
A
IDABC, organismo europeo encargado de velar pola administración electrónica, anunciou a creación dunha nova versión da licenza libre
EUPL. A EUPL 1.0 sucede á 0.2 e é perfectamente compatible coa GPL. Francisco García Morán, responsable da IDABC, salientou que esta nova versión dá máis garantías de libre distribución aos usuarios e que terá edicións en todos os idiomas da Unión Europea.
García Morán reafirmou ademais a súa aposta pola liberdade do software e que a Unión conta con empresas asesoras expertas nestes temas para garantir a legalidade deste tipo de software.