Curso de contabilidade no telecentro de O Grove

Rede de DinamizaciónO equipo da Rede de Dinamización da Sociedade da Información na comarca do Salnés (CCSalnés, Concello de Sanxenxo e Asociación de Empresarios do Salnés) vén de xestionar un Curso da Rede de Dinamización en colaboración con Mancomun.org. O curso impartirase no telecentro de O Grove do 5 ao 20 de xullo en horario de 20:30 a 22:30. Todas as prazas están cubertas.

O curso empregará ferramentas de Software Libre como un xeito de mellorar os parámetros produtivos e sociais das empresas galegas. Os organizadores agradecen a colaboración prestada polas persoas responsables da «Casa Azul» (como popularmente se coñece o edificio onde está ubicado o telecentro) tanto na recollida de solicitudes como na disposición prestada para poder facer uso da aula.

 

Máis eventos na nosa axenda.

Balance del Plan de Acción 2022

1 Diciembre 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Diciembre 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuales

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal