Programa que emprega Linex para iniciar e reforzar a lectura

Inmaculada Gómez, María Isabel Vázquez e Pedro Rea, mestres do colexio público Santa Ana de Fuenlabrada de los Montes, crearon o programa interactivo «Refuerzo mi lectura con Linex» para iniciar e reforzar a lectura entre os alumnos de Infantil e Primaria.

O programa pode empregarse desde un CD-ROM ou a través da rede.

Entre os obxectivos que se perseguen con este traballo destacan o desenvolvemento das habilidades comunicativas orais, o coñecemento e o uso adecuado da lingua castelán, o desenvolvemento dos hábitos de esforzo, a comprensión lectora e axudar a expresarse correctamente, á vez que se empregan os computadores con Linex para acceder ao uso da linguaxe multimedia…

O proxecto inclúe unha serie de contidos conceptuais como contos, narracións e mensaxes orais, vocabulario básico, formas de expresión oral, entoación e pronunciación, así como contidos procedementais para a compresión dos contos, a interpretación de imaxes e de iconas, a expresión de contos e de cancións de forma individual e en grupo, ademais dunha lectura de palabras e de textos en voz alta con pronunciación, ritmo e entoación.

Tamén inclúe determinados conceptos atitudinais, como a disposición á escoita e respecto ante as lecturas dos compañeiros, o gusto e o interese por participar nas actividades da aula, o respecto e o coidado dos computadoras en clase, así como o uso do computador como recurso de aprendizaxe.

O programa está totalmente aberto e os profesores poden ir engadindo diferentes textos en forma de cancións, contos, narracións, acontecementos da aula etc. en formato TXT.

A aplicación pode personalizarse ao cen por cen variando algúns parámetros como o nivel do conto, o número de palabras por frase, a velocidade de aparición das palabras, o tamaño do encerado etc. Tamén existe unha opción denominada «Lectura paso a paso», que activa o método de iniciación para as primeiras lecturas dos alumnos.

 

Fonte da nova e máis información en:
Regiondigital.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal