Mes: noviembre 2006
Está dispoñible a nova distribución de GNU/Linux da Universidad de Zaragoza chamada Gluz GNU/Linux.
Esta nova versión de Gluz está orientada a catro ámbitos: Administración, Ciencias, Humanidades e Enxeñerías, así deste xeito calquera alumno da Universidade pode utilizar esta distribución coma ferramenta de traballo.
Esta distribución vén en formato live-CD para ser utilizada sen ter que instalar nada no ordenador aínda que tamén póde ser instalada.
Os requisitos hardware da Gluz v2 son: Pentium II, 256 MB de memoria RAM e 2GB no caso de facer instalación no disco duro.
Máis información:
- Páxina de descargas.
- Páxina da documentación.
Esta semana fíxose público que Sun Microsystems libera, baixo a licenza GPL v2, o código fonte da súa máquina virtual. Cada vez son máis as empresas que apostan polo modelo de negocio baseado en Software Libre.
Segundo un estudio da consultora Forrester de setembro feito en 600 grandes empresas estadounidenses e 300 europeas un 39% das empresas consultadas do vello continente utilizan un ou varios sistemas operativos libres e un 35% en Estados Unidos. Un 8% en EUA e un 5% en Europa plantéxanse facelo en breves e só un tercio declárase en contra.
Outra das empresas que segue a traballar a prol do Software Libre é Red Hat que obtén moito beneficio co mantemento dos seus sistemas operativos. O grupo Oracle, pola súa banda, acaba de anunciar o lanzamento da súa distribución GNU/Linux baseada en Red Hat
As ligazóns seguintes mostran por unha parte o mapa conceptual do Software Libre e por outra banda a evolución das distribucións de GNU/Linux
Onte o coordinador do proxecto Mancomun.org, Iniciativa Galega polo Software Libre ofreceu unha charla introdutoria sobre Software Libre orientada a empresarios da comarca de Compostela. A Rede de Cooperación Local dependente da Concellería de Promoción Económica do Concello de Santiago organizou este acto que tivo lugar na sede da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre .
O Concello de Santiago repartirá ademais 500 cd con OpenOffice.org 2.0.4 en galego e cun corrector lingüístico incluído entre as empresas de Compostela e a súa área de influenza. Ademais do OpenOffice.org tamén se obsequiou ás empresas co libre de Jordi Màs Software Libre: tecnicamente viábel, economicamente sostíbel e socialmente xusto.
A Rede de Cooperación Local é unha iniciativa orientada a fortalecer os vínculos entre o contorno produtivo e os xeradores do coñecemento tecnolóxico, de cara a identificar e impulsar iniciativas conxuntas que potencien o desenvolvemento do sector produtivo da comarca e da cidade en base ó potencial tecnolóxico existente.

Ata esta ampliación estaban dentro do acordo AGNIX, AULUSC, GALPon, GLUG, GPUL e GULO. O convenio procura a realización de actuacións para o fomento, desenvolvemento e implantación do Software Libre en Galicia. Na imaxe os representantes de Inestable e Compostela Wireless durante a sinatura do convenio.
O novo plan prevé un investimento público de 800 millóns. A directora xeral asegurou que a falta de interese nos contidos que ofrece a Rede é «un grave problema» que lastra a popularización de Internet en Galicia. Por iso, a Consellería de Industria vai potenciar a xeración de información en galego e próxima aos cidadáns.
Ademais dos contidos, a Xunta aposta pola creación dun parque empresarial para empresas que traballen coas TIC. Veiguela tamén adiantou a redacción dun plan director das telecomunicacións, que se complementaría cun mapa das infraestruturas de telecomunicacións. Ademais, a mandataria sinalou o «posible» lanzamento dun novo Instituto Cartográfico de Galicia.
Xa está accesible, para libre copia e libre distribución o libro Prohibido Pensar, Propiedade Privada da Fundación Vía Libre.
Este libro mostra as discusións máis relevantes referidas á apropiación monopólica da vida e o coñecemento a través de reximes de patentes e copyrights. Foi editado pola Escuela Marina Vilte, o Programa Argentina Sustentable e a Fundación Heinrich Boell.
Os autores que interveñen neste trabajo son James Boyle, Silvia Rodriguez, Richard M. Stallman, Federico Heinz, Beatriz Busaniche, Bill Joy e as organizacións Grain e FSFLA.
Máis información sobre o libro en educalibre.cl
O concurso Universitario de Software Libre organizado pola Universidade de Sevilla conta xa con casi 100 proxectos de 130 participantes espallados por toda a xeografía española.
O obxetivo principal é estimular aos estudiantes universitarios a que participen na creación proxectos de Software Libre, xa que eles son os futuros profesionais da Sociedade da Información
Os premios ascenden a 5.600 euros repartidos entre catro categorías e a entrega destes vaise celebrarar na Escuela Técnica Superior de Ingeniería Informática da Universidad de Sevilla.
Fonte e máis información: concurso-softwarelibre
Despois dunha rolda de nominacións e 8 semanas de votación, a tenda de libros on-line Packt acaba de publicar o gañador do premio ao mellor xestor de contidos en Software Libre do 2006. O premio recaeu en [[Joomla!]], seguido de [[Drupal]] en segundo posto e [[Plone]] en terceiro lugar…
O concurso estaba formado por unha primeira fase de nominación, na cal, calquera visitante da web www.PacktPub.com podía nominar o xestor de contidos que quixera para gañar o premio. De entre todos, os cinco máis votados pasaron á final. Os finalistas (en orden alfabético) foron:
- Drupal
- e107
- Joomla!
- Plone
- Xoops
O traballo dos voluntarios que se rexistraron na ferramenta de tradución colaborativa Entrans conseguiu que tan só queden por traducir un 23% das cadeas da nova versión do navegador web Firefox 2.0. Precisamos da vosa axuda para ter o antes posible esta valiosa ferramenta no noso idioma o antes posible. É o segundo proxecto de localización de software que se pon no Entrans tralo éxito da tradución OpenOffice.org 2.0.4. A interface deste conxunto de aplicacións ofimáticas foi traducida en tan só dous días aínda que quedan pendentes cadeas da axuda.
Despois de 2 anos en desenvolvemento, o proxecto Firebird anunciou hoxe oficialmente a tan esperada versión 2.0 do seu software open source de bases de datos relacional durante a sesión de apertura da 4ª Conferencia Internacional do Firebird en Praga, na República Checa…
Fonte: http://www.osnews.com/story.php/16476/Firebird-2.0-Goes-Gold
Sun, nun movemento histórico ven de publicar o código fonte da súa implementación de Java Platform Standard Edition (Java SE), Java Platform Micro Edition (Java ME), e Java Platform Enterprise Edition (Java EE) baixo a licenza GNU General Public License version 2 (GPLv2), a mesma baixo a que o propio GNU/Linux está dispoñible para todos.
Xa se empeza a discutir sobre o que esto implicará nas aplicacións Java que se incluirán de serie nas diferentes distribucións, ou sobre o futuro de gcj, o compilador de código fonte Java.
Fonte:DiarioLinux
Entre as novidades do MAGASI CD hai que salientar:
– O acceso en liña permite acceder a todo o mundo ao contido do MAGASI sen ter que descargar e queimar a imaxe ISO.
– Permite actualizar o contido do MAGASI dun xeito máis rápido e sinxelo: na versión en liña vaise comezar un proceso de actualizacións para ter sempre as últimas versións dos programas e incluír novos programas; en cambio, a imaxe ISO actualizarase cando existan cambios significativos.
– No MAGASI en liña é posible navegar en galego ou en castelán, para facilitar o seu uso ao alumnado inmigrante ou ás persoas interesadas que non sexan galego falantes.
