OpenKM é un sistema de xestión documental (DMS) moi útil para aquelas PEME que necesiten organizar e compartir os seus documentos.
Este proxecto xurdiu dentro do “Programa Nacional de Tecnologías de Servicios de la Sociedad de la Información”, no cal se manifesta que unha das súas liñas prioritarias é a investigación e desenvolvemento de metodoloxías, modelos e ferramentas de uso colectivo para asesoramento en TIC, que faciliten a xestión do coñecemento das PEME e que soporten a creación e a explotación cooperativa de contidos dixitais…
- Knowledge management / Document management. Xestión e almacenaxe de documentos e contidos xerados na empresa.
- Indexación de documentos: OpenOffice.org, PDF, MS Office, etc. O motor de busca permite realizar procuras por contidos nos documentos indexados.
- Procuras por título, contido e palabras chave.
- Acceso remoto a través de cliente web.
- Interface web compatible con IE, Firefox e Safari.
- Multiidioma (Español, Inglés, Catalán e Francés).
- Control de versións (posibilidade de ir gardando as versións previas cando se realicen modificacións nos documentos).
- Menús contextuais (é necesario habilitalos no Firefox na configuración de Javascript).