A Fundación Orange vén de lanzar o número 7 da serie “Cuadernos de la Sociedad de la Información”, que, baixo o título “Discapacidad y eAccesibilidad”, analiza as barreiras e as oportunidades que as Tecnoloxías da Información e a Comunicación ofrecen aos máis de tres millóns e medio de persoas con diversidade funcional que viven en España.
O caderno, que pode descargarse gratuitamente en www.fundacionorange.es, culmina cunha síntese das medidas de formación, lexislativas, económicas e de innovación, entre outras, que poden ser adoptadas para que as TIC se convertan nunha verdadeira ferramenta de integración e normalización para este colectivo.