Mojo, nova linguaxe de programación

lunes, 22 mayo 2023
Mojo, nova linguaxe de programación

Mojo, nova linguaxe de programación que promete un mellor rendemento para o desenvolvemento de aprendizaxe automática. Chris Lattner, fundador de LLVM e Tim Davis, o que fora xefe de proxectos de IA de Google lanzaron Mojo, linguaxe de programación baseada en Python que mellora os seus problemas de implementación e rendemento.
A diferenza de Python, Mojo conta coa capacidade de compilar en código de máquina, mecanismos para a xestión segura da memoria e o uso de ferramentas para a aceleración de cálculos por hardware. Céntrase no uso para o desenvolvemento de aprendizaxe automática, pero preséntase como unha linguaxe de propósito xeral que amplía as capacidades da linguaxe Python.

Aproveita os recursos de hardware dos sistemas dispoñibles, nos cálculos. Pódense usar GPU, aceleradores de aprendizaxe automática e instrucións de procesamento de vectores (SIMD) para executar aplicacións Mollo e paralelizar cálculos.
Mojo pódese usar tanto no modo de interpretación JIT como para a compilación en arquivos executables. O compilador ten tecnoloxías modernas incorporadas para a optimización automática , o almacenamento en caché e a compilación distribuída.
Está previsto abrir o código fonte do compilador, JIT e outros desenvolvementos relacionados co proxecto despois de que se completa o deseño da arquitectura interna. Existen plans no futuro para desenvolver un conxunto de ferramentas que faciliten a tradución de proxectos existentes escritos en C/C++ e Python a Mojo, así como para desenvolver proxectos híbridos que combinan código Python e Mojo.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal