Mancomún

http://www.mancomun.org/images/stories/newelgg.gifElgg é unha plataforma Software Libre deseñada para permitir a comunicación entre os seus usuarios e compartir recursos. Elgg permite crear redes sociais e aloxar a plataforma nunha infraestrutura propia, modificando as características e adecuándoas ás necesidades específicas.

Os usuarios da plataforma comunícanse entre eles colaborando e descubrindo novos recursos. Os distintos complementos de Elgg permiten aos usuarios sobre diferentes redes sociais para colaborar e fornecer funcionalidades específicas para tarefas coma xestión de proxectos, navegación a través dun dispositivo móbil e colaboración a través de wikis controlados polos usuarios.

Elgg está traducido o 100% ao castelán e nun 30% ao galego. En Launchpad pódese observar a evolución da localización na que está a colaborar Fernando Fraga do Grupo de Investigación Stellae da USC.

Elgg está desenvolvido en LAMP (Linux, Apache, MySQL, PHP) contando coas seguintes características: blogues persoais, almacén de ficheiros, agregación de RSS, perfís persoais, funcionalidades FOAF e máis.

Ainda que estas plataformas están pensadas para a ensinanza electrónica, as súas funcionalidades pódense levar ao eido empresarial. Desde esta nova perspectiva aproveitaríase a idea das redes sociais polas empresas ofertando xestión de perfís persoais, grupos de usuarios, foros de discusión, procuras por persoal cualificado, coordinación de eventos, mensaxería, dúbidas e outras características da comunidade. A versión comercial deste enfoque é Elgg Enterprise.

OpenOffice.orgA empresa CTI TEGNIX SL vén de traducir diversos capítulos do manual de OpenOffice.org Guía de Iniciación de OOo-Authors como parte do curso sobre esta suite ofimática que impartirá no CIS Galicia. Ademais desta adaptación ao galego a empresa engadiu textos explicativos e vídeos didácticos. O material traducido é unha selección que permite realizar cursos básicos sobre as aplicacións máis populares como Writer, Calc, Base ou Impress. Estes materiais ofreceranse á comunidade con licenza Creative Commons 2.5 Recoñecemento. Pódese acceder a eles na sección de Descargas da nosa web, na categoría Documentos, Textos, Guía OpenOffice.org
 

A intención de Tegnix é crear unha comunidade galega de OpenOffice.org que axudara a traducir o material restante. Tegnix ten pensado tamén organizar un evento dirixido á formación desta comunidade. Partiríase deste traballo para completalo e logo actualizalo, abríndoo á participación da comunidade con ferramentas tipo wiki ou afíns.
 
A guía consta de 7 documentos, 173 páxinas e máis de 35.000 palabras na que participaron tres persoas na tradución e outra encargada dos vídeos.
Logo DokeosA Tesourería Xeral da Seguridade Social (TGSS) mailo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), lanzarán a finais deste mes de abril unha plataforma de teleformación baseada en Dokeos. Contará co asesoramento da empresa galega Contidos Dixitais nos aspectos formativos e tecnolóxicos así como na personalización da plataforma. A través do campus virtual o TGSS e o INSS esperan ofrecer contidos de calidade a máis de 2.500 alumnos.
 

Contidos Dixitais ofrecerá aloxamento, soporte técnico, mantemento, consultoría pedagóxica e elaboración de contidos. O campus basearase na versión LMS 1.8 de Dokeos que precisa de tradutores para a súa versión galega.
LinExA distribución orientada a empresas desenvolvida pola administración autonómica estremeña LinEx Pyme está a se converter nun caso de éxito na implantación do Software Libre na PEME. Diversos negocios de diferente índole están a implantar programas abertos para mellorar a xestión do seu negocio con grandes resultados. A web de LinEx Pyme recolle algúns dos casos máis significativos.
 

Entre os negocios destacados hai un bar, unha moblería, un supermercado, unha tenda de zapatos… proba de que o Software Libre está ao alcance de todos.

Sourcepyme é unha iniciativa da administración autonómica valenciana para promover o Software Libre entre as PEME do sector do plástico e do metal da comunidade levantina levando a cabo accións tanto no lado da oferta como da demanda. Nos seus primeiros meses este proxecto detectou reticencias ao código aberto polo lado da demanda na desconfianza cara unha tecnoloxía descoñecida e no da oferta unha carencia de espírito colaborativo que dificulta a creación dunha comunidade desenvolvedora. En ambos lados percíbese un medo ao cambio.

A documentación das Xornadas Sourcepyme celebradas o pasado 16 de novembro están colgadas da web do proxecto. Alí poderás atopar as intervencións dos responsables de Sourcepyme, de LinEx Pyme (programa de promoción do código aberto entre as PEME da comunidade estremeña), o AIMPLAS (Instituto Tecnológico del Plástico) e o AIMME (Instituto Tecnológico Metalmecánico).

Sourcepyme celebrará unha xornada o día 24 de maio no colexio oficial de enxeñeiros de telecomunicacións de Valencia onde se lles exporá ás empresas en que consiste o Software Libre, como aforrar diñeiro nos seus sistemas informáticos e como mellorar a calidade destes sen aumentar o custe.
Blanco e VeiguelaO conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Xabier Blanco Álvarez, e a directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Elena Veiguela, presentaron as iniciativas da dirección xeral para a campaña de actividades conmemorativas do Día de Internet, o Día Mundial das Telecomunicación e o Días das Letras que levará por nome “Máis Internet Máis Galego Máis Futuro“.
 
Baixo o lema Na rede, o que ti queiras as inicitivas vanse desenvolver durante 17 días, comezando o primeiro de maio e tendo como punto culminante o Día das Letras. Mancomun.org súmase a esta iniciativa participando o día 10 de maio nunha xornada sobre Software Libre organizada polo Federación Española de Sociedades de Arquivística, Biblioteconomía, Documentación e Museística (FESABID).

Esta campaña conta cun amplo programa de actividades que pon en contacto as novas tecnoloxías coa cultura, o ocio ou o humor. Faise fincapé na importancia dos contidos e servizos e os eventos programados contarán co apoio da rede de dinamizadores da sociedade da información da dirección xeral de Sociedade da Información.

Máis Internet Máis Galego Máis Futuro enmárcase dentro da estratexia de difusión das TIC marcada polo Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información que, segundo declarou Fernando Blanco, a pesar da súa recente publicación xa é un documento de referencia e estudado por administracións estatais e europeas.  

A Arousa Party 2007, evento de promoción das tecnoloxías da información e da comunicación, contará con diversas actividades de promoción de Software Libre. Cabe destacar a charla que Mancomun.org ofrecerá o día 1 de xuño presentando a Iniciativa Galega polo Software Libre. Ademais os asistentes recibirán unha copia do conxunto de aplicacións ofimáticas OpenOffice.org.
 

A Arousa Party celebrarase entre os días 1 e 3 de xuño. Está organizada por A.I.R.B.A.G (Asociación de Internautas das Rías Baixas Galegas) e terá lugar no recinto feiral arousán Fexdega. Ademais das actividades relacionadas co Software Libre a party conta cos habituais concursos de videoxogos e charlas de introdución a diversos aspectos das tecnoloxías da información.

Investigadores da Universidade de Carnegie Mellon crearon uns robots controlados dende internet por wireless que son simples de abondo como para que calquera poida construílos. Estas máquinas poden ter calquera forma dende un vehículo de tres rodas ao que se lle instala unha cámara até unha flor que leva incorporados sensores infravermellos.

Estes robots feitos á medida teñen a habilidade de conectarse a internet vía wireless, permitíndolles aos usuarios controlar as accións dos robots dende calquera computador conectado a internet…

O motivo da creación destas máquinas é facer robots moi accesibles e adquiribles para os estudantes universitarios e de institutos, así como para calquera persoa interesada na robótica.

O corazón de cada TeRK (Telepresence Robot Kit) é un único controlador chamado Qwerk que combina un computador Linux co software e a electrónica necesaria para controlar o motor dos robots, cámaras e outros dispositivos.

O robot pode enviar fotos ou vídeo, respostar á buscas RSS, ou acceder a internet para encontrar información, abrindo un amplo rango de posibilidades.

Fonte:
http://www.computing.co.uk/vnunet/news/2188617/linux-powered-wireless-internet

EsquerdaA Fundación Wikimedia acaba de lanzar un DVD con máis de 2.000 entradas da versión en inglés da Wikipedia. O DVD, desenvolvido en código aberto e dispoñible para Mac OS, Windows e GNU/Linux, busca achegar o coñecemento da famosa enciclopedia virtual a aquelas persoas e institucións educativas que non dispoñen dunha conexión a internet.
 

As entradas que contén son sobre temas pouco polémicos e que non cambian demasiado no tempo. O DVD pode ser descargado gratuitamente ou enviado por correo por 14 dólares e xa conta cunha versión en alemán e, en breve, contará cunha polaca.
Zeev Suraski, israelita de 31 anos, é un hacker de manual. En lugar de ir a clase, aproveitou a universidade para pasar horas escribindo código co seu amigo Andi Gutmans. Así crearon a linguaxe libre de programación [[PHP]], para desenvolver páxinas web. Hoxe dirixen a súa propia compañía, Zend Technologies , demostrando que é posible facer cartos cun produto de código aberto…

Podes ler a entrevista completa na súa páxina orixinal:
http://www.elpais.com

http://www.mancomun.org/images/stories/google%20logo.jpg A próxima edición do “Google Summer of Code” contará coa presenza de polo menos un galego: Carlos Sánchez; tal e como se pode ver no mapa de participantes que Google fixo sobre o concurso, aínda que a súa presenza se limite a ser o titor doutro participante, Peter Kolbus. O proxecto no que será titor chámase “Maven Dependency Visualization“.

Mapa de participantes do Google Summer of Code 2007 (é necesario o Google Earth para poder visualizalo).

O mapa tamén indica a existencia doutro galego no concurso, Angel Vidal Veiga, pero comprobamos que o seu proxecto foi presentado no ano 2006 , e non no 2007.

Google Summer of Code é un concurso a nivel mundial cuxo obxectivo é promover o desenvolvemento do Software Libre. Os participantes deste concurso reciben unha beca duns 900 euros para axudar a desenvolver algúns dos proxectos que se presentan ao concurso.


Lista de proxectos presentados no ano 2007

Igalia, empresa de enxeñería de software dedicada ao Software Libre, rematou a presentación do seu Premio ó Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre polas universidades galegas cun acto celebrado hoxe na Escola Técnica Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago. O galardón busca incentivar o emprego do Software Libre nos premios fin de carreira dos estudantes universitarios. O gañador recibirá 1.000 €.

Os participantes presentarán e desenvolverán un PFC que cree un novo proxecto de Software Libre ou ben mellore un existente, utilizando unha implementación libre de calquera linguaxe de programación.

Os concursantes deberán estar matriculados nalgunha das tres universidades galegas e os seus PFC deberán ser defendidos, cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias entre marzo e outubro do ano 2007, sendo este requisito indispensable para poderen participar no concurso.

Igalia presentou o premio nas escolas de informática de Coruña e Ourense e na Escola Superior de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Vigo.Mancomun.org participará como membro do xurado do premio.

A nova versión do Linux Kernel 2.6.21 que acaba de ser liberada mellora as características de virtualización que xa tiña a versión 2.6.20 con VMI, unha contorna de paravirtualización que será empregada polo software Vmware.

Tamén dispón dun mecanismo de tickless idle loop chamado Dynticks, unha característica construída na parte superior dos eventos de reloxo que unifica a manipulación da medición de tempos e consegue unha alta resolución efectiva na medición dos mesmos…

Outras características son:

  • Unha liña de comandos do kernel máis grande.

  • ZONE_DMA opcional, soporte para PA SEMI PWRficient CPU.

  • Mellor soporte para PS3.

  • Soporte para NFS Ipv6.

  • Soporte para tunneling IPv4 <-> Ipv6 IPSEC.

  • Soporte para escritura UFS2.

  • Kprobes para PPC32.

  • Encriptado da chave pública para ecryptfs.

  • Algoritmos de cifrado Fcrypt e Padiola.

  • Porto aleatorio para NAT.

  • Moitos drivers novos xunto con outras pequenas melloras. 

A lista completa de cambios atópase en Ipv6 IPSEC. * Soporte para escritura UFS2. * Kprobes para PPC32. * Encriptado de clave pública para ecryptfs. * Algoritmos de cifrado Fcrypt e Padiola. * Porto aleatorio para NAT. * Moitos drivers novos xunto con outras pequenas melloras. A lista completa de cambios atópase en http://kernelnewbies.org/LinuxChanges#head-d4b9a73894eeb8d4ff1da9b86515a68527310a1b. A nova versión 2.6.21 do Linux kernel pode descargarse dende http://www.kernel.org/. Fontes:- @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } –> http://www.osnews.com/story.php/17768/Linux-Kernel-2.6.21-Released/ http://kernelnewbies.org/LinuxChanges#head-d4b9a73894eeb8d4ff1da9b86515a68527310a1b” href=”http://kernelnewbies.org/LinuxChanges#head-d4b9a73894eeb8d4ff1da9b86515a68527310a1b”>http://kernelnewbies.org/

A nova versión 2.6.21 do Linux kernel pode descargarse desde http://www.kernel.org/

Fontes:
http://www.osnews.com/
http://kernelnewbies.org/

Dokeos é unha plataforma de teleformación de código libre que está sendo empregada por máis de 1.200 organizacións en todo o mundo para xestionar as súas accións de formación e colaboración.

Paralelamente, Dokeos é tamén unha empresa que axuda ás organizacións no lanzamento e desenvolvemento dos seus programas de formación. En España faino a través do seu socio Contidos Dixitais quen agora quere lanzar unha chamada de axuda á comunidade galegofalante.

Para que o galego non quede fóra da nova actualización de Dokeos que verá a luz dentro de 7 días, Contidos Dixitais solicita a axuda de todos os cibernautas para darlle o pulo definitivo á tradución ao galego que neste intre se atopa ao 77%.

Para colaborar na tradución deste software, só hai que acceder á seguinte dirección, rexistrarse e facer uso da ferramenta de tradución en liña habilitada ao efecto.

Google vén de anunciar que libera os parches que desenvolveu para o seu uso interno para mellorar a xestión e fiabilidade de MySQL.

Mark Callaghan , enxeñeiro de Google di no blogue de Google Code:

“Cremos que MySQL é unha solución de almacenamento de datos estupenda, e como os nosos proxectos precisan máis requirimentos da base de datos en certas áreas fixemos cambios para mellorar MySQL principalmente en áreas de alta dispoñibilidade e de xestión.
Encantaríanos que estes cambios foran incorporados na versión oficial de MySQL, pero ata entón cremos que a xente debería ter acceso a eles polo que os liberamos cunha licenza GPL para que a comunidade de usuarios de MySQL poida usalos e revisalos.”

As características de alta dispoñibilidade inclúen: soporte para replicación semi-síncrona, duplicación (mirroring) do binlog dun mestre a un escravo, promoción rápida de escravo a mestre durante un fallo e manter InnoDB e o estado da réplica nun escravo consistentes durante a recuperación despois dun erro.

As características de xestión inclúen: Novas sentencias SQL para monitorizar o uso dos recursos por táboas e contas. Esto inclúe a capacidade de contar o número de filas recuperadas ou modificadas por conta ou por táboa. Tamén inclúe o número de segundos que emprega unha conta para executar comandos SQL.

Os parches son para a versión 4 de MySQL, e din que pronto os terán para a versión 5.

Máis detalles na páxina Mysql4patches.

Fonte: Google.dirson.com

Adobe Systems Incorporated anuncia hoxe a súa intención de mover Flex baixo os termos da licenza Mozilla Public License (MPL).

Esta iniciativa permitirá aos desenvolvedores participar no crecemento do framework máis empregado para a construción de Aplicacións Ricas para a Internet (RIA).

Isto inclúe non só os fontes dos compoñentes Actionscript do Flex SDK, os cales xa estaban dispoñibles dende a versión 2, senón que inclúe o código fonte para os compiladores de Actionscript e MXML, o depurador de Actionscript e o núcleo de bibliotecas Actionscript do SDK xunto con toda a documentación asociada. O Flex SDK inclúe todos os compoñentes necesarios para crear aplicacións Flex que se poden executar en calquera navegador – baixo Mac OS X, Windows e GNU/Linux e agora tamén dende o escritorio empregando Apollo.

Adobe conta realizar toda a transición do proxecto a Open Source a finais de 2007 (código fonte dos compiladores, infraestrutura para as contribucións da comunidade, etc.).

Os desenvolvedores poden empregar o Flex SDK para desenvolver libremente e despregar aplicacións empregando o software propietario Adobe Flex Builder ou calquera outro IDE do seu gusto.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal