Samba terá acceso aos protocolos de Microsoft

Onte a Protocol Freedom Information Foundation (PFIF), organización sen ánimo de lucro creada polo Software Freedom Law Center , firmou un acordo con Microsoft para recibir a documentación necesaria para poder interactuar completamente cos produtos de servidores de traballo en grupo de Microsoft e poñelos dispoñibles a proxectos de Software Libre como Samba

Para acceder a esta información a PFIF pagará 10.000€ unha única vez, e proporcionaralle a información ao equipo de Samba. Tanto a PFIF como o equipo de Samba deberán gardar a confidencialidade da información en si, no entanto o acordo permite a publicación do código fonte das implementacións destes protocolos sen ningún tipo de restrición. Pola súa parte Microsoft deberá manter actualizada cos novos produtos e proporcionar asistencia para a corrección de erros ás partes asinantes do acordo.

O 24 de marzo de 2004, a Comisión Europea velando polo cumprimento da lei antimonopolio ditou unha sentencia requirindo a Microsoft que fixera dispoñible a información sobre os protocolos empregados por Windows aos seus competidores. Esta decisión foi apelada por Microsoft, pero perdeu dita apelación o 17 de setembro de 2007. Isto marcou o inicio das negociacións deste acordo.

Andrew Tridgell, creador de Samba, dixo, «Estamos moi contentos por ter conseguido o acceso á información técnica necesaria para continuar a desenvolver Samba como Software Libre.” “O acordo permitiranos manter Samba actualizado cos cambios recentes de Microsoft Windows, e tamén axudará a outros proxectos libres que necesiten interactuar con Windows”

Jeremy Allison, co-creador de Samba dixo, «Agardamos recuperar a relación produtiva que tiñamos con Microsoft a principios dos 90 cando compartiamos información sobre estes protocolos”

Volker Lendecke, líder europeo do equipo de Samba dixo, «Estou moi feliz de ver que a Comisión Europea considera o Software Libre como un competidor válido na industria das Tecnoloxías da Información e que as condicións da Licenza sobre a información do protocolo ofrecida aos proxectos libres é compatible coa GPL.”

Fonte: Nova na web de Samba

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal