Todas as escolas turcas de primaria ensinan OpenOffice.org

Todas as escolas turcas de primaria ensinan OpenOffice.org

http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gifO uso do software libre vén a ser parte do currículo escolar das escolas de primaria turcas. O Ministerio de Educación desenvolveu un curso para ensinarlles aos estudantes o uso deste paquete informático.

Esta adaptación forma parte do plano de 58 millóns de euros para «Reforzar a educación profesional do sistema educativo». Todos os PC empregados nas aulas en Turquia empregarán GNU/Linux e Windows e terán un cargador de arranque para elixir que sistema operativo cargar ao comezo.

O ministerio de educación comezou a enviar cedés que conteñen o software necesario, entre o que salienta unha versión adaptada da distribución turca de GNU/Linux Pardus.

O curso de software libre está dividido en tres partes. Un estudante que complete as tres, idealmente, será capaz de instalar Pardus GNU/Linux nun ordenador, administrar os seus compoñentes básicos, configurar unha conexión a internet, administrar os usuarios, instalar software e manexar os servizos de rede. O curso enteiro ten unha duración de 40 horas, aínda que a primeira parte é a máis longa cunha duración de 24.

Ligazón orixinal: idabc

Balance del Plan de Acción 2022

1 Diciembre 2021 Informe

Plan de Software Libre 2023

1 Diciembre 2021 Informe

#IA #InformesDeUsoAnuales

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal