The Phone House empregará MySQL enterprise nos seus sistemas de comercio electrónico

The Phone House empregará MySQL enterprise nos seus sistemas de comercio electrónico

MysqlA tenda en liña, o sistema de manexo de contidos e de administración, agora funcionan con este xestor de código aberto de base de datos.

MySQL AB anunciou o 17 de xuño de 2007 que The Phone House Telecom, un provedor alemán de comunicación e servizos, realizou unha consolidación da súa infraestrutura de comercio electrónico, substituíndo os sistemas Oracle e Informix por MySQL.

Thomas Hutters, director do Centro de Proceso de Datos de The Phone House, está satisfeito coas novas aplicacións unificadas. Debido á velocidade e posibilidade de escalar MySQL en arquitecturas de baixo coste, MySQL axudará a The Phone House a ser máis flexible en futuras ampliacións do sistema en concordancia co número de usuarios da tenda en liña…

“A alta escalabilidade e atractivo ratio de custo de MySQL foron decisivos para asegurar que as nosas aplicacións poden aguantar o ritmo do crecente volume de datos” declarou Hutters.

Antes da consolidación, para a compañía era difícil manter os seus sistemas heteroxéneos. A tenda The Phone House, o xestor de contidos e o sistema de pagos en liña estaban distribuídos en diferentes sistemas executando os SXBD Informix e Oracle. A compañía decidiu construír un novo e completo sistema homoxéneo.

A decisión de empregar MySQL Enterprise foi sinxela para o departamento e persoal técnico porque xa estiveran a empregar MySQL nos últimos sete anos para unha serie de aplicacións personalizables que nunca fallaran.

Por motivos de seguridade e distribución de carga, The Phone House emprega un sistema replicado cunha Base de Datos mestra e dous servidores replicados. A distribución de peticións conséguese a través de autorregulación no software. Existen 547 táboas na base de datos cun volume de 65 gigabytes. De media, cada servidor manexa 1000 consultas por segundo.

Ligazón á nota de prensa:
http://www.mysql.com/news-and-events/press-release/release_2007_16.html

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal