Software matemático en GNUWin II

GNUWin é unha selección de Software Libre que recomenda aplicacións libres útiles permitíndolle á xente descubrir o Software Libre. Moitos deles están baixo licenza GNU/[[GPL]] e funcionan en múltiples plataformas (GNU/Linux, Windows, etc). O principal obxectivo deste directorio é proporcionar solucións baixo Software Libre en plataforma Windows para que os usuarios, unha vez cubertas as súas necesidades, migren definitivamente a GNU/Linux.

A continuación amósase a listaxe de programas matemáticos proposta por GNUWin.

» Maxima 5.9.0

Maxima para computación simbólica. Maxima posúe as seguintes características:

  • Trazado vía netmath en rede.
  • Cálculos en rede.
  • Probado para unha gran cantidade de problemas.
  • Depurador a nivel de código.
  • Documentación dispoñible en html, textinfo, info, dvi e postscript.
  • Fácil de estender, acceso completo ao código fonte e un acceso a Common Lisp.
Está baixo licenza GNU/GPL.
 

» Octave 2.1.42

GNU Octave é unha linguaxe de alto nivel, deseñada para computación numérica. Dispón dunha liña de comandos para resolver problemas lineais e non lineais numericamente e para levar a cabo experimentos numéricos empregando unha linguaxe que é compatible con [[Matlab]]. Tamén pode ser empregado coma linguaxe de procesado en lotes. Está baixo licenza GNU/GPL.
 

» Celestia 1.3.2

Celestia é unha simulación espacial que permite experimentar no noso universo en tres dimensións. Celestia permite viaxar través do sistema solar ou incluso a través da galaxia.
 

» R 1.8.0

R é ‘GNU S’ – Unha linguaxe e unha contorna para computación de gráficos estatísticos. R é similar ao premiado sistema S, que foi desenvolvido nos laboratorios Bell por John Chambers. Posúe unha amplia variedade de técnicas estatísticas e gráficas (modelos lineais e non lineais, probas estatísticas, análise de series temporais, clasificación, clustering, …). Está licenciado baixo GNU/GPL e funciona baixo plataformas GNU/Linux, *BSD, Windows, etc.
 

» Scilab 2.6

Scilab é un paquete de software científico para o cálculo numérico cunha contorna amigable. A licenza deste aplicativo é SCILAB, unha licencia específica para este software.
 

» Gnuplot 3.7.x ()

gnuplot é un potente xerador de gráficas de funcións e conxuntos de datos (2D e 3D) en liña de comandos. Este software ten copyright pero permítese a súa libre distribución. Traballa en plataformas UNIX, IBM OS/2, MS Windows, DOS, Macintosh, VMS, Atari, etc.
 

» xplanet 0.94a

Xplanet xera unha imaxen da terra nunha ventá. Esta licenciado GNU/GPL e traballa en plataformas GNU/Linux, Sparc Solaris, FreeBSD e MS Windows baixo Cygwin.

Balance del Plan de Acción 2022

1 Diciembre 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Diciembre 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuales

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal