VMware abre o código fonte das súas ferramentas para máquinas virtuais

Os principais produtores de distribucións [[Linux]] do mercado xa manifestaron o seu apoio a VMware e a integración das devanditas ferramentas nos seus produtos.

No marco da VMworld 2007 que se celebra en San Francisco, a compañía especializada en solucións de virtualización anunciou a apertura do código fonte das súas VMware Tools, unha serie de ferramentas que se instalan no sistema virtualizado para mellorar o seu rendemento e funcionalidade. A liberación deste código fonte faise baixo o nome de Open Virtual Machine Tools, e acóllese á popular [[GPL]] na súa versión 2.

Con esta iniciativa, VMware espera poder integrar o seu sistema de virtualización nas distribucións GNU/Linux dun maior número de fabricantes, así como empezar o «asalto» a un maior número de sistemas operativos para mellorar a súa funcionalidade unha vez virtualizados, aínda que o número e a variedade de sistemas que soporta oficialmente o software da compañía é moi alto.

Un dos motivos que se barallan é a presión que sobre VMware está exercendo Xen, un dos seus principais rivais e que desde hai pouco foi integrado no núcleo do sistema operativo do pingüín de forma nativa. Desta forma, moitos usuarios de sistemas de virtualización cuxa prioridade sexa Linux, poden decantarse por [[Xen]] ao ser unha ferramenta integrada e que xa vén instalada por defecto co sistema, unha actitude que VMware debe e quere evitar.

Na mesma nota de prensa na que VMware anunciou esta iniciativa, tamén afirmou que está colaborando con importantes fabricantes de solucións Linux como son [[Red Hat]], [[Novell]] ou [[Ubuntu]] para integrar as Open Virtual Machine Tools no proceso de instalación das súas respectivas distribucións.

Polo momento, o material liberado consiste en módulos do kernel de Linux e programas para o espazo de usuario (user-space) para todos os sistemas operativos de tipo Unix soportados por VMware como sistemas guest (é dicir, virtualizados).

 
Fonte: Noticiasdot.com  
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal