A Fundación Orange analiza o acceso das persoas con discapacidade ás TIC

A Fundación Orange vén de lanzar o número 7 da serie “Cuadernos de la Sociedad de la Información”, que, baixo o título “Discapacidad y eAccesibilidad”, analiza as barreiras e as oportunidades que as Tecnoloxías da Información e a Comunicación ofrecen aos máis de tres millóns e medio de persoas con diversidade funcional que viven en España.

O estudio revela as principais cifras de uso dos recursos tecnolóxicos máis importantes desde a perspectiva dos distintos tipos de diversidade funcional (visual, auditiva, física e intelectual), á vez que aporta unha serie de solucións para achegarse ás TIC. Do mesmo modo, realiza un repaso sobre as distintas estratexias que se poden empregar para que a tecnoloxía sexa accesible para todos, facendo especial fincapé na aplicación paradigmática da Sociedade da Información: Internet.

O caderno, que pode descargarse gratuitamente en www.fundacionorange.es, culmina cunha síntese das medidas de formación, lexislativas, económicas e de innovación, entre outras, que poden ser adoptadas para que as TIC se convertan nunha verdadeira ferramenta de integración e normalización para este colectivo.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal