OpenKM: Sistema de xestión documental e do coñecemento para PEME

OpenKM é un sistema de xestión documental (DMS) moi útil para aquelas PEME que necesiten organizar e compartir os seus documentos.

Este proxecto xurdiu dentro do «Programa Nacional de Tecnologías de Servicios de la Sociedad de la Información», no cal se manifesta que unha das súas liñas prioritarias é a investigación e desenvolvemento de metodoloxías, modelos e ferramentas de uso colectivo para asesoramento en TIC, que faciliten a xestión do coñecemento das PEME e que soporten a creación e a explotación cooperativa de contidos dixitais…

Partindo desta premisa, a consultora GIT Consultors e a Fundació IBIT, presentaron OpenKM como proposta para executar un proxecto de desenvolvemento tecnolóxico coa finalidade de crear un sistema de xestión do coñecemento destinada ás PEME, pero utilizando Software Libre.
 
A arquitectura de OpenKM está baseada en tecnoloxía J2EE, e dada a súa natureza pode traballar en múltiples sistemas operativos (GNU/Linux, Unix e Windows).
 
As características principais de OpenKM:

  • Knowledge management / Document management. Xestión e almacenaxe de documentos e contidos xerados na empresa.
  • Indexación de documentos: OpenOffice.org, PDF, MS Office, etc. O motor de busca permite realizar procuras por contidos nos documentos indexados.
  • Procuras por título, contido e palabras chave.
  • Acceso remoto a través de cliente web.
  • Interface web compatible con IE, Firefox e Safari.
  • Multiidioma (Español, Inglés, Catalán e Francés).
  • Control de versións (posibilidade de ir gardando as versións previas cando se realicen modificacións nos documentos).
  • Menús contextuais (é necesario habilitalos no Firefox na configuración de Javascript).
Máis información na páxina do proxecto en www.openkm.com
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal