
O técnico superior estará encargado do soporte e desenvolvemento de aplicacións en contornos GRID e implementación de sistemas de monitorización e accounting. Para esta praza requírese:
- Ser licenciado superior en informática ou nunha disciplina afín.
- Coñecementos demostrables en administración de sistemas en contornas Linux.
- Dispoñibilidade para viaxar por Europa.
- Inglés falado e escrito con nivel de conversa técnica.
- Titulación media en informática ou disciplina afín ou ciclo superior de administración de sistemas informáticos.
- Experiencia práctica de dous anos demostrables en programación de shell scripts de Linux, administración de clusters Linux con contornas GRID e software de monitorización, estatísticas e accounting.