Mancomún

 Do 7 ao 9 de febreiro do 2007 celebrarase a terceira Conferencia Internacional do Software Libre en Badajoz baixo o lema «Un reto para a imaxinación».

Esta edición, organizada conxuntamente polos gobernos de Andalucía e Extremadura, aspira a converterse «nunha referencia» tanto a nivel europeo coma no ámbito empresarial.

Unha das novidades nesta edición é que se vai facer entrega do premio «Coñecemento Libre» recoñecendo a laboura de todos aqueles que loitan polo desenvolvemento e pola difusión do Software Libre.

Fonte: terra.es

 

Alg-a, autodefinida coma comunidade subacuática de arte libre, infórmanos de dúas actividades relacionadas co Software Libre: uns obradoiros informáticos sobre GNU/Linux organizados pola Asociación Cultural Caleidoskopyo que comezarán en Vigo o día 25 de novembro e unhas xornadas de Copyleft que terán lugar o día 17 e 18 na Coruña e Vigo respectivamente.

Os Ciberobradoiros servirán de introdución a GNU/Linux e a aspectos coma a súa instalación, configuración inicial, funcionalidades… Os Ciberobradoiros serán impartidos na Cova dos Ratos situado na rúa Romil nº3 en Vigo.

Pola súa banda as charlas Cultura livre e Copyleft  achegarán este tipo de licenzas aos que acudan a estas actividades o día 17 de novembro no Centro Social Atreu da Coruña ás 20 horas e o 18 na Cova dos Ratos ás 19 horas.

O libro de Jordi Màs Software Libre: tecnicamente viábel, economicamente sostíbel  e socialmente xusto  está á vosa disposición na sección de descargas en formato PDF. O libro  supón unha excelente aproximación ao Software Libre e ao seu contexto para os non iniciados ademais dun gran alegato en favor desta opción tecnolóxica.

 
Jordi Màs é coordinador de Softcatalá , asociación que fomenta o uso de software en catalán e do Software Libre, e traballou con importantes empresas coma experto en tecnoloxías abertas. O libro ten un afán divulgativo e repasa todos os aspectos que rodean ao código aberto coma a súa orixe histórica, cuestións xurídicas e políticas, os diferentes tipos de licenzas existentes, proxectos libres que se están a desenvolver, etc…

SIESTTA (Solución Informática Especializada no Seguimento Titorial do Alumnado) foi desenvolvido por Ramón Castro Pérez coma Software Libre publicado baixo licenza GPL. «É unha gran ferramenta para o colectivo dos profesores e para o ámbito educativo en xeral», comenta o seu autor.

Este software libérase coa intención de crear unha comunidade de docentes interesados en mellorar e optimizar este software, sempre dentro do movemento do software libre.

SIESTTA está desenvolvido en PHP e Javascript e fai uso do motor de bases de datos MySQL.

Máis información na web do proxecto SIESTTA  

O ano 2006 foi o ano máis frutífero en canto a actividades relacionadas co Software Libre en Galicia. O número de actividades rexistradas andou ao redor do medio cento polo que practicamente se dobrou o número de eventos dos dous anos anteriores. Os grupos de usuarios de Linux foron os principais protagonistas deste aumento. A Consellería de Innovación e Industria asinou un convenio de colaboración con seis destes grupos, que en breve se ampliará con outros tres,  o verán pasado e que serviu de acicate para este incremento. Coma novidade salientable, o sector empresarial amosou un grande interese polo Software Libre con diversos eventos orientados á PEME en xeral e ás empresas do sector TIC.

Moitas das actividades dos LUGs contan xa cunha periodicidade establecida e procuran non só a promoción e a difusión do Software Libre entre todo tipo de colectivos (empresariais, educativo, administración, usuarios…) senón que cada vez son máis as xornadas de carácter técnico e de intercambio de coñecementos que se organizan en Galicia. A dinámica destes eventos implica ademais a outros axentes sociais coma PEME ou administracións locais.

Ademais do crecente interese da PEME en xeral e do sector TIC en particular, como reflicte o gran número de empresas que ofrecen Software Libre na nosa comunidade en comparación co resto do estado, a administración local e o ensino levaron a cabo distintas actividades de grande interese. 

Mancomun.org, Iniciativa Galega polo Software Libre, tivo participación directa en máis dunha ducia destas actividades. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Innovación e Industria para a promoción e difusión do Software Libre para desenvolver a industria informática en Galicia, achegar a Sociedade da Información á cidadanía e incentivar o uso de aplicacións informáticas en galego.

Nota de prensa da Consellería de Innovación 

 

O vicerreitorado de Tecnoloxía e Innovación Educativa da Universidade de Alacante organiza as «II Jornadas por el Conocimiento Abierto y el Software Libre (II Jornadas COPLA)» tendo lugar estas durante os días 9 e 10 de novembro no salón de actos da Escola Politécnica Superior da Universidade de Alacante.

Estas xornadas queren reflectir a nova tendencia tecnolóxica, política e social, do movemento do software libre e do coñecemento libre que está afectando e revolucionando ás distintas contornas, dende as universidades ata a administración e as empresas.

Máis información na web da COPLA

http://www.mancomun.org/images/stories/ciberirmandade.png No Entrans da «CiberIrmandade da Fala» acaban de poñer a primeira parte da tradución do [[Joomla]] 1.5 (o frontend) para que a comunidade colabore. Achégase xa ao 40% das cadeas traducidas resultado de recuperar as traducións das versións anteriores. Hai un compromiso de que Dimensiona Consultoría Tecnolóxica e Reverso Servizos Linguísticos, darán soporte a esta tradución, dende o punto de vista técnico e de revisión linguística que garantan a calidade final do produto. Ademais esta tradución será a recoñecida oficialmente por Joomla.org

Unha vez estea rematada a tradución do «frontend» esperan poñerse a traducir a parte da administración e instalación.

Animamos a todo o mundo a participar na tradución do xestor de contidos Joomla dende a web de CiberIrmandade da Fala.

Tamén recordar que a futura tradución do Firefox de mancomun está ao 68,2% e que pronto poñeremos á vosa disposición un ficheiro coa tradución parcial para que a poidades ir probando.

http://www.mancomun.org/images/stories/debian.png Anunciouse  o lanzamento da cuarta revisión da distribución estable Debian GNU/Linux 3.1 («sarge»).

Esta nova versión engade principalmente correccións a problemas de seguridade que apareceron na versión estable así como uns poucos axustes a problemas de seguridade.

A actualización a esta revisión faise xeralmente por medio da ferramenta de paquetes  [[APT]], usando algún dos moitos mirrors FTP ou HTTP dispoñibles...

Para máis detalles pódese ler o anuncio do lanzamento, que contén unha lista completa das actualizacións realizadas.

 SQLyog é unha ferramenta que se comporta coma interface entre o usuario e o servidor de bases de datos MYSQL. É unha das ferramentas máis coñecidas polos desenvolvedores web xa que é de gran utilidade á hora de desenvolver aplicacións en entornos LAMP.

Esta aplicación traballa coas versións de MySQL desde a 3.23 á 5.1.x, funcionando baixo Windows e Wine (para GNU/Linux e outras variantes de  *nix onde este sexa instalable).

A novidade de esta última versión de SQLyog é a súa licenza GPL.

Páxina de SQLyog coas descargas

Adobe Systems contribuirá con código fonte á Fundación Mozilla para que as dúas organizacións poidan establecer unha linguaxe de scripts común para que os desenvolvedores poidan crear aplicacións interactivas para Flash Player, de Adobe, e para o navegador Firefox, de Mozilla. …

Parece ser que Adobe só liberou o motor do script de Flash Player. Moita xente falaba xa dunha liberación total do código do reprodutor, pero nas seguintes ligazóns explican por qué Adobe non abrirá o código completo tan rápido.

Máis información: cristalab.com

Nota de prensa de Adobe

 Oracle fixo pública a súa distribución Oracle Enterprise Linux totalmente orientada ó ámbito empresarial. É un produto derivado de Red Hat Enterprise AS 4 polo que ten o mesmo aspecto que o sistema do «Sombreiro Roxo» pero sen logos.

A empresa di que a súa confianza en GNU/Linux é máxima e ofrece un servizo de soporte para GNU/Linux chamado «Oracle Unbreakable Linux»  (Oracle Linux indestructible) para os clientes con produtos Oracle.

Máis información na páxina de Oracle Enterprise Linux.

Ligazón da descarga (8 CDs – i386 e x64).

A plataforma libre de e-learning Dokeos LMS 1.8 está dispoñible na súa versión beta. Trátase dunha ferramenta  de teleformación desenvolvida por unha empresa belga e que xa está traducida a 34 idiomas. Actualmente emprégana máis de 1.000 organizacións.  Unha empresa  galega,  Contidos  Dixitais , é o único partner que ten en España.

 
A versión 1.8 incorpora videoconferencia web integrada, foros e interface xeral de LMS redeseñados. Está dispoñible na web desde o día 27 así coma o calendario de actualizacións. Proba da súa popularidade e que é empregada pola armada, a policía e o Instituto de Seguridade Aérea de Bélxica así coma por unha das máis importantes academia de formación para traballadores aéreos de Estados Unidos
Acaba de saír a primeira versión beta de Trisquel PeME , unha distribución  pensada  para  pequenas e medianas empresas. É o resultado do proxecto de investigación e desenvolvemento «Trisquel PeME», que está a ser desenvolvido por Imagos Solucións Tecnolóxicas, e foi cofinanciado pola Unión Europea a través da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información.

A distribución está baseada en Trisguel e emprega un contorno Gnome,  software de xestión coma Facturalux e Gesticam, bases de datos PostgreSQL e ferramentas de desenvolvemento coma Anjuta ou Glade.

Mañá en Xogo é un novo medio de comunicación de información deportiva cuxa edición electrónica foi integramente desenvolvida en Software Libre. Pretende dar a coñecer a actualidade dos eventos deportivos antes de que estes se produzan e non despois coma fan os medios convencionais.

 
Este novo medio contará cunha tirada en papel de 3.000 exemplares que se distribuiŕan maioritariamente na provincia de Lugo. Mañá en Xogo fará unha especial cobertura do deporte na Terra Chá e en Lugo Centro sendo un medio aberto á participación e dirixido a profesionais da Educación, especialistas en Educación Física, deportistas amateurs, firmas deportivas, e todos os interesados no deporte en xeral.
acetoneiso
 
AcetoneISO é un programa para a contorna de escritorio [[KDE]] que permite o manexo de imaxes de CD/DVD. A última versión é a 6.5.1 a cal ten unha nova e mellorada interface gráfica que nos permitirá levar a cabo as seguintes tarefas:

  1. Montar e desmontar imaxes ISO e MDF (conforme ao estándar iso-9660)
  2. Converter imaxes BIN/CUE, MDF, NRG, CCD/IMG, CDI, XBOX, B5I/BWI, PDI a ISO
  3. Gravar imaxes ISO, CUE, TOC directamente usando o K3b
  4. Borrar CD/DVD regravables
  5. Verificar ou xerar a suma md5 dunha imaxe
  6. Crear a imaxe ISO de cartafois e CD/DVD
  7. Reproducir unha ISO dun DVD dunha película con Kaffeine, Mplayer, VLC, Kmplayer
  8. Partir imaxes ISO en ficheiros máis pequenos e volvelos a xuntar.
  9. Encriptar e desencriptar unha imaxe ISO.
  10. ….

Esta aplicación necesita ter instalado no sistema os seguintes paquetes: kommander e p7zip

Na web KDE-Apps.org tamén recomendan que antes de instalar o programa deberemos borrar «mdf2iso», «nrg2iso» e «bchunk» si se instalaron dos repositorios.

 

 LinuxEnClase é un proxecto orientado á implantación de GNU/Linux no ámbito educativo. TSSystems é unha empresa tecnolóxica especializada en solucións GNU/Linux y *BSD, encargada da implantación deste proxecto.

Como experiencia piloto, estase a realizar a migración total a GNU/Linux no centro San Juan Bosco  (Salesianos) de Cartagena. A distribución GNU/Linux elexida para esta migración é Edubuntu.

Máis información:

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal