Mes: mayo 2007
Aproximadamente unha semana despois de que Dell anunciase a súa intención de vender ordenadores coa version 7.04 de Ubuntu Linux preinstalado, Microsoft informa que Dell uniuse ó acordo de interoperabilidade Linux-Windows que mantiña con Novell.
De esta forma, Dell convírtese no primeiro gran fabricante que se une a esta colaboración entre Microsoft e Novell. Este acordo parece que suporá un primeiro paso importante cara a mellora dos servizos que se ofrecen ós usuarios das empresas que usan ámbolos dous sistemas operativos, Linux e Windows. Microsoft afirma que segundo o último acordo, Dell vai adquirir certificados SuSe Linux Enterprise Server. A maiores, Microsoft expón que Dell establecerá un programa de marketing e servizos para que os usuarios de Linux emigren á distribución SuSe Linux.
Fonte: La flecha.net
FON, a gran comunidade WiFi creada por Martín Varsavsky, deixará de empregar software de Microsoft e comezará a utilizar a distribución GNU/Linux Ubuntu. Varsavsky explica as razóns desta migración no seu blogue entre as que salienta a seguridade e confianza que proporciona traballar con GNU/Linux e o menor custe tanto en licenzas como en equipos.
Pidgin é un Software Libre, protexido pola GPL de GNU. Foi escrito orixinalmente por Mark Spencer para sistemas tipo Unix, pero agora funciona sobre moitas plataformas, incluíndo GNU/Linux, Microsoft Windows , Mac OS X, SkyOS e o sistema de Trolltech para PDA, Qtopia.
Hai tamén unha versión portátil de Gaim que se pode transportar e usar directamente dende unha memoria USB sen necesidade de instalala no computador.
O 6 de abril de 2007, o equipo de desenvolvemento de Gaim anunciou os resultados do seu acordo con AOL, no que se contemplaban varios cambios: Gaim pasou a ser Pidgin, Libgaim pasou a chamarse libpurple, e gaim-text Finch.
Pidgin 2.0 todavía non soporta chat por voz ou video,
Descargar Pidgin
Fonte: hypersys.com.ar
O aforo previsto é de 25 prazas e a inscrición é gratuíta a través dun correo a cambadostk@gmail.com ou no teléfono 986 52 60 13.
Entre os días 7 e 8 de Maio terá lugar en Buenos Aires o IV Congreso Rexional de ERP, o evento das solucións integrais de xestión máis importante do ano. OpenXpertya, estará presente nesta ocasión como única referencia de Software Libre entre outras solucións de software de xestión de tipo integramente comercial.
OpenXpertya é unha solución integral para a empresa que engloba ERP e CRM, con integración de servizos en liña de B2B ou B2C (en función do tipo de cliente final) e incluso B2E (servizos internos) e con soporte de exportación e datos ao estandard EDI (intercambio electrónico de información entre empresa: facturas, albarás, pedidos: EDIFACT, estándar mundial da ONU) e con posibilidade de traballar con cubos multidimensionais OLAP (análise exhaustivo de resultados). Todo elo adaptado a nosa lexislación, tanto fiscal, como mercantil, civil, contable, etc.
Administracións locais de Canarias, Extremadura e Valencia colaborarán para o desenvolvemento de sistemas de información xeográfica libres aproveitando a experiencia do gvSIG Valenciano. GvSIG é unha ferramenta libre orientada ao manexo de información xeográfica pensada para o usuario final financiada pola administración autonómica valenciana. Responsables informáticos da Junta de Extremadura afirmaron que o gvSIG é un candidato firme para a súa plataforma de información xeográfica na parte de cliente. Extremadura xa levou a cabo varios algúns desenvolvementos baseados en gvSIG.
Pola súa banda o Cabildo Insular de la Palma usa gvSIG como ferramenta no lado de cliente para o seu portal de información xeográfico Geoportal. Nel pódense consultar fotografías aéreas -actuais e históricas-, rede de estradas, guía de recursos, topónimos, áreas protexidas, mapa xeolóxico, mapas climáticos, mapas hidrolóxicos, mapas forestais, mapas de vexetación, mapas de cultivos e imaxes de satélite entre outros.
O cliente WEB, desenvolvido íntegramente con Software Libre, permite consultar a cartografía dos servizos WMS (Web Map Services) implantados propios da IDE do Cabildo de la Palma, e doutros servizos WMS existentes e públicos en Internet.
De acordo coas noticias, o proxecto piloto está probando funcionalidades que só poden ser totalmente operativas con «Microsoft Internet Explorer», «Isto resulta interesante porque o parlamento alemán recomenda o navegador de código aberto Mozilla Firefox por motivos de seguranza» remarca Heise.
Un portavoz do parlamento rexeitou a idea de que estivesen a separar da estratexia do software libre e aclarou que o «limitado» proxecto piloto estaba a usar Microsoft Exchange; alén diso, están a tomar as medidas axeitadas.
Aínda así, choven as críticas ao proxecto, pois, como é natural, non se pode entender porque un importante proxecto piloto non segue a liña oficial (e así o fixo notar Geese ós medios). Segundo as declaracións de Heise, algúns membros da asociación están a considerar emprender accións legais.
Despois de dous anos de desenvolvemento o proxecto Ardour anunciou o lanzamento da versión 2.0. Ardour é unha estación de traballo de son dixital cuxas expectativas céntranse en satisfacer as necesidades dos usuarios profesionais. As súas características inclúen gravación multicanle, edición non destrutiva con undo/redo, un número ilimitado tracks/busses/plugins, sincronización timecode e control hardware dende vistas coma o Mackie Control Universal.
As novas características son un contorno de usuario mellorado, capacidades de gravación destrutiva, undo/redo mediante programas de arrinque/apagado, soporte estable para VST, soporte para ficheiros nativos de enteiros de 24 bit e algunhas cousas máis…
A versión 2.1 espérase agora para dentro duns meses.
A historia do «porting» a MacOSX é basicamente tan vella coma o OpenOffice.org en si mesmo. Practicamente dende o comezo houbo un plan para ter a versión nativa para Mac, sen embargo como primeiro paso a comunidade decidiu traballar nun port X11 como solución rápida temporal. E pasado o tempo esta solución converteuse na única.
Agora Sun está a xuntar esforzos para ter o OpenOffice.org para Mac/Aqua dado que Apple ten unha cota de mercado significativa nos contornos de escritorio e hai unha comunidade activa que amosa o seu interese.
Celtx é unha interesante ferramenta libre que permite xestionar todo o proceso de preprodución dunha película, curtametraxe, videoclip ou calquera outra obra audiovisual. Está pensado para que produtores e guionistas poidan realizar a planificación, o guión, o storyboard de xeito conxunto a través da rede e publicalo nunha web pública ou privada coa fin de promover o proxecto e compartir ideas. Nunha mensaxe enviada ás listas de correo o día 1 de maio anunciouse o cesamento de operacións de Progeny Linux Systems. Esta empresa foi fundada no seu momento por Ian Murdock (fundador de Debian) que hoxe é xefe de estratexias de Sistemas Operativos de Sun Microystems.
Na páxina de progeny pódese atopar o seguinte texto: «We are sorry to inform you that Progeny Linux Systems, Inc. ceased operations April 30, 2007. Questions may be directed to …:». Na súa longa vida, Progeny contribuíu con código e soporte a proxectos como APT, dpkg, Componentized Linux, o instalador Anaconda para Debian e foi un firme impulsor do LSB (Linux Standard Base)…
Ademais, parece que están á venda todos os dominios relacionados «Offers to purchase the progeny.com, progenylinux.com, progenylinux.org, progenylinux.net, componentizedlinux.com, componentizedlinux.net, componentizedlinux.org, or globalinuxsupport.com domain names should be made …».
Ligazóns de interese:
http://debian.barrapunto.com/
Ligazón á noticia orixinal:
Web oficial de progeny
Cada vez máis empresas escollen Software Libre para os seus servizos e a iniciativa de Europages non é a única; porén, sempre convén salientar que empresas importantes e con rigorosos estudos de viabilidade escollen, cada vez máis, Software Libre.
Europages é unha guía a nivel europeo de teléfonos de empresas (páxinas amarelas) que ten, entre os seus datos, máis de 700 000 empresas de todos os sectores de 35 países. A súa web está dispoñible en máis de 26 idiomas, consúltase en 218 países e, ademais, en 2006 fixéronse máis de 122 millóns de buscas. O tráfico de Europages increméntase de modo exponencial e para acometer cambios que lle leven a soportar este incremento, elixiron un MySQL replicado en modo master/slave…
Os tres maiores editores de páxinas amarelas participan en Europages: SEAT Pagine Gialle (Turín, Italia), TPI (Telefónica – Madrid, España) eDeTeMedien (Deutsche Telekom – Frankfurt, Alemaña); isto, sen dúbida, pode ser un avance para que estas empresas coñezan aínda máis a fondo o Software Libre.
Ligazóns de interese:
Ligazón á nota de prensa en mysql.com – http://www.mysql.com/news-and-events/press-release/release_2007_07.html
Páxina oficial de mysql – http://www.mysql.com
Páxina da empresa europages – http://www.europages.com
