Google libera parches para MySQL

Google vén de anunciar que libera os parches que desenvolveu para o seu uso interno para mellorar a xestión e fiabilidade de MySQL.

Mark Callaghan , enxeñeiro de Google di no blogue de Google Code:

“Cremos que MySQL é unha solución de almacenamento de datos estupenda, e como os nosos proxectos precisan máis requirimentos da base de datos en certas áreas fixemos cambios para mellorar MySQL principalmente en áreas de alta dispoñibilidade e de xestión.
Encantaríanos que estes cambios foran incorporados na versión oficial de MySQL, pero ata entón cremos que a xente debería ter acceso a eles polo que os liberamos cunha licenza GPL para que a comunidade de usuarios de MySQL poida usalos e revisalos.”

As características de alta dispoñibilidade inclúen: soporte para replicación semi-síncrona, duplicación (mirroring) do binlog dun mestre a un escravo, promoción rápida de escravo a mestre durante un fallo e manter InnoDB e o estado da réplica nun escravo consistentes durante a recuperación despois dun erro.

As características de xestión inclúen: Novas sentencias SQL para monitorizar o uso dos recursos por táboas e contas. Esto inclúe a capacidade de contar o número de filas recuperadas ou modificadas por conta ou por táboa. Tamén inclúe o número de segundos que emprega unha conta para executar comandos SQL.

Os parches son para a versión 4 de MySQL, e din que pronto os terán para a versión 5.

Máis detalles na páxina Mysql4patches.

Fonte: Google.dirson.com

Balance do Plan de Acción 2022

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Decembro 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuais

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal