Do 20 ao 21 de setembro terán lugar as “Xornadas USC 2007” organizadas polo GLUG e AUSLUC no que participan tamén membros doutros grupos galegos coma GULO, AGNIX e tamén o director do proxecto TRISQUEL.
Estas terán lugar no Departamento de Electrónica e Computación da Universidade de Santiago de Compostela.
Serán de moito interese para todos aqueles usuarios de GNU/Linux que procuran novos coñecementos, xa que gran parte dos relatorios terán a forma de talleres prácticos.
O programa das “Xornadas USC 2007” é o seguinte:
- Día 1 – Xoves (20 de setembro de 2007)
-
10:30 – Tecnoloxías para un entorno vivo. Trisquel Live CD: Descrición do conxunto de técnicas precisas para construír un sistema «Live» para un cd, instalación por rede, clústeres instantáneos ou clientes lixeiros. Exemplo práctico e demostración con Trisquel GNU/Linux.
-
16:00 – Proxecto Belenus, apuntes para a construción dun servidor solar autónomo despropósito: Presentación do Proxecto Belenus de construción e arquitectura dun servidor solar autónomo multifuncional…
-
18:00 – Servizo de Mensaxería propio: Ejabberd: Instalación e configuración dun servizo de mensaxería interna que permita enviar mensaxes off-record empregando o servizo jabber.
- Día 2 – Venres (21 de setembro de 2007)
- 10:30 – Instalación FreeBSD + servizos XAMP:
- Instalación de FreeBSD
- Configuración básica dun sistema BSD
- Manexo e administración de FreeBSD
- Instalación dos “servizos típicos” (*AMP)
- 12:30 – Alternativas para a virtualización de redes de área local con Qemu
- 16:30 – Introdución ás redes seguras con VPN’s e IPSEC
- Descrición, instalación e configuración de redes seguras con VPN’s e IPSEC
Todos aqueles que esteades interesados en asistir as xornadas podedes inscribirvos premendo na seguinte ligazón.
Fonte: http://www.glug.es/Xornadas/
