Mancomún

A Fundación Orange vén de lanzar o número 7 da serie “Cuadernos de la Sociedad de la Información”, que, baixo o título “Discapacidad y eAccesibilidad”, analiza as barreiras e as oportunidades que as Tecnoloxías da Información e a Comunicación ofrecen aos máis de tres millóns e medio de persoas con diversidade funcional que viven en España.

O estudio revela as principais cifras de uso dos recursos tecnolóxicos máis importantes desde a perspectiva dos distintos tipos de diversidade funcional (visual, auditiva, física e intelectual), á vez que aporta unha serie de solucións para achegarse ás TIC. Do mesmo modo, realiza un repaso sobre as distintas estratexias que se poden empregar para que a tecnoloxía sexa accesible para todos, facendo especial fincapé na aplicación paradigmática da Sociedade da Información: Internet.

O caderno, que pode descargarse gratuitamente en www.fundacionorange.es, culmina cunha síntese das medidas de formación, lexislativas, económicas e de innovación, entre outras, que poden ser adoptadas para que as TIC se convertan nunha verdadeira ferramenta de integración e normalización para este colectivo.

Ciberirmandade da FalaA Ciberirmandade da Fala abre a súa web a todos aqueles que teñan interese en publicar novas sobre diversos temas como lingua, política, ecoloxía, cultura… Entre os obxectivos deste colectivo está ofrecer ferramentas informáticas libres en galego para o que integraron no seu portal a ferramenta de tradución colaborativa TraduCIF.
 

A comunidade tradutora da Ciberirmandade da Fala fixo importantes achegas como a adaptación ao galego do Joomla!  ou  PhpBB.  A posibilidade de introdución de noticias por parte dos internautas forma parte da renovación da web deste colectivo.

As «Liberation Fonts» son un paquete de fontes que acaban de ser liberadas por [[Red Hat]], e que están destinadas a substituír ás fontes propietarias de Microsoft.

O motivo da creación destas fontes foi o problema de que existe un paquete de fontes, amplamente utilizadas; pero que pertencen a Microsoft.

Moitos documentos empregan ditas fontes, que ao ser abertos, con OpenOffice.org por exemplo, móstranse cun aspecto lixeiramente diferente e «movido» ao que mostran por exemplo en Microsoft Office…

As fontes foron liberadas durante o Red Hat Summit. Existen 3 conxuntos de fontes: Sans (substitúe a Arial, Albany, Helvetica, Nimbus Sans L e Bitstream Vera Sans), Serif (substitúe a Times New Roman, Thorndale, Nimbus Roman e Bitstream Vera Serif) e Mono (Courier New, Cumberland, Courier, Nimbus Mono L e Bitstream Vera Sans Mono).

Para a xente que usa Red Hat Enterprise Linux e/ou Fedora e queira estes paquetes en formato [[RPM]] para instalar, poden obtelos a través do servizo RHN.

Para outros sistemas operativos ou para a xente que queira as fontes no seu formato nativo (ttf), poden obtelas dende aquí.

O novo paquete de fontes mantén o tamaño e proporcións das fontes privativas evitando desta forma que os documentos se vexan de forma distinta ao ser abertos.

Nota de prensa de Red Hat

Aínda hai grandes empresas que seguen mantendo sobre os seus principios básicos aqueles que lles fixeron seguir o camiño correcto e que lles fixeron chegar lonxe ata o día de hoxe. RedHat é un bo exemplo xa que, no acordo entre ela e Microsoft, quere deixar claro que sempre hai que traballar sobre código aberto.

Ata tal punto chegou Paul Cormier, vicepresidente executivo de RedHat, que declarou que non se asinará nada con Microsoft a non ser que se comprometa a traballar con API abertos. Así de claros son e así de xustos, por así dicilo. E é que, segundo a sua filosofía, traballar en API pechados non é interoperabilidade, que é o que procurar ambas as empresas con este contrato.

Moi valente foi RedHat que, ao manter os seus principios, hoxe en día segue sendo o espírito máis puro do software libre.

Fonte:

OpenOffice.orgXa podes descargar OpenOffice.org 2.2 totalmente en galego desde o portal de Mancomun.org. Está dispoñible para GNU/Linux, Windows e Mac OS (tanto para Power PC coma para Intel) na sección de descargas. Se o preferides tamén podedes descargar a imaxe ISO do CD que contén OpenOffice.org para todas as plataformas ou as versións anteriores de OpenOffice.org desde a 2.0.
 
 A 2.2, a diferencia das versións anteriores, non ten incorporado por defecto o corrector polo que teredes que descargar o ficheiro gl_ES-pack.zip desde o portal de Mancomun.org. Despois poderase agregar o dicionario na opción Ficheiro>Asistentes>Instalar novos dicionarios. O  novo dicionario incorpora melloras implementadas polo equipo de Mancomun.org.

 
A versión galega de OpenOffice.org será unha das poucas que conte cun corrector gramatical do que xa se están a realizar as últimas probas antes do seu lanzamento. Chamarase Golfiño e tes máis información sobre el no Wiki de Mancomun.org.
 
OpenOffice.org coa interface e a axuda en galego está tamén dispoñible nos repositorios oficiais das diferentes distribucións de GNU/Linux. 
O xoves e o venres pasados tiveron lugar as primeiras xornadas Libremeeting nunha residencia universitaria da serra madrileña. Organizáronse diversos obradoiros e conferencias que se centraban na reflexión arredor do concepto libre nos diferentes ámbitos, desde a programación á arte. A asistencia reduciuse a un terzo da xente preinscrita. Contouse coa presenza de Richard Stallman e de Susan George, presidenta do Observatorio da Mundialización, filósofa e analista política (tamén vicepresidenta de ATTAC Francia).

O evento estivo patrocinado por elpais.com, que tamén cubriu o evento. Tamén acudiron personaxes da política. Destaca a exposición de Ciarán O’Riordan, de FSF Europe, sobre o proceso do borrador da GPLv3 e a de Georg Greve, presidente de FSFE. Houbo poucas novidades a excepción dunha maior énfase nunha «estratexia prohibicionista» por parte de FSF/GNU, en que incidiron tanto RMS como Marchesi (de GNU-es): «O obxectivo final do software libre é que o software propietario se acabe prohibindo». Marchesi tamén formulou que talvez esteamos nunha fase nova onde se requira unha maior profesionalización e onde sexan máis importantes os que denominou «hackers de empresa», avogados, webmasters ou xente de mercadotecnia, é dicir, onde o mercado adopte o Software Libre co mesmo entusiasmo que o que o leva facendo desde hai anos a comunidade de usuarios e de hackers.

Fontes: El País  e Libremeeting

O goberno da cidade de Berlín rexeitou o 3 de maio o plan do Partido dos Verdes para migrar todos os ordenadores a Software Libre. O voceiro do partido, Olaf Reimann, dixo «A cidade perdeu a oportunidade para cambiar a sua área de tecnoloxías da información e fuxir da dependencia de sempre». A maioría dos lexisladores de Berlín queren continuar a actual mistura de software libre e software propietario.

 
Un sistema misturado funciona mellor, dixeron os delegados. A completa migración podería ser tamén demasiado custosa, dixeron, acorde ós novos informes. O Partido dos Verdes basea os seus plans sobre un estudo encargado por eles dos efectos do emprego de software libre no sector público da cidade de Berlín. O devandito informe, elaborado polo profesor Bernd Lutterbeck da Universidade Técnica de Berlín, afirma que o goberno local podería reducir á metade os seus custos mediante a migración ao Software Libre. Segundo a Corporación Internacional de Estatística, a administración berlinesa emprega preto de 60.000 ordenadores e gasta uns 250 millóns de euros ó ano en tecnoloxías da información.
 
Fonte: IDABC
Convocatoria de subvencións correspondentes aos programas sectoriais de investigación aplicada, PEME I+D e I+D suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite) e se procede á súa convocatoria para o ano 2007.

Estes programas están dirixidos ás seguintes tecnoloxías sectoriais:

-Medio rural (MRU).
-Medio mariño (MMA).
-Recursos enerxéticos e mineiros (REM).
-Medio natural e desenvolvemento sostible (MDS).
-Biomedicina e ciencias da saúde (CSA).
-Tecnoloxías da alimentación (TAL).
-Tecnoloxías dos materiais e da construción (TMT).
-Deseño e produción industrial:
Modalidade A. Deseño e produción industrial (DPI).
Modalidade B. Deseño e produción na automoción (DPA).
-Tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC).
-Sociedade da información (SIN).
-Sociedade e cultura (SEC).
-Turismo (TUR).

Fonte: DOG

AgnixO día 17 de maio, co gallo da celebración das Letras Galegas e o Día Internacional de Internet, AGNIX desenvolverá un relatorio sobre a lingua galega e internet. O relatorio «Século XXI: a lingua galega na internet» está organizado polo servizo de normalización lingüística do Concello e colabora, ademais de AGNIX, a Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Mancomun.org e a rede de dinamización da DXPISI.
 

O evento desenvolverase no salón de plenos do Concello ás 19:30 horas e a continuación terá lugar un acto poético musical. No relatorio participarán Miguel Visconti (Dinamizador da Sociedade da Información no Concello do Porriño), e Manuel Hermo por parte de AGNIX. Ao rematar o relatorio haberá unha mesa debate.

O obxectivo do relatorio é salientar a importancia da aparición de contidos en galego na Rede como medio para espallar a lingua e cultura galega amosando os traballos que tanto dende a administración como dende as asociacións se realizan neste eido, e como o Software Libre é unha ferramenta indispensable para este cometido.

AMD distribuirá, nun curto espazo de tempo, drivers gráficos abertos para as súas tarxetas ATI. Así o confirmou Henri Richard, vicepresidente executivo de ventas e marketing, durante un relatorio no Red Hat Summit.

Así mesmo tamén prometeu que AMD «vai a ser máis proactiva en tentar cambiar a maneira na que colaboran coa comunidade de Linux»…

Agora a pregunta é para cando será isto, pregunta que Henri Richard non respondeu.

 

Podes ver a nova completa na súa fonte orixinal:
http://enterpriselinuxlog.blogs.techtarget.com/

http://www.mancomun.org/images/stories/galpon_animales_small.png O Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra demanda profesores que desexen dar cursos baseados en Software Libre dunha duración estimada de 50h. O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo día 21 de maio do 2007.

Os cursos serán desenvolvidos entre outubro e novembro deste mesmo ano na provincia de Pontevedra, principalmente en Vigo.

Máis información en http://www.galpon.org/drupal/node/20

Web de GALPon: www.galpon.org

EnvyÉ un script desenvolvido en [[Python]] e PyGTK que automaticamente detecta e instala controladores propietarios para tarxetas de vídeo ATI e NVIDIA en Ubuntu.

Alberto Milone (seu creador) publicou unha nova versión da súa aplicación Envy.
En concreto a versión 0.9.3-0ubuntu2, lanzada o 12 de maio do 2007.

Características:

  • Detecta automaticamente o modelo da túa tarxeta (ATI ou VIDIA). Inda que tamén se pode facer unha instalación manual.

  • Descargase a versión correcta do controlador propietario dende as webs de ATI e NVIDIA.

  • Resolve as dependencias.

  • É posible instalar / desinstalar o controlador.

  • Configura o teu xorg.conf acorde coas especificacións do sistema.

  • Reinicia o servidor das X se ti o desexas (só dispoñible na interface de texto).

  • Manexa as dependencias ( compiladores, OpenGL, etc) segundo versión de Kernel e Sistema Operativo requirido para construír ese módulo.

Mancomun.org estivo presente cun stand propio no gran evento da industria cultural galega Culturgal que tivo lugar en Pontevedra do 10 ao 13 de maio. A feira reuniu a editores, produtoras audiovisuais, libreiros e institucións públicas  co obxectivo común de promover a cultura galega. Mancomun.org promoveu o Software Libre como opción tecnolóxica para que o galego teña presenza na sociedade da información. Ferramentas coma OpenOffice.org en galego con corrector ortográfico tiveron unha grande aceptación entre os asistentes.
 

Proporcionouse ademais información do programa +Internet+Galego+Futuro da Dirección Xeral de Promoción Industrial da Sociedade da Información así como das diversas axudas que a dirección xeral ten para promover as TIC en empresas e colectivos cidadáns.

http://www.mancomun.org/images/stories/concurso_swl.png O pasado venres 11 de maio concedéronse os premios do I Concurso Universitario de Software Libre. O Concurso foi unha iniciativa organizada dende a Universidade de Sevilla, para este curso participaron máis de 130 estudantes das diferentes universidades españolas que desenvolveron arredor de 100 proxectos de Software Libre.

Lista cos seguintes resultados por categoría:

Sistemas

  • Primeiro premio: Porting do GCC á arquitectura do microcontrolador PIC16F877 de Pedro J. Ramírez Gutiérrez da Universidade de Málaga. [Blogue] [Forxa]

  • Premio finalista: Sharp Knocking de Miguel A. Pérez Valencia e Luis Román Gutiérrez da Universidade de Sevilla. [Blogue] [Forxa]

Lecer e educación

  • Primeiro premio: SubDownloader de Iván García Cortijo da Universidade de Valencia. [Blogue] [Forxa]

  • Premio finalista: QtOctave de Pedro L. Lucas Rosado da UNED. [Blogue] [Forxa]

Web

  • Primeiro premio: SWAML, Semantic Web Archive of Mailing Lists de Sergio Fernández López da Universidade de Oviedo. [Blogue] [Forxa]

  • Premio finalista: WebDevStudio – Contorno de Desenvolvemento Integrado Online de Israel Ortiz Flores da Universidade Politécnica de Madrid. [Blogue] [Forxa]

Distribucións

  • Primeiro premio: TCOS Clientes lixeiros sobre Debian de Mario Izquierdo Rodríguez da Universidade de Valladolid. [Blogue] [Forxa]

Intel acaba de presentar LinuxPowerTop.org,  unha web adicada a recompilar consellos, trucos e información para reducir o consumo de enerxía en computadoras cos seus microprocesadores e correndo GNU/Linux. Ao mesmo tempo que se presentou o sitio web, Intel tamén liberou o seu software PowerTOP que axuda a descubrir que aplicación consume máis enerxía da necesaria mentres o portátil está en estado inactivo.

O desenvolvedor de Linux e traballador de Intel Keith Packard, comentou que empregando PowerTop foi capaz de aumentar a duración da batería do seu notebook Toshiba de 4 a 7 horas.

Fonte: http://www.vivalinux.com.ar/hard/linux-power-top.html

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal