SAGA, sistema de información xeográfica opensource

SAGA (System for Automated Geoscientific Analyses) é un software cun dobre obxectivo. Por unha banda, trátase de dotar á comunidade (xeo)científica dunha plataforma de fácil aprendizaxe para a implementación de métodos xeocientíficos, o cal se leva a cabo a través da interface de programación (API) do programa. Por outra banda, preténdese facer accesibles eses métodos de forma sinxela, o cal conséguese grazas a unha axeitada interface gráfica de usuario (GUI). En conxunto, estes elementos conforman o verdadeiro núcleo de saga: un conxunto de módulos en constante crecemento, agrupados en bibliotecas específicas.

Saga está escrito en C e segue un enfoque orientado a obxectos. Distribúese baixo licenza libre GNU GPL. Todo iso fai de saga unha opción de primeira liña para todo aquel que desenvolva o seu traballo no ámbito das ciencias xeográficas, en particular aqueles que buscan métodos transparentes, robustos e fiables.

Actualmente, a distribución estándar de SAGA contén máis de 120 módulos. A seguinte lista daralle unha idea da variedade de métodos e algoritmos implementados.

  • Acceso a ficheiros: Módulos para importación e exportación de táboas, grids e capas vectoriais en distintos formatos .
  • Filtros para grids: Gaussiano, Laplaciano, Le multidirecional…
  • Interpolación/Rasterización: Veciñanza, distancia inversa…
  • Xeoestatística: Análise de residuos, análises de regresión, diversas variedades de Kriging..
  • Álxebra de mapas: Creación de novos grids a partir doutros mediante funcións matemáticas
  • Discretización: Segmentación, Esquematización…
  • Ferramentas ráster: remostreo, recheo de datos, unión…
  • Clasificación de imaxes: análise de agregados (clústers), máxima similitude, recoñecemento de patróns…
  • Proxeccións: transformación de coordenadas para capas ráster e vectoriais (usando Proj4 e GeoTrans) .
  • Simulación de procesos dinámicos: TOPMODEL, distribución de nitróxeno, erosión, evolución da paisaxe…
  • Análise do terreo:Pendente, orientación, curvaturas, sombreado, preprocesado de MDTs, análise de fluxos, delimitación de concas e redes de drenaxe…
  • Ferramentas vectoriais: intersección, curvas de nivel…
  • E máis…

 

A interface gráfica permite ao usuario controlar o programa a través de menús e barras de ferramentas. Igualmente, serve para a visualización de datos e a manipulación e edición dos mesmos. Segundo o tipo de datos, pódense obter distintas formas de representación: mapas, histogramas, diagramas de puntos, vistas tridimensionais, táboas… Todas estas poden comporse e imprimirse para a súa inclusión en proxectos ou outro uso calquera.

O corazón de SAGA é un interface de programación. Compílase como unha biblioteca dinámica e proporciona ao programador de módulos un conxunto de funcións e clases para implementar as súas ideas.

 

  • Elementos xeométricos (puntos, interseccións…), numéricos (operacións matriciais…) e outras ferramentas (manexo de memoria, cadeas…)
  • Clases de obxecto para táboas, capas vectoriais e ráster, que incorporan rutinas óptimas de manexo de memoria, acceso a datos e manipulación destes mediante método específicos.
  • Interacción coa interface gráfica de usuario.
  • Ferramentas para a creación de interfaces dos módulos (ventás de parámetros, etc), implementadas de forma sinxela e rápida.

Novidades que se esperan para futuras versións:

  • Unha interface multiplataforma baseada en wxWidgets, capaz de executarse sobre practicamente calquera sistema operativo (MS-Windows, Linux, MacOs, etc.).
  • Un novo aspecto da interface.
  • Novas optimizacións e melloras da API, novas clases e funcións (por exemplo, soporte para TINs como novo tipo nativo de datos)
  • Posibilidade de adaptar o software a outros idiomas sen necesidade de modificar o código fonte.

Balance del Plan de Acción 2022

1 Diciembre 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Diciembre 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuales

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal