Mancomún
O Concello de Lugo, a través da Concellería de Servizos Xerais, organiza para os vindeiros días 1, 2, e 3 de decembro de 2006, unha party denominada LUDUS Party Net. No programa do evento está anunciado un obradoiro de Instalación e uso básico de Linux e dúas charlas sobre Software Libre.

 
O curso vai dirixido a principiantes e ensina os fundamentos básicos de GNU/Linux desde cero. Será un curso de 6 horas repartido en tres días. O sábado 2 ás 19 horas haberá unha charla que intentará explicar que é o OpenSource e as licenzas GNU e GPL. O domingo 3 ás 12 da mañá terá lugar unha charla sobre Software Libre e empresa. O prazo de inscrición remata o día 29.
Mancomun.org estivo presente no SIMO, o evento máis importante en España sobre tecnoloxías da comunicación, o próximo día 9 de novembro ás 13 horas no stand de Hispalinux. Dentro do ciclo de charlas que se celebrou ese día sobre administración e Software Libre estiveron presentes representantes doutras comunidades coma Extremadura, Madrid e Castilla La Mancha.

Mancomun.org presenta o seu repositorio [[APT]] para a suite ofimática do OpenOffice.org en galego para poder manterte actualizado coa última versión do OpenOffice de mancomun.org

Con este sistema, todos os usuarios que usen unha distribución de GNU/Linux baseada en paquetes DEB e que teñan instalada a nosa versión do OpenOffice.org poderán actualizarse facilmente ás novas versións que saquemos máis adiante…

É moi importante desinstalar a versión do Openoffice.org que traia o sistema operativo e ter instalada a versión de Mancomun.org, xa que senón a actualización mediante este sistema podería romper a estabilidade do sistema.

Para estar actualizado coa última versión do OpenOffice.org de Mancomun.org realizaremos os seguintes pasos segundo as nosas preferencias (precísase ser root do sistema):

  • Se preferimos facelo nun terminal en modo texto:
    • Engadir a seguinte liña:
      deb http://openoffice.mancomun.org/ mancomun main
      ao ficheiro:
      /etc/apt/sources.list
    • Executar:
      apt-get update
    • Executar:
      apt-get upgrade
    • No terminal preguntaranos se queremos actualizar os paquetes. Temos que dicir que «Si».  O seguinte que se nos preguntará é se queremos instalar os paquetes que están sen verificar. Diremos que «Si» outra vez e entón o sistema actualizará os paquetes do OpenOffice.org.
  • Se usamos o escritorio [[GNOME]]:
    • Vamos ao menú «Sistema-> Administración-> Xestor de paquetes Synaptic»
    • Pídenos o contrasinal de root. Introducímolo.
    • Dentro do «Xestor de paquetes» vamos  ao menú «Configuración-> Repositorios-> Engadir-> Personalizado «
    • Engadimos unha liña APT co seguinte texto
      deb http://openoffice.mancomun.org/ mancomun main
    • Pechamos a ventá e o asistente xa nos indicará os seguintes pasos para poder actualizar o OpenOffice.org

  • Se usamos o escritorio [[KDE]]:
    • Tamén temos que engadir a liña:
      deb http://openoffice.mancomun.org/ mancomun main
      ao ficheiro:
      /etc/apt/sources.list
    • Vamos ao menú «Sistema-> Adept (Xestor de paquetes)»
    • Tamén nos pide o contrasinal de root.
    • Prememos en «Buscar actualizacións» e encontrará que hai actualizacións dispoñibles para o OpenOffice.org.
    • Procederemos seguindo as instrucións que nos brinde o asistente do Xestor de paquetes.

 A [[FSF]] (Free software Fundation) fixo pública a súa primeira distribución GNU/Linux, libre de software propietario xa que este tipo de programas abunda na maioría das distribucións.

A gNewSense está baseada en [[Ubuntu]] GNU/Linux e en [[Debian]] GNU/Linux e ofrece aos usuarios «a estabilidade de Ubuntu e Debian co aditivo da liberdade», din os desenvolvedores Brian Brazil e Paul O’Malley.

Ted Teah, o responsable do mantemento de Software Libre da FSF explica que «con todo o software privativo retirado do kernel e dos repositorios das distribucións nas que está baseado, quedou un sistema operativo máis avanzado e 100% libre».

Máis información, na ligazón do proxecto .

Descarga da 1.0 gNewSense  

Vaise celebrar na Facultade de Ciencias Sociais e da Información, no campus de Jerez de la Frontera (pertencente á Universidade de Cádiz) durante os días 7, 8 e 9 de marzo do 2007 o Congreso Internacional FLOSS.

As principais liñas de interese do congreso van ser a aplicación e uso de FLOSS nos seguintes campos:

  • Educación
  • Tecnoloxía
  • Investigación.

Actualmente está aberto o prazo de presentación de contribucións.

Máis información, nesta ligazón.

Presentamos unha lista de historias exitosas e recentes de tódolos ámbitos nos que está involucrado o Software Libre. Pode ser pola marxe de beneficios que dou á empresa, ou o difundir a tecnoloxía en áreas onde parecía imposible ou simplemente por xerar unha fonte de coñecemento libre; pero o caso é que o Software Libre está en todas partes…

Para ver a lista completa e as conclusións sobre a mesma tes que visitar a seguinte ligazón á noticia completa na súa web orixinal (en inglés):

Ligazón á noticia completa

A mediados de novembro está previsto que se celebren na ETSE as Xornadas Libérate 06, organizadas por AULUSC (Asociación de Usuarios de Linux da USC).

Estas xornadas, amosarán as alternativas en Software Libre aos programas que se empregan habitualmente a través de pequenos obradoiros.

En concreto, serán catro obradoiros, de dúas horas cada un, que tratarán sobre OpenOffice.org, Gimp, Inkscape, Firefox, Thunderbird e Gaim

Próximamente, na páxina web de AULUSC haberá máis información sobre as datas, os obradoiros e as inscricións nos cursos.

 http://www.mancomun.org/images/stories/liberate-06-logo.png

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal