Software Libre na industria europea: A folla de ruta para o futuro

Software Libre na industria europea: A folla de ruta para o futuro
Logo CALIBRE O pasado 5 de maio celebrouse en Madrid, no marco do proxecto CALIBRE (Coordination Action for LIBRE Software), unhas xornadas internacionais co título: Open Source Software in European Industry: A Strategic Roadmap for the Future. 

Os diferentes relatorios están accesibles na seguinte dirección: http://www.calibre.ie/events/madrid/speakers.php  

David Cierco, Director Xeral para o Desenvolvemento da Sociedade da Información do
Ministerio de Insustria, anunciou na apertura das xornadas, que se presentaron en España 38 proxectos á convocatoria PROFIT do pasado mes de marzo, solicitando unha cantidade total de 10 millóns de euros.

O Director Xeral destacou a importancia que ten o software libre para reducir os custes de instalación, así como para axudar á independencia de tecnoloxías extranxeiras. Ademais, apuntou que o Ministerio de Industria «confirmou en varias ocasións o seu apoio, non só para o software libre, senón tamén para proxectos de I+D, a través de importantes incrementos nas axudas». O Plan Nacional para a Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (2004-2007) inclúe unha partida específica para proxectos de Software Libre, que representa o 5% do presuposto total.
 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal