Mancomún

Mandriva acaba de lanzar a versión de 4GB de Mandriva Flash, a versión live para dispositivos flash.

Mandriva Flash 4GB proporciona as características completas do sistema Mandriva Linux 2007 KDE 32bit, nunha chave de memoria USB 2.0 sen necesidade de instalación. Todo o que hai que facer é conectar a chave USB, prender o PC e o sistema operativo Mandriva Linux está listo para usar. As características de configuración do sistema xunto cos datos gárdanse na chave.

A principal vantaxe de Mandriva Flash 4GB é que só existe unha partición FAT 4GB e ti decides como dividila entre o sistema operativo e as particións compartidas. A primeira vez que se inicia Mandriva Linux pediranos que lle indiquemos onde se localiza o espazo para o sistema operativo…

Esta nova versión contén controladores para tarxetas de vídeo, tarxetas wireless e módems, KDE 3.5.4, Mozilla Firefox 1.5.0.10, OpenOffice.org 2.0.4, The Gimp 2.3.10, Real Player 10.0.8.805 e Flash Player 9.0.31.0.

Mandriva Flash 4GB contén tódalas actualizacións recentes que ten Mandriva Linux 2007 e tamén poderase actualizar á vindeira versión Mandriva Linux 2007 Spring.

Máis información en: http://www.mandriva.com/linux/2007/flash

Fonte:
http://www.mandriva.com/

 

http://www.mancomun.org/images/stories/tawdis.jpg O test de accesibilidade TAW, que permite determinar o grao de accesibilidade dunha web, xa conta coa súa versión en galego grazas a un acordo entre a Fundación CTIC e a Consellería de Innovación. Deste xeito os desenvolvedores web contarán cunha ferramenta de referencia no ámbito hispanoamericano que facilita a integración de colectivos con risco de discriminación tecnolóxica e posibilita un deseño «aberto a todos». O Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información contempla o desenvolvemento de ferramentas en galego que melloren a accesibilidade e a integración de diferentes colectivos na sociedade da información.
 

Este test, actualmente na súa versión 3, ten coma características a análise do sitio web completo, soporte para protocolo seguro, validación de zonas protexidas, acceso a través de proxy e proxy con contrasinal, comprobación visual para facilitar a validación manual, elaboración do informe EARL, posibilidade de engadir comprobacións personalizadas, configuración da validación no nivel de punto de verificación, limitador do número de páxinas da análise e maior número de comprobacións. Paralelamente á versión galega anunciouse a aparición da súa versión catalá. 
GnomeA versión en galego do escritorio Gnome coordinada por Mancomun.org xa está nos repositorios oficiais. Deste xeito calquera distribución de GNU/Linux contará coa posibilidade de contar con esta versión de Gnome. Mancomun.org contou coa inestimable axuda de Ignacio Casal Quinteiro coordinador da versión galega de Gnome e de Proxecto Trasno, grupo de voluntarios de tradución de Software Libre ao galego. Ademais darase soporte lingüístico ás diferentes versións que vaian aparecendo proporcionando así un software de calidade permanentemente actualizado.
 

Esta acción está relacionada co Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información e coa política da Consellería de Innovación de proporcionar ferramentas informáticas en galego. Os proxectos de tradución coordinados por Mancomun.org están abertos á participación no noso Wiki.

http://www.mancomun.org/images/stories/open_business.jpgOpenBusiness (OB) é unha plataforma para compartir e desenvolver ideas innovadoras de negocio aberto. O seu obxectivo é crear un repositorio de modelos e ideas de negocio innovadoras, asociadas a unha comunidade comprometida cunha filosofía de compartición e apertura de recursos propia das comunidades de desenvolvedores de Software Libre.

Aparentemente enfrontada ás ideas tradicionais da competitividade empresarial, a iniciativa do OB pode entenderse como un novo cambio na mentalidade de negocio.

Os tres eixos principais sobre os que se desenvolve o modelo OB son: o compromiso coa comunidade (xerar beneficios para poñelos a súa disposición), a apertura de contidos ou a oferta de produtos/servizos de balde e a participación da comunidade na propia actividade empresarial (ao abrir contidos).

A Free Knowledge Foundation / Fundación Conocimiento Libre (FKF) anuncia a celebración do Libremeeting 2007, o Primeiro Encontro Internacional de Coñecemento libre e Software Libre de Madrid, que terá lugar os días 10 e 11 de maio de 2007 na Residencia Universitaria La Cristalera, en Miraflores de la Sierra (Madrid). O encontro ten como obxectivo acercar e conectar ás persoas e organizacións activas no desenvolvemento dunha sociedade libre a través do Coñecemento Libre e o Software Libre.

O día 11 realizarase ademais o acto de entrega dos Premios Libre.org 2007 a persoas e organizacións que destacaron na defensa e promoción do Software Libre. Os premiados son o alcalde de Zaragoza Juan Alberto Belloch, a Junta de Andalucía, a Generalitat Valenciana, e os municipios que conforman o Consorcio Público del Conocimiento Libre y el Software Libre de España.

Outras actividades salientables que terán lugar durante o evento son:

  • Presentación do proxecto Libre Communities.
  • Conferencias de: Dr. Richard Stallman, presidente da FSF e Patrono de Honor de la FKF; Georg Greve (Presidente da FSFE); Ciaran O’Riordan (FSFE).
  • Presentación da «Universidad del Software Libre»
  • Presentación do Consorcio Público do Coñecemento Libre e o Software Libre de España (CONSOLE).
  • Encontro do grupo español do Proxecto GNU.

A inscrición no encontro e a reserva de prazas na residencia «La Cristalera» pódense realizar en http://www.libre.org/libremeeting

 

Os días 13 e 14 de abril terá lugar en Lugo, Arte Sons, dúas xornadas adicadas á difusión da música experimental e a arte sonora de colectivos e artistas nacionais e internacionais, dentro dos parámetros da cultura libre e os procesos de creación colectiva.O programa comprende dende o debate teórico ata a acción sonora no entorno da cidade, e culmina cunha mostra do traballo de diversos artistas dentro do variado espectro da arte sonora, a electrónica experimental, a improvisación electroacústica, a música xenerativa e o ruido.
 

O evento pretende evidenciar procesos creativos que veñen marcando liñas paralelas á corrente cultural dominante e que son consecuencia dos novos modos de producción e difusión da creatividade artística, e da colaboración comunitaria entre internet e as subculturas urbanas. O programa é o seguinte:
 
VENRES 13
 
• Mesa redonda “A Música Libre no Contexto da Creación en Rede”
17.30 h. Escola Universitaria de Formación do Profesorado, USC.
 
Ponentes: M. Inmaculada Cárdenas-Compositora e directora do Grupo de Creación Musical da USC.
Chiu Longina- Antropólogo e artista sonoro.
Arturo Vaquero- Productor e músico lucense.
María Pérez- Xornalista e activista no entorno cultura libre.
 
• Proxección de obras audiovisuais
22.00 h. Praza de O Cantiño.
 
SABADO 14
 
• Seminario “Escoita Activa”, a cargo do colectivo Escoitar.org
 
Conferencia: “Proxectos Internacionais de Intervención de Pontes”
11.00 Escola Universitaria de Formación do Profesorado, USC.
 
Audio-Acción: “Auscultando a Ponte Romana de Lugo”
18.00 Ponte Vella.
 
• Concertos
21.00-2.00 Club Cultural Babel
 
• Dj Mister- Opening dj set
• Leucochloridium- Experimental Alternative Jam Band
• Christian Galarreta – Performance a través de Internet dende Perú-Noise
• Dr. Think e Mike Rolling- Experimental dúo
• Flexo- Performances sonoras
• Ultranoise- Artista sonoro
• Dj Hidráulico- 2-step, noise e breakcore
 
Patrocina: Lugo Cultural (Universidade de Santiago de Compostela, Concello de Lugo, Xunta de Galicia, Diputación Provincial de Lugo, Fundación Caixa Galicia) e Coorganizan Grupo de Creación Musical da Vicereitoría de Cultura da USC (GCMUS) e Asociación MIRA EL RÍO BAJA coa colaboración do Club Cultural Babel.

 

Igalia, empresa galega de Software Libre, convoca o Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira (PFC) con Software Libre 2007, que xorde para fomentar o acercamento e coñecemento dos universitarios galegos sobre o Software Libre e promover o emprego de calidade baseado nas tecnoloxías da información e da comunicacion. O obxectivo é que moitos dos PFC que se presentan cada ano nas diferentes escolas e facultades de Galicia sexan desenvolvidos como Software Libre, premiando ao mellor deles con 1.000 € e a difusión pública do mesmo.

O período de inscrición vai dende o 31 de marzo ata o 31 de outubro de 2007, podendo participar calquera estudante dunha universidade galega que defenda o seu PFC cunha nota mínima de 5.0 nalgunha das convocatorias entre marzo e outubro do presente ano. Na iniciativa, colaboran as 3 universidades galegas e Mancomun.org.

O premio será presentado durante o mes de abril nas principais facultades e escolas técnicas de Galicia:
  • Facultade de Informática (FIC) da Universidade da Coruña. Martes 10 de abril ás 12.30.
  • ETSE Telecomunicacións da Universidade de Vigo, dentro do VII Foro de Emprego. Xoves 12 de abril ás 16.00.
  • Escola Superior de Enxeñería en Informática da Universidade de Vigo (Ourense). Luns 16 de abril ás 12.00.
  • Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) da Universidade de Santiago. Xoves 26 de abril ás 12.00.

O premio de 1.000 € entregarase no salón de actos da Facultade de Informática da Coruña na terceira semana de novembro, o xurado pode decidir a concesión dun accésit de 500 €.

http://www.mancomun.org/images/stories/minimo_mozilla.gifMinimo 0.2 é compatible con Windows Mobile 5.0 e é máis pequeno e máis rápido ca súa versión predecesora, grazas aos comentarios posteados polos usuarios no blogue do proxecto.

A nova versión conta con GPS, unha interface máis clara e unha páxina de comezo que inclúe os marcapáxinas e as procuras feitas en sesións anteriores. Minimo está deseñado para ser unha alternativa ao navegador que ven con Windows Mobile e os seus creadores destacan a súa velocidade en sitios accesibles e outras características coma os separadores, máis seguridade e maior soporte para compoñentes gráficos (widgets).

Minimo soporta Google Maps, SSL/PSM, navegación espacial, pantalla completa e separadores.

Minimo emprega tecnoloxías Mozilla para ter navegador web para dispositivos móbiles con funcionalidades avanzadas. As características incluídas:

  • Rápido acceso a contidos móbiles
  • Mellor soporte para os novos estándares web (Javascript e AJAX).
  • Navegación con separadores
  • Soporte RSS
  • TLS, SSL3
  • Soporte para internacionalización
  • Execución en múltiples plataformas
  • Soporte para extensións e compoñentes visuais (Widgets)

Sendo unha versión do motor Gecko, Minimo pode ser compilado para GNU/Linux.

A Consejería de Educación de la Comunidad de Madrid presenta a nova versión da súa propia distribución, MAX, MAdrid_linuX, MAX 3.0, un sistema operativo con versións de servidor, cliente e nano, versión reducida para dispositivos USB, e con aplicacións de código aberto.
 

Púxose especial énfase en incorporar todas aquelas aplicacións necesarias para impartir os contidos de Informática incorporados nos currículums de ensino non universitario e aquelas aplicacións educativas e contornos de desenvolvemento que permitan, ao profesorado non especialista, a utilización, a elaboración e distribución de contidos educativos en formato dixital.

Esta versión da distribución, MAX 3.0, incorpora o sistema operativo e un conxunto de aplicacións didácticas, respectando ao máximo a configuración dos equipos informáticos dos posibles usuarios, así coma a súa eventual convivencia con outros sistemas xa instalados.

Coma en versións anteriores, MAX 3.0 inclúe un sistema denominado DiscTree que permite instalar aplicacións de Software Libre noutro sistema operativo como Windows XP. Para iso bastará con introducir o DVD de MAX 3.0 no lector de DVD desde Windows.

http://www.mancomun.org/images/stories/debian.png O proxecto [[Debian]] vén de anunciar a liberación oficial de Debian GNU/Linux versión 4.0, denominada etch, despois de 21 meses de desenvolvemento constante.

Esta versión introduce unha nova contorna gráfica desenvolvida para o sistema de instalación soportando scripts de carácteres compostos e linguas complexas; o sistema de instalación agora está traducido a 58 linguas por Debian GNU/Linux.

Esta versión inclúe paquetes actualizados de software, como a contorna K Desktop 3.5.5a ([[KDE]]), unha versión actualizada da contorna GNOME desktop 2.14, a contorna [[Xfce]] 4.4 desktop, o GNUstep desktop 5.2, X.Org 7.1, OpenOffice.org 2.0.4a, [[GIMP]] 2.2.13, Iceweasel (unha versión independente de Mozilla Firefox 2.0.0.3), Icedove (unha versión independente de Mozilla Thunderbird 1.5), Iceape (unha versión independente de Mozilla Seamonkey 1.0.8), PostgreSQL 8.1.8, MySQL 5.0.32, a colección de compiladores GNU 4.1.1, Linux kernel versión 2.6.18, Apache 2.2.3, Samba 3.0.24, Python 2.4.4 e 2.5, Perl 5.8.8, PHP 4.4.4 e 5.2.0, Asterisk 1.2.13, e máis de 18.000 paquetes de software listos para usar…

O sistema de administración de paquetes foi mellorado con respecto a seguridade e a eficacia. Secure APT permite a verificación da integridade dos paquetes descargados. Os índices dos paquetes actualizados non serán descargados na súa totalidade, no canto disto serán parcheados con arquivos máis pequenos que só conteñen as diferenzas con versións máis recentes.

A actualización a Debian GNU/Linux 4.0, é xestionada automaticamente pola ferramenta de administración do paquete de aptitude para a maioría de configuracións, e ata certo punto tamén pola ferramenta de administración de paquetes apt-get.

Tamén podes descargar o cd de instalación dende a ligazón Debian GNU/Linux on Cds.

Fonte:
http://www.debian.com/News/2007/20070408

O Software Libre estará presente en Docentia, salón monográfico da educación, a formación e o emprego que se celebrará en Vigo os días 12, 13 e 14 de abril. Trátase dun gran evento no que se amosan as últimas novidades e se fai unha análise  do sector a través de diversas conferencias. Mancomun.org falará sobre o Software Libre aplicado á educación nunha mesa titulada Aplicacións, recursos para a aula e iniciativas TIC.

Nesta charla Mancomun.org compartirá mesa con Tadega, Edugaliza-Hiparcos e Ardora. O Software Libre amósase unha vez máis coma unha ferramenta de futuro para o acceso dos centros de formación ás tecnoloxías de información.

Docentia celebrarase no Instituto Feiral de Vigo e estará aberto de 10 a 20 horas xoves e venres, e o sábado de 11 a 14:30.  

WikiMancomun.org vén de abrir un Wiki que servirá como punto de encontro para os proxectos de tradución e localización de software que se promoven desde o portal. Desde o Wiki poderán descargarse os programas adaptados ao galego, acceder á documentación dispoñible e intercambiar información e ideas. Esta iniciativa está aberta ademais á participación polo que calquera que queira incorporar algún novo programa ou nova documentación pode facelo rexistrándose.
 

En Galicia existen outros proxectos de localización de software de grande interese como Ciberirmandade da Fala ou Trasno.

http://www.mancomun.org/images/stories/w3c.png O Consorcio World Wide Web publica hoxe o Conxunto de Etiquetas de Internacionalización (ITS) Versión 1.0 como recomendación do W3C. O ITS 1.0 responde a varios requisitos de internacionalización, como identificar o idioma dun texto, especificar a súa dirección (como no hebreo e o árabe, nos que se escribe de dereita a esquerda; ou textos con varias direccións), proporcionar anotacións Ruby (empregadas en documentos de Asia Oriental para indicar a pronunciación ou apuntar un breve comentario), e indicar se o contido do texto debería ser traducido (un requisito importante para os desenvolvedores de ferramentas de axuda á localización).

Os creadores de contido XML poden empregar o conxunto de elementos e atributos do ITS para adaptar os esquemas e documentos ao proceso de localización e internacionalizalos para unha audiencia global. Traballar con formatos de documento é máis sinxelo, tanto si estás creando un esquema novo, como si traballas sobre outro xa establecido. As implementacións coas que conta para DTD, Esquema XML e Relax NG poden empregarse con vocabularios novos ou con outros xa existentes como XHTML, DocBook e OpenDocument.

Fonte: Oficina española do W3C  

A terceira versión candidata de Mandriva Linux 2007.1 (Mandriva Linux 2007 Spring) xa está dispoñible.

Entre os compoñentes de escritorio máis destacables están KDE 3.5.6, GNOME 2.18, OpenOffice.org 2.1, Mozilla Firefox 2.0.

Esta nova versión tamén mellora as ferramentas de configuración cunha nova ferramenta de actualización simplificada e o soporte hardware con soporte para lectores de tarxetas SD e as tarxetas gráficas de Nvidia, Intel e ATI / AMD…

Tamén foron cambiados o arranque e os temas de escritorio.

Para unha información mais detallada, visite:
http://wiki.mandriva.com/en/Releases/Mandriva/2007.1/Development/RC3

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal