará a garantir o libre acceso da comunidade á información necesaria, no marco do Espazo Europeo de Educación Superior, onde se demanda, cada día máis, a dispoñibilidade de ferramentas e servizos que faciliten a colaboración e o acceso á información nun contorno dixital.

Fonte: Universidade de Zaragoza

Balance do Plan de Acción 2022

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Decembro 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuais

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal