Sourcepyme é unha iniciativa da administración autonómica valenciana para promover o Software Libre entre as PEME do sector do plástico e do metal da comunidade levantina levando a cabo accións tanto no lado da oferta como da demanda. Nos seus primeiros meses este proxecto detectou reticencias ao código aberto polo lado da demanda na desconfianza cara unha tecnoloxía descoñecida e no da oferta unha carencia de espírito colaborativo que dificulta a creación dunha comunidade desenvolvedora. En ambos lados percíbese un medo ao cambio.
A documentación das Xornadas Sourcepyme celebradas o pasado 16 de novembro están colgadas da web do proxecto. Alí poderás atopar as intervencións dos responsables de Sourcepyme, de LinEx Pyme (programa de promoción do código aberto entre as PEME da comunidade estremeña), o AIMPLAS (Instituto Tecnológico del Plástico) e o AIMME (Instituto Tecnológico Metalmecánico).