IGALIA presenta o seu Premio aos Proxectos Fin de Carreira con Software Libre

Igalia, empresa de enxeñería de software dedicada ao Software Libre, rematou a presentación do seu Premio ó Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre polas universidades galegas cun acto celebrado hoxe na Escola Técnica Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago. O galardón busca incentivar o emprego do Software Libre nos premios fin de carreira dos estudantes universitarios. O gañador recibirá 1.000 €.

Os participantes presentarán e desenvolverán un PFC que cree un novo proxecto de Software Libre ou ben mellore un existente, utilizando unha implementación libre de calquera linguaxe de programación.

Os concursantes deberán estar matriculados nalgunha das tres universidades galegas e os seus PFC deberán ser defendidos, cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias entre marzo e outubro do ano 2007, sendo este requisito indispensable para poderen participar no concurso.

Igalia presentou o premio nas escolas de informática de Coruña e Ourense e na Escola Superior de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Vigo.Mancomun.org participará como membro do xurado do premio.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal