Openbravo alíase coa Open Source Alliance

Openbravo alíase coa Open Source Alliance

http://www.mancomun.org/images/stories/openbravo.gifOpenbravo, a segunda solución ERP en Software Libre, alíase á Open Source Alliance. Esta empresa sita en España únese a un novo consorcio sen ánimo de lucro adicado a colaborar con empresas e desenvolvedores para que poidan aproveitar tódolos beneficios das tecnoloxías de Software Libre.

Outros participantes nesta alianza son Adaptive Planning, Centric CRM, Enterprise DB, Hyperic, JasperSoft e SourceForge.net®, e continúase co proceso de adhesións.

“A Open Solutions Alliance (OSA) invita a tódolos fornecedores que desexen contribuír co brillante futuro do Software Libre a unirse para asegurar cos desenvolvedores e usuarios comprendan mellor os beneficios desta tecnoloxía e compartan as mellores prácticas”.

A OSA é unha importante alianza neutral de fornecedores que acolle a tódalas compañías comprometidas co desenvolvemento e soporte das tecnoloxías de Software Libre, independentemente da aplicación. A alianza esforzarase en garantir a interoperabilidade e a comunicación entre os seus membros, para incluír a tódolos fornecedores de software independente, de Software Libre e usuarios finais interesados en aprender e implementar esta tecnoloxía.

Fonte: Libro Blanco del Software Libre

Balance del Plan de Acción 2022

1 Diciembre 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Diciembre 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuales

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal