Mancomún

Edubuntu é a versión de Ubuntu para educación, deseñada para que un mestre ou un administrador de redes poida preparar unha clase de xeito rápido e sinxelo. Trátase dun sistema operativo completo de Ubuntu que inclúe aplicacións para educación, un paquete ofimático, navegador web e ferramentas de comunicación e produtividade.

O equipo de Edubuntu acaba de anunciar a liberación de Edubuntu 7.04, tamén chamada Feisty Cervatell. Esta versión inclúe a versión Desktop e Server para varias arquitecturas…

Edubuntu 7.04 Desktop permite probar Edubuntu sen necesidade de instalar o sistema operativo, cunha opción de instalación no disco duro despois de probala.

Edubuntu 7.04 Aula Server permite a instalación no teu computador así como en calquera servidor ou estación de traballo. Inclúe soporte LTSP (Linux Terminal Server Project).

Edubuntu 7.04 Aula Server trátase dun CD adicional que contén paquetes adicionais que poden ser útiles xunto coa versión Edubuntu Aula Server.

Podes conseguir Edubuntu 7.04 mediante descarga dende
http://www.edubuntu.org/Download

Fonte:
http://www.edubuntu.org/news/7.04-release

Existen moitos competidores loitando polo título do [[wiki]] máis simple ou máis fácil de usar, pero Pawfaliki gáñalles a todos xa que o wiki completo consiste nun único ficheiro [[PHP]] que pode ser configurado por calquera persoa con poucos ou nulos coñecementos de PHP. Isto fai de Pawfaliki unha ferramenta perfecta para usuarios que queren instalar un wiki persoal co mínimo esforzo, ou mesmo unha ferramenta para compartir coñecemento e colaborar un pequeno grupo de persoas.

Como Pawfaliki está baseado nun ficheiro PHP (e un ficheiro .css que controla a aparencia do wiki), instalar Pawfaliki é moi sinxelo. Só hai que copiar o ficheiro pawfaliki.php no raíz de documentos web do teu servidor, crear os cartafoles PawfalikiPages e PawfalikiTemp na mesma ruta, darlle permisos de escritura nos cartafoles e xa está instalado…

A configuración de Pawfaliki tampouco é moi difícil. Todas as configuracións están almacenadas no ficheiro pwfaliki.php e están amplamente comentadas. Isto fai a configuración de Pawfaliki incluso moito máis fácil para a xente menos experta.

Podes ler a nova completa na súa fonte orixinal:
http://www.linux.com

http://www.mhttp://www.mancomun.org/images/stories/ousli.jpgancomun.org/images/stories/ousli.jpgDende Ousli queremos anunciar as nosas primeiras Xornadas sobre «Programación Web en Software Libre». Cremos que a importancia que segue a gañar a Web é un punto moi importante a ter en conta.

As I Xornadas de Programación Web están orientadas a programadores que se están iniciando ou que teñen coñecementos e que queren asentalos vendo novas tecnoloxías empregadas polas grandes empresas do sector por exemplo google, yahoo ou microsoft.

Estas xornadas vanse impartir na aula 3.2 do edificio politécnico da Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense. Os días elixidos son os venres (27 de abril, 4 de maio e 11 de maio) para que a xente que estea interesada poda vir e que as empresas galegas non teñan problemas de asistencia por motivos laborais.

O programa das Xornadas é o seguinte:

» Venres 27 de Abril
16:00-18:00 CakePHP
18:00-19:30 AJAX e PHP

» Venres 4 de Maio
16:00-18:00 JSP
18:00-19:30 STRUTS

» Venres 11 de Maio
16:00-18:00 RUBY ON RAILS
18:00-19:30 MONO .NET

As xornadas están abertas para calquera que queira asistir.

Para todo aquel que teña interese no material será preciso inscribirse na web das Xornadas. Nela poderá atopar toda a información que precise: http://encontros.ousli.org

Non dubides en contactar con nós se precisas máis información:
mail: xornadas@ousli.org
http://encontros.ousli.org/
http://www.mancomun.org/images/stories/ubuntu.png Xa están dispoñibles as ISO da nova versión de Linux ‘para seres humanos’: Ubuntu 7.04. Denominada co nome en clave «The Feisty Fawn», tivo unha grandísima aceptación, tanto que a web de Ubuntu está saturada, facendo imposible a descarga directa. Afortunadamente, a xente de Ubuntu-es puxo a disposición da xente un torrent para descargala comodamente, tanto a versión [[Ubuntu]] (GNOME) como [[Kubuntu]] (KDE), usando algún programa [[P2P]] como [[BitTorrent]]. 

Fonte da nova:
www.elotrolado.net

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) vén de publicar unhas axudas para empresas desenvolvedoras de código aberto. Subvencionaranse proxectos propostos por empresas de desenvolvemento de software ou solucións software «encastradas», en código aberto dirixidos á mellora da produtividade e a introducir as TIC na PEME. 
 
Os proxectos deberán contar coa participación inicial de polo menos 5 PEME galegas determinadas, que permitan o ensaio e adaptación da aplicación, coa vantaxe de seren usuarios de xeito gratuíto da solución adaptada. Unha vez acadado o obxectivo de ensaio: adaptación final en polo menos esas cinco PEME, o proxecto establecerá un compromiso de cesión e adaptación gratuíta en polo menos 10 PEME galegas máis. O prazo para presentar solicitudes remata o día 31 de maio.

Poderá beneficiarse destas axudas calquera PEME informática galega que propoña a realización en Galicia dun proxecto de desenvolvemento final de aplicativos informáticos de xestión e implantación en PEME. As empresas deberán aportar para o proxecto polo menos un 25% do seu importe. A cantidade subvencionable é de ata 150.000 euros.

Os custos subvencionables poderán consistir en:
a) Investimentos en equipamento e instrumental de carácter tecnolóxico necesario para o proxecto de desenvolvemento final do aplicativo.
b) Gastos de adquisición de material funxible ou compoñentes necesarios para o proxecto.
c) Custos de colaboradores externos cando sexan prestados por Centros ou Institucións Tecnolóxicas, ata o límite de 10.000 € por proxecto.
d) Salario bruto do persoal da empresa dedicado ao desenvolvemento do proxecto, durante o período de execución e na proporción da súa dedicación porcentual.

O expediente avaliarase tomando en conta os seguintes criterios, seleccionando aqueles que obteñan maior puntuación ata o límite do orzamento asignado:

1. Empresa desenvolvedora de software adscrita a un clúster galego legalmente constituído. (10 puntos)
2. Localización do proxecto dentro de Galicia. (ata 15 puntos en áreas de especial interese, como as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal)
3. Número de PEME nas que se implantará gratuitamente o aplicativo. (0 – 20 puntos)
4. Custo total alegado. (0 – 10 puntos)
5. Obxectivo do aplicativo de xestión e perspectivas de incremento da produtividade nas PEME que o implanten. (0 – 45 puntos)

Mule é unha plataforma Software Libre para a integración de aplicacións. Vén sendo un ESB (Enterprise Service Bus) deseñado para soportar transaccións de alto rendemento e multi-protocolo. Mule pode ser empregado para mensaxería entre sistemas de información, como middleware transaccional, ou como parte dun servidor de aplicacións.

A natureza extensible do núcleo de Mule, así como o feito de ter o código dispoñible, permite aos desenvolvedores manter o control da súa infraestrutura.

Mule, a diferenza doutros produtos, permite aos desenvolvedores, integrar diferentes aplicacións dun modo incremental sen afectar á infraestrutura existente na empresa. E como é Software Libre, os desenvolvedores poden adaptalo as súas necesidades no lugar de ser a plataforma a que defina o seu contorno.

Este ESB ten funcionalidade multi-propósito para soportar un amplo rango de tipos de integración típicos nunha empresa. A instalación básica de Mule soporta máis de 30 estándares, protocolos e tecnoloxías, incluíndo: JMS, JBI, EJB, Spring, JDBC, TCP, HTTP, Web Services, MQ Series, etc.

Descarga do software dende a páxina de MuleSource.

ThunderbirdO xestor de correo Thunderbird desenvolvido pola Fundación Mozilla xa ten a súa versión 2.0 dispoñible nos repositorios oficiais. A versión 1.5 conta cunha tradución coordinada por Mancomun.org e na páxina Galician Mozdev xa comezaron os traballos para acometer a localización ao galego. Todo aquel que queira participar pode apuntarse á lista de correo desta web.

Thunderbird 2.0 conserva as súas características habituais coma o seu lector de RSS ou filtros para correo lixo e fará máis doado buscar as nosas mensaxes xa que poderemos engadir etiquetas («tags»). Deste xeito poderase traballar de forma similar a como xa é habitual noutros programas coma Flickr.

O xestor de correo da Fundación Mozilla facilita a migración de sistemas de correo coma Gmail ou .Mac. Ademais incorpora melloras nas alertas de mensaxes e na detección do phising e parches para Windows Vista. Thunderbird está dispoñible para GNU/Linux, Windows e Mac OS X.

LINUX WORLD SUMMIT é un evento mundial que, ano tras ano, medra tanto en número de países celebrado como en interese da industria ligada ao Software Libre e Open Source. O pasado ano, e por primeira vez en España, Linux World Summit chegou a Madrid da man da IDC e este ano celébrase os días 18 e 19 de abril en Madrid.
 
Este ano, o II encontro LINUX WORLD SUMMIT 2007 reúne unha vez máis ás experiencias máis relevantes en implantación de sistemas abertos tanto da empresa pública como privada e, durante esta edición, organizouse unha xornada técnica para resolver dúbidas que no día a día xorden ante proxectos de migración a sistemas Software Libre…

 

Podes ler a nova completa na súa fonte orixinal:
http://www.laflecha.net

http://www.mancomun.org/images/stories/ucorunha_web.png Xa saíu a convocatoria de dúas bolsas de colaboración na UDC [pdf] para apoio e colaboración en tarefas de promoción e difusión do Software Libre.

O obxecto desta convocatoria é a adxudicación de dúas bolsas para colaborar na Oficina de Software Libre da Universidade da Coruña (OSL) nas tarefas de promoción e difusión do Software Libre aos membros da comunidade universitaria da Universidade da Coruña.

Poderán solicitar esta axuda os estudantes de 1º e 2º ciclo da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Valorarase que posúan coñecementos e experiencia probada no uso, programación e desenvolvemento de aplicacións en Software Libre. Así mesmo, terase en conta a súa participación en proxectos colaborativos relacionados co Software Libre.

Para ver o prego de condicións destas bolsas preme na seguinte ligazón:
Prego de condicións [pdf]

http://www.mancomun.org/images/stories/logogpul_sin_cuadro.jpg Na mentras se ultima a páxina web das próximas Xornadas de  Software Libre de GPUL (serán as sétimas e celebraranse a vindeira semana na Facultade Informática), a xente de GPUL quere anunciar que nelas haberá un ano máis o torneo de Real Time Battle, do que xa se poden consultar os detalles nesta web.

O cartel completo das xornadas pódese consultar aquí. En breve terán lista a páxina web coa inscrición…

 

Real Time Battle é un xogo de programación, no cal robots controlados por programas loitan entre eles. O obxectivo é destruír aos inimigos, utilizando o radar para examinar o contorno e o canón para disparar.

Visto na páxina de GPUL:
http://www.gpul.org/ 

http://www.mancomun.org/images/stories/gimp.jpg A versión 2.2.14 do software GNU Image Manipulation Program (The GIMP) é unha versión de corrección de erros na rama 2.2 estable. As novas características están sendo desenvolvidas na rama principal da futura versión que sería a 2.4.

Polo de agora non hai dispoñibles os binarios para as distintas plataformas, só o código fonte do programa; pero espérase que pronto estean dispoñibles.

Tamén mencionar que agora mesmo a tradución do GIMP ao galego estase levando a cabo dende a aplicación ENTRANS de Mancomun.org, xa que a tradución que había até o de agora era unha tradución parcial feita por Ignacio Casal Quinteiro.

Tamén cabe recordar que o manual de usuario de GIMP acadou a versión 0.12 despois de 3 meses de revisión e que se atopa dispoñible para descarga dende a páxina web do proxecto.

http://www.mancomun.org/images/stories/gallery.jpg Gallery é un logrado álbum de fotos baseado na Web que foi escrito usando [[PHP]]. É fácil de instalar, inclúe un asistente de configuración e xestiona usuarios coa habilidade de crear e manter os seus propios álbumes dentro da colección de álbums vía unha contorna Web intuitiva.

A xestión de fotos inclúe miniaturización automática das fotos, reescalado da imaxe, rotación, organización, captura e máis. Os álbumes poden ter permisos de lectura, escritura, e captura para cada usuario individual autenticado obtendo deste xeito un nivel de privacidade adicional.

Gallery1.5.6 está dispoñible para descarga web. Esta versión é principalmente unha versión para a resolución de erros pero tamén inclúe un par de características novas de menor importancia.

Esta nova versión 1.5.6 pódese descargar desde:
http://sf.net/project/showfiles.php?group_id=7130&package_id=7239

Se precisas máis detalles visita
http://gallery.menalto.com/gallery_1_5_6_released

 

Fonte da nova:
http://sourceforge.net/forum/forum.php?forum_id=684321

http://www.mancomun.org/images/stories/opened_hand.png Pimlico é unha suite de aplicacións para xestión de información persoal (PIM) que consume poucos recursos e que está deseñada co fin de utilizarse nos dispositivos móbiles.

Pimlico está feita con GTK+ Toolkit e Embedded Evolution Data Server, os cales proveen a esta aplicación de sólidos fundamentos.  Isto tamén permite a fácil portabilidade a varios frameworks baseados en GTK+ para móbiles tales como Maemo e OpenMoko, así como para o seu uso en PC de escritorio.

Pimlico contén catro aplicacións: Contacts, unha axenda de contactos; Dates, un calendario; Tasks, unha lista de tarefas; e Sync, unha ferramenta de sincronización…

Pimlico está desenvolvido maiormente pola xente do proxecto opened-hand, unha páxina onde poder atopar Software Libre para dispositivos móbiles.

FBReader é un lector de e-books para [[PDA]] e computadores GNU/Linux.

FBReader funciona actualmente con Sharp Zaurus, Siemens Simpad con Opensimpad ROM, Nokia 770 Internet Tablet, Archos PMA430 e computadores con GNU/Linux.

Tamén soporta diversos formatos de e-book: plucker, palmdoc, zTXT, HTML, fb2, TCR, OEB, RTF, e texto plano…

Esta aplicación require GTK+ versión 2.4.x ademais das seguintes dependencias: expat, libbz2 e enca.

Podes ver máis información sobre a aplicación na seguinte páxina de GnomeFiles:

http://www.gnomefiles.org/app.php/FBReader  

http://www.mancomun.org/images/stories/full-circle.pngA comunidade de Ubuntu acaba de lanzar a primeira edición da súa revista oficial, Full Circle, que por suposto é libre, de balde e descargable.
Full Circle é editada polos membros da comunidade de [[Ubuntu]], unidos no esforzo de producir contidos orixinais sobre temas de tecnoloxía, Software Libre, e por suposto, Ubuntu. A súa idea é conseguir suficiente apoio como para publicar un novo número tódolos meses, así que xa están chamando a voluntarios para o próximo.

Full Circle Nº 0 inclúe a historia completa de Ubuntu, dende Warty ata Feisty; pero o seu contido principal é repasar todo o que nos depara a Ubuntu 7.04.

» Revista Full Circle

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal