Xa se pode traducir a futura Ubuntu 7.10 (Gutsy Gibbon)

Xa se pode traducir a futura Ubuntu 7.10 (Gutsy Gibbon)
http://www.mancomun.org/images/stories/ubuntu.png Felipe Gil, coordinador oficial da tradución de Ubuntu ao galego, comenta na lista de «Ferramentas e estratexias de tradución ao galego» en mancomun, que xa se pode comezar a tradución da próxima versión de Ubuntu, que se chamará «Ubuntu 7.10 (Gutsy Gibbon).»
 
A páxina para traducir esta versión está na seguinte ligazón:
https://translations.launchpad.net/ubuntu/gutsy/+lang/gl
 
No anuncio de Felipe Gil tamén se comenta que vai existir de novo o «Daily language pack», que é un repositorio de onde se podan descargar os paquetes de idioma actualizados ao día (coas traducións que estean na interface web). Deste xeito os tradutores poden ver como queda o seu traballo na aplicación final.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Diciembre 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Diciembre 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidad

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal