Xornadas USC 2007: 20 e 21 de setembro

Xornadas USC 2007: 20 e 21 de setembro

http://www.mancomun.org/images/stories/xornadas_usc_2007.pngDo 20 ao 21 de setembro terán lugar as “Xornadas USC 2007” organizadas polo GLUG e AUSLUC no que participan tamén membros doutros grupos galegos coma GULO, AGNIX e tamén o director do proxecto TRISQUEL.

Estas terán lugar no Departamento de Electrónica e Computación da Universidade de Santiago de Compostela.

Serán de moito interese para todos aqueles usuarios de GNU/Linux que procuran novos coñecementos, xa que gran parte dos relatorios terán a forma de talleres prácticos.

O programa das “Xornadas USC 2007” é o seguinte:

  • Día 1 – Xoves (20 de setembro de 2007)
    • 10:30 – Tecnoloxías para un entorno vivo. Trisquel Live CD: Descrición do conxunto de técnicas precisas para construír un sistema «Live» para un cd, instalación por rede, clústeres instantáneos ou clientes lixeiros. Exemplo práctico e demostración con Trisquel GNU/Linux.
    • 16:00 – Proxecto Belenus, apuntes para a construción dun servidor solar autónomo despropósito: Presentación do Proxecto Belenus de construción e arquitectura dun servidor solar autónomo multifuncional
    • 18:00 – Servizo de Mensaxería propio: Ejabberd: Instalación e configuración dun servizo de mensaxería interna que permita enviar mensaxes off-record empregando o servizo jabber.

  • Día 2 – Venres (21 de setembro de 2007)
    • 10:30 – Instalación FreeBSD + servizos XAMP:
      • Instalación de FreeBSD
      • Configuración básica dun sistema BSD
      • Manexo e administración de FreeBSD
      • Instalación dos “servizos típicos” (*AMP)
    • 12:30 – Alternativas para a virtualización de redes de área local con Qemu
    • 16:30 – Introdución ás redes seguras con VPN’s e IPSEC
      • Descrición, instalación e configuración de redes seguras con VPN’s e IPSEC

Todos aqueles que esteades interesados en asistir as xornadas podedes inscribirvos premendo na seguinte ligazón.

Fonte: http://www.glug.es/Xornadas/

Balance del Plan de Acción 2022

1 Diciembre 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Diciembre 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuales

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal