Mes: mayo 2007
O equipo de Robótica do Grupo de Sistemas Intelixentes do Departamento de Electrónica e Computación da Universidade de Santiago de Compostela emprega o software libre nos seus Robots. Este equipo integrado por Carlos Regueiro, Roberto Iglesias, Miguel Rodríguez, José Luis Correa, Manuel Murientes, Alberto Bugarín, Cristina Gamallo e José Emilio Domenech empregan para as súas investigacións no campo da robótica dous robots: un Pioneer 2AT (All Terrain) de MobileRobots e un Nomad 200 de Nomadic Tech. …
O Nomad e o Pioneer dispoñen cada un dun PC embebido que leva instalado GNU/Linux como sistema operativo.
Os robots tamén poden ser controlados mediante un porto serie por un portátil externo. Un dos obxectivos do equipo de robótica é aprenderlle aos robots a tomar decisións a partir dos datos que toman os sensores que levan incorporados. Para este traballo o software libre de código aberto é fundamental, os membros do equipo de robótica programan aplicacións compiladas co compilador libre g++ de GNU, que lles permiten procesar os datos que toman os sensores.
O software que permite a comunicación co hardware, videocámaras, sensores láser, etc., que levan incorporados os robots para a toma de datos é unha aplicación libre que se pode descargar dende a páxina web de sourceforge chamada Player/Stage . As imaxes que toman o Nomad e o Pioneer son procesadas coa axuda dunha biblioteca de código aberto chamada Opencv . O obxetivo concreto da mesma é avaliar directamente cos interesados a formación dunha asociación empresarial específica en torno ao Software Libre, para designar unha comisión responsable da formación da mesma, así como definir os mecanismos de comunicación e primeiros pasos a levar a cabo.
Para coñecer a iniciativa da federación estatal, así como coñecer as motivacións e experiencias doutras asociacións xa existentes, teremos como convidado a Daniel Armendáriz -Presidente de ESLE, a asociación de empresas vascas de Software Libre-.
A orde do día inclúe:
- Presentación das motivacións e obxectivos da existencia dunha Asociación de Empresas Galegas de Software Libre.
- Presentación da experiencia de ESLE no País Vasco.
- Elección da comisión encarregada de formar a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre.
O Observatorio galego de Software Libre vén de publicar o informe da evolución da situación do Software Libre nas políticas estatais e internacionais feito pola Universidade da Coruña e o informe da evolución da situación da tecnoloxía do Software Libre feito pola Universidade de Santiago, correspondentes ao período febreiro-abril.
Estes informes son froito do traballo desenvolvido dentro do convenio asinado co CESGA para a realización de accións encamiñadas a impulsar o Software Libre na nosa comunidade, e complementa aos informes previamente publicados neste mesmo observatorio.
A Consellería de Medio Rural, a través dos servizos técnicos da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria, está buscando empresas que desenvolveran solucións TIC que se adapten ao sector agrogandeiro.
A consellería levará a cabo unha presentación das solucións que máis se adapten a este sector o día 23 de maio, en Santiago de Compostela, en emprazamento aínda por determinar, polo que sería preciso que se aportasen,no menor prazo de tempo posible, as solucións que poidan ofrecer as empresas TIC galegas para este sector, a través do correo electrónico …
A Universidad de Extremadura puxo en marcha o I Master en Administración e Desenvolvemento de Sistemas Baseados en Software Libre, dirixido a estudantes de último curso e profesionais do sector das TIC que desexen obter coñecementos avanzados de Software Libre. Segundo explicou o profesor da UEx Fernando Sánchez Figueroa, «a expansión do software libre a diferentes ámbitos é continua e está redefinindo os modelos de desenvolvemento e de negocio que existían», dixo.
Fonte: Extremaduraaldia
Ian Murdock, pai de Debian e dende Marzo Chief Operating Systems Officer de Sun anunciou nas conferencias de JavaOne o desenvolvemento da nova distribución de Linux que contará co mellor de Solaris e o mellor de Linux.
A finalidade desta idea é aproveitar as vantaxes tecnolóxicas de ámbalas dúas solucións. Por exemplo o intérprete de comandos, o terminal de Linux, é moito máis potente co de Solaris ou o sistema de xestión de paquetes co que contan Debian ou Ubuntu non está dispoñible en Solaris.
Por outra banda Solaris aporta características avanzadas propias de grandes implantacións como Dtrace ou o sistema de ficheiros ZFS, que din formará parte de MacOS 10.5 Leopard, e que non están accesibles en Linux.
Fonte: http://es.theinquirer.net/2007/05/10/indiana_la_distro_de_linux_de.html
Ábrese a 2ª convocatoria para que as entidades sen ánimo de lucro soliciten material informático en desuso pola Universidade de Vigo, dentro do marco do proxecto GRUVI.
Todo o material doado estará equipado con programas de software libre (sistema operativo, conexión a Internet e aplicacións de ofimática), para o que se disporá de asesoramento no referente á instalación e funcionamento destes programas, por parte das Asociacións da Universidade de Vigo GALPON (Grupo de Amigos de Linux da Provincia de Pontevedra) e GULO (Grupo de Usuarios de Linux de Ourense).
GRUVI é o proxecto de voluntariado da UVigo que recupera equipos informáticos para doalos con Software Libre a entidades sociais do contorno (asociacións, fundacións, ONG, etc.), a iniciativa e con coordinación da OSIX (Oficina de Servizos Integrados á Xuventude) que depende da Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes.
Xorde como resposta á acumulación de residuos informáticos, aproveitables en moitos casos, da nosa Universidade. Tirar ordenadores e outros compoñentes, a parte de supoñer un problema ecolóxico, é tamén unha grande inxustiza social, xa que diferentes colectivos están ás portas de perder o “tren tecnolóxico” e vense afastados da sociedade da información, provocando unha situación que se coñece como fenda dixital.
No proxecto GRUVI colaboran a OSIX, a OMA (Oficina de Medio Ambiente) e a Asociación GALPon (Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra), ademais este ano únese a Asociación GULO (Grupo de Usuarios de Linux de Ourense)
Máis información:
OSIX –Área de Voluntariado e Participación
Campus de Vigo
Edificio de Deportes, Campus de Lagoas-Marcosende. 36310–Vigo Tlfs.: 986 814060/4035. Fax: 986-814061. Enderezo electrónico: osix@uvigo.es
E.U.E. Empresariais. R/ Conde de Torrecedeira, 105. 36208–Vigo Tel.: 986 814060/3995. Fax: 986 813994. Enderezo electrónico: osix-to@uvigo.es
Campus de Ourense
Edificio Administrativo. As Lagoas. 32004-Ourense. Tfno: 988 387171. Fax: 988 387253. Enderezo electrónico: osix-ou@uvigo.es
Campus de Pontevedra
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación. A Xunqueira, s/n. 36005 – Pontevedra. Tfno: 986 801912 / 2034. Fax: 986 801997. Enderezo electrónico: osix-po@uvigo.es
Programa:
- 17.45 Presentación Ramón Jesús Cortés Yañez – Delegado Provincial en Lugo dá Consellería de Innovación e Industria
- 18.00 Relatorio: Softwae libre, un reto para a PEME Alejandro Campo Saavedra – Xerente de SCA Informática SL
- 18.45 Demo: OpenOffice vs Microsoft Office, máis parecidos que diferentes Víctor González Castro – Dinamizador Tecnolóxico dá Sociedade dá Información
- 19.15 Pausa
- 19.30 Demo: TPV integrada baixo Software Libre Juan Anxo Ferreiro Lage – Imagos Solucións Tecnolóxicas
- 20:00 Demo: Sistema Operativo Trisquel Empresas, un GNU/Linux pensado para a túa empresaRubén Rodríguez Pérez – Director Proxecto Trisquel
- 20.30 Relatorio: Directrices migratorias de Microsoft a GNU/Linux Roberto Brenlla – C.T.I. Tegnix SL
- 21.30 Fin dá xornada
A Consellería de Traballo concederá axudas a empresas que teñan a consideración de Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, segundo publicou o Diario Oficial de Galicia (DOG) . Poderán beneficiarse das subvencións as compañías que inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde a súa cualificación como proxecto empresarial IEBT.
Estas axudas estarán destinadas á creación de emprego estable, á contratación de persoal técnico de alta cualificación, apoio da función xerencial, ó financiamento e ó comezo e posta en marcha da actividade.
Para o primeiro deses apartados, o departamento que dirixe Ricardo Varela achegará unha contía de 6.300 euros, 6.600 se o posto o ocupa unha persoa desempregada con título universitario e, se esta é muller, o importe poderá alcanzar os 7.200 euros. No referente ó segundo punto, a Consellería concederalles ás entidades unha subvención do 50% dos custos laborais totais, cun límite máximo de 30.000 euros.
A contía do incentivo para o apoio á función de xerencia será de ata o 75% do custo dos servizos recibidos, cun importe máximo de 12.000 euros. As subvencións financeiras non poderán superar os 6.300 euros por emprego estable creado. A Xunta poderá axudar con ata 54.000 euros as entidades que creen 21 ou máis postos de traballo.
Fonte: El Correo Gallego
Apache Harmony ven de anunciar unha versión estable do seu proxecto, a “5.0 M1”. O código, que previamente foi publicado como “snapshot r533500”, experimentou a proba adicional despois dun período da conxelación no seu desenvolvemento. Harmony 5.0 M1 de Apache representa a versión máis estable ata o momento e recoméndanse descargar esta versión para probar o runtime e o kit de desenvolvemento, e comunicar as súas experiencias na lista de Harmony.
O obxectivo do proxecto é ter un comunidade interesada en contornos de execución baixo plataformas java coa creación de:
- Unha implementación independente e compatible do Java SE 5 JDK baixo licenza Apache License v2
- Un contorno de execución modular (runtime) desenvolvido pola comunidade (bibliotecas de clases e da máquina virtual VM).
A partir do traballo feito na localización do OpenOffice.org, do Firefox, Thunderbird, Gnomr Pidgim… foise desenvolvendo un glosario de termos tecnolóxicos en inglés e a súa correspondente tradución ao galego segundo as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego publicadas pola Real Academia Galega en decembro de 2003 (décimo oitava edición).
Esta ferramenta complementa o Corpus de referencia do OpenOffice.org e servirá para facilitar o traballo de manter a coherencia nas traducións de novas aplicacións ou consultar dun xeito rápido as dúbidas que se poidan presentar na utilización de terminoloxía tecnolóxica no noso idioma.
Este glosario esta dispoñible no apartado de Ferramentas Lingüísticas do noso wiki para a súa consulta en liña así como para facilitar a inclusión de novos termos e a súa discusión. Ademais está tamén dispoñible na sección de Descargas , no apartado Ferramentas Lingüísticas.
Mancomun.org, a iniciativa da Dirección Xeral de Promoción e Sociedade da Información (DXPSI) para promover e difundir o Software Libre, cumpre un ano como axente catalizador dos diferentes proxectos sobre Software Libre existentes en Galicia.

Coincidindo coa existencia desta iniciativa os eventos de difusión celebrados desde hai un ano, máis de 90, duplicaron aos que tiveron lugar no bienio anterior. Durante este ano de actividade de Mancomun.org a PEME, o ensino non universitario e a administración local tomaron conciencia da existencia dunha alternativa tecnolóxica máis innovadora, de menor custe e cunha maior capacidade de adaptación ás necesidades dos usuarios.
Desde Mancomun.org queremos agradecer a todas as persoas e institucións que colaboraron con nós neste ano polo seu traballo e adicación que contribuíron ao éxito deste proxecto e conforman a comunidade galega do Software Libre.
O proxecto da DXPSI orienta a súa actividade en catro direccións principais: conseguir desenvolver unha industria local de software competitiva, aumentar a produtividade das PEME a través de tecnoloxías innovadoras, adaptables e gratuítas, introducir as TIC nos centros de ensino e conseguir un importante aforro nos custes tecnolóxicos da administración garantindo ademais a independencia tecnolóxica e o consumo responsable por parte do sector público.
Mancomun.org publicou no seu portal máis de 900 noticias converténdose nun punto de encontro da comunidade do Software Libre en todo o estado. Tendeu tamén pontes de colaboración coas tres universidades para o desenvolvemento de software de mellora da accesibilidade e de xestión da PEME e cos colectivos de promoción do GNU/Linux para organizar uns 40 actos ata o final do ano. Mancomun.org ofrece asesoramento a todo tipo de iniciativas sociais, educativas e empresariais que empreguen Software Libre. A Forxa, respositorio para os proxectos libres galegos, forma tamén parte da iniciativa.
Software en galego
Mancomun.org tivo tamén unha actividade importante na adaptación de software ao galego. Por unha banda coordinuouse a localización de toda unha serie de produtos que permiten dispoñer dun computador totalmente libre e en galego incluíndo o escritorio Gnome, o conxunto de aplicacións ofimáticas OpenOffice.org (á que tiveron acceso unhas 45.000 persoas a través do portal ou dos CD repartidos pola DXPSI), o navegador web Firefox, o xestor de correo Thunderbird ou o programa de mensaxería instantánea Pidgin.
Por outra traballouse para a consolidación dunha comunidade tradutora que dinamizase a localización de software a través da ferramenta Entrans conseguindo grandes resultados como a tradución do interface do OpenOffice.org 2.2, o Firefox 2.0 ou unha serie de aplicacións educativas como Gcompris ou o Freemind. Co obxectivo de consolidar o Software Libre en galego na educación repartíronse 1.500 OpenOffice.org por todos os centros educativos de ensino non universitario e impartíronse cursos a docentes sobre o Entrans e o Software Libre.
A PEME é outro dos obxectivos estratéxicos de Mancomun.org. Actualmente trabállase en proporcionar ás empresas ferramentas informáticas en galego (ERP, programas de contabilidade, TPV…) que aumenten a súa produtividade sen supoñer un gran custe.
A Iniciativa Galega polo Software Libre encaixan tanto no Pacto de Goberno da Xunta de Galicia como o Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI) que recollen a necesidade de que a administración se axeite aos estándares abertos e de promover o código aberto entre os cidadáns.
O proxecto Gentoo anunciou a primeira liberación do ano, Gentoo Linux 2007.0, denominada «Secret Sauce». Esta nova versión ven cun CD que pode ser live o instalable.
Entre as novas características conta con:
-
Linux Kernel 2.6.19.
-
Os escritorios GNOME 2.16.2, KDE 3.5.5 e Xfce 4.4
-
Navegador web Firefox 2.0.0.3.
-
A suite ofimática OpenOffice.org 2.1.0.
-
Actualización a glibc 2.5 para a versión x86.
-
Actualización das librerías de emulación de 32-bit para a versión amd64-bit, o que mellora o soporte para moitas aplicacións de código cerrado e plugins de navegador.
Podes descargar esta nova versión dende o enlace web http://www.gentoo.org/main/en/where.xml.
Fonte: http://www.gentoo.org/
Ericsson fixo un comunicado dunha alianza con Sun MicroSystems para o desenvolvemento dun servidor de aplicacións de multimedia baseado na tecnoloxía Java con código aberto.
A colaboración inclúe plans para desenvolver un programa de soporte para a comunidade de programadores, o programa de soporte ten unha variedade de ferramentas e habilidades para apoiar ás comunidades de programadores, así como a posibilidade de que proben as súas aplicacións nunha rede en directo baseada en IMS.
Fonte: Reuters
Openbravo está a planificar o seu futuro no eido dos ERP e para elo fai publica a súa oferta de postos de traballo. Na procura dos mellores profesionais, Openbravo ofrece un completo plan de carreira en función da valía de cada quen cun sistema retributivo moi atractivo e unha cultura corporativa xoven que promove a innovación.
Os postos están repartidos entre as seguintes categorías: enxeñería, consultoría, servizos profesionais (professional services), xestión de finanzas, xestión de asociados (Partners) e mercadotecnia (marketing). Na web de Openbravo pódense atopar os perfís de cada posto.
