Mancomún

http://www.mancomun.org/images/stories/openxpertya.pngO Centro de Formación de openXpertya en Asturias – España convoca aos interesados ás Xornadas de Consultoría Funcional de openXpertya que terán lugar en Gijón os días 16, 17 e 18 de Xullo do 2.007. Os asistentes poden prolongar a súa formación coas Xornadas Técnicas de Parametrización que comezan o día 19 e finalizan o venres 20 de Xullo.

Os interesados poden reservar praza ou solicitar máis información no enderezo electrónico jornadas@openxpertya.com.

Nas xornadas explicaranse a maioría das funcionalidades do ERP openXpertya aplicadas aos distintos modelos de negocio nos que se vai implantar. Outros temas a tratar serán: procesos de instalación, necesidades de hardware, casos reais, novidades e funcionalidades da versión 2.0, posibilidade de utilizar distintos servidores de aplicacións ou distintas bases de datos, …

Está dispoñible na web de openXpertya o temario/programa das xornadas (para descargar o temario é preciso estar rexistrado).

A «Lei para o Acceso Electrónico da Cidadanía aos Servizos Públicos » (LAECSP) foi aprobada o pasado 14 de xuño no Congreso dos Deputados. O texto, anteriormente coñecido como «Lei para o Acceso Electrónico dos Cidadáns ás Administracións Públicas», establece o dereito a realizar todo tipo de trámite administrativo de forma electrónica e garante que para iso sempre se poidan usar estándares abertos.

A lei inclúe prazos para a execución da lei, en concreto seis meses para a elaboración dun Plan de Implantación que se elevará ao Consello de Ministros). A LAECSP Introduce unha definición de estándar aberto próxima ao espírito do Marco Europeo de Interoperabilidade da IDABC no texto lexislativo, como xa fixeron Francia, Dinamarca, Holanda e Bélxica entre outros.
 
Cómpre salientar que o modelo do Software Libre influíu na lei ao establecer a posibilidade de auditorías sobre o código fonte das aplicacións públicas.

Vemos en GLUG que o usuario mmeixide traduciu a páxina de DeLi Linux ao galego , estando así nun total de cinco linguas dispoñibles.

Pódese acceder á páxina de DeLi Linux en galego, ou ao wiki (en «obras») e ao foro de axuda (o foro retirarase se non se usa).

DeLi Linux é un GNU/Linux «de escritorio lixeiro» . É unha distribución de GNU/Linux para vellas computadoras, a partir do 486 ao Pentium II ou III. Inclúe clientes de correo-e, navegador gráfico, programas de oficina con procesador de textos e folla de cálculo, etc. Unha instalación completa, incluíndo XOrg e ferramentas de desenvolvemento, non necesita máis de 350 MB de espazo no disco duro.

 

Podes ler a nova completa con máis información na súa fonte orixinal:
http://www.glug.es/node/2331  

Terra Soft Solutions anunciou a dispoñibilidade dunha versión actualizada de Yellow Dog Linux, versión 5.0.2. Esta nova versión conta cun DVD de instalación con soporte para Apple G4 e G5, a consola de Sony PS3 e para os servidores de IBM “System p”, ademais dos JS20/21, OpenPower, e os actuais sistemas POWER5.

Entre as novas características de Yellow Dog Linux 5.0.2 destacan:

  • Kernel 2.6.22-rc4.
  • SDK v2.0 para Cell BE.
  • Resolvéronse máis de 70 bugs e actualizacións.
  • Soporte para sistemas de 32bits e 64 bits.
  • Soporte beta para IBM ‘System p’.

Máis detalles desta nova versión no anuncio da liberación. Yellow Dog Linux 5.0.2 está dispoñible mediante descarga dende YDL.net por (US$69.95) ou na tenda online da compañía por (US$49.95).

 

Fonte: http://distrowatch.com/?newsid=04292

Xa está liberada a versión estable de Yoper GNU/Linux 3.0. cuxo nome en clave é ‘Titanium’. Yoper é unha distribución para procesadores i686 e compatibles onde cada paquete foi optimizado coidadosamente.

Está nova versión conta co Kernel 2.6.21.1 co ck-patchset que inclúe o planificador de procesos SD. Ademais tamén dispón de:

  • Xorg 7.2, KDE 3.5.7

  • Koffice 1.6.3

  • Firefox 2.0.0.4

  • Así como cun amplo número de paquetes de última xeración. Lista completa de cambios

Esta versión está dispoñible en catro formatos diferentes:

  1. O slim cd de aproximadamente 142 MB feito para aqueles aos que lles gusta construír o seu propio sistema.
  2. O single cd de 690 MB é a opción ideal para o usuario intermedio.
  3. O live cd de 705 MB.
  4. O DVD Version de 3.7 GB especialmente adicado a aqueles que non teñen Internet e precisan de tódolos paquetes dispoñibles.

 

Fonte:
http://www.yoper.com/announcements/yoper-3.0/ 
http://diariolinux.com/

http://www.mancomun.org/images/stories/google%20logo.jpgUn grancanario entrou no universo de desenvolvemento de software da empresa propietaria do principal motor de busca de internet: Google.

David J. Horat Flotats, de 24 anos, é alumno no último ano de carreira da Facultade de Informática da Universidade de Las Palmas de Gran Canaria e está realizando o seu proxecto fin de carreira. Precisamente unha parte dese proxecto atraeu o interese da empresa, que pon os medios para que se elabore durante este verán…

Podes ler a nova completa na súa fonte orixinal en
http://www.laprovincia.es
OOoMancomun.org, Iniciativa Galega polo Software Libre, participará na OpenOffice.org Conference que terá lugar en Barcelona do día 19 ao 21 de setembro. Neste gran evento Mancomun.org exporá a súa experiencia coa  coordinación da tradución de OpenOffice.org o día 21. Máis de 25.000 persoas accederon a este conxunto de aplicacións ofimáticas con interface en galego a través dos CD repartidos pola Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información ou a través das descargas do portal.

OpenOffice.org pola súa versatilidade e adaptabilidade amosouse desde a creación de Mancomun.org como unha excelente iniciativa para promover o Software Libre e achegar o galego aos computadores. Os voluntarios de Mancomun.org puideron colaborar na adaptación ao galego da versión 2.2 a través da ferramenta de tradución colaborativa Entrans. Mancomun.org é cocoordinador oficial da comunidade galega de OpenOffice.org. 

Podedes ver o programa do evento na web do congreso.  

MysqlA tenda en liña, o sistema de manexo de contidos e de administración, agora funcionan con este xestor de código aberto de base de datos.

MySQL AB anunciou o 17 de xuño de 2007 que The Phone House Telecom, un provedor alemán de comunicación e servizos, realizou unha consolidación da súa infraestrutura de comercio electrónico, substituíndo os sistemas Oracle e Informix por MySQL.

Thomas Hutters, director do Centro de Proceso de Datos de The Phone House, está satisfeito coas novas aplicacións unificadas. Debido á velocidade e posibilidade de escalar MySQL en arquitecturas de baixo coste, MySQL axudará a The Phone House a ser máis flexible en futuras ampliacións do sistema en concordancia co número de usuarios da tenda en liña…

«A alta escalabilidade e atractivo ratio de custo de MySQL foron decisivos para asegurar que as nosas aplicacións poden aguantar o ritmo do crecente volume de datos» declarou Hutters.

Antes da consolidación, para a compañía era difícil manter os seus sistemas heteroxéneos. A tenda The Phone House, o xestor de contidos e o sistema de pagos en liña estaban distribuídos en diferentes sistemas executando os SXBD Informix e Oracle. A compañía decidiu construír un novo e completo sistema homoxéneo.

A decisión de empregar MySQL Enterprise foi sinxela para o departamento e persoal técnico porque xa estiveran a empregar MySQL nos últimos sete anos para unha serie de aplicacións personalizables que nunca fallaran.

Por motivos de seguridade e distribución de carga, The Phone House emprega un sistema replicado cunha Base de Datos mestra e dous servidores replicados. A distribución de peticións conséguese a través de autorregulación no software. Existen 547 táboas na base de datos cun volume de 65 gigabytes. De media, cada servidor manexa 1000 consultas por segundo.

Ligazón á nota de prensa:
http://www.mysql.com/news-and-events/press-release/release_2007_16.html

Acaba de saír a versión 0.4.4 de Gobby, un editor de  texto colaborativo que permite a edición de múltiples ficheiros a múltiples usuarios nunha mesma sesión e cunha conversa (chat) multiusuario. Gobby é multiplataforma e usa GTK+ 2.6 polo que se integra perfectamente no contorno Gnome.
Hai paquetes de instalación de Gobby dispoñibles para case todas os sistemas, incluíndo Windows, Mac OS, Debian, Ubuntu, Gentoo ou Fedora… 

Podes consultar máis información deste software na súa páxina oficial:
http://gobby.0x539.de/trac/wiki

Capturas de pantalla de Gobby:
http://gobby.0x539.de/trac/wiki/Screenshots

GnomeA empresa coruñesa Igalia acaba de incorporarse ao consello asesor da Fundación Gnome.  Este organismo é o medio polo cal as empresas de Software Libre manteñen comunicación coa fundación que se encarga de orientar o desenvolvemento de Gnome e intégrano empresas coma Intel, HP, Novell, Red Hat ou IBM. Recoñécese así o labor dentro da comunidade de Igalia especialmente na automatización da xeración de paquetes e no proceso de probas do software.

Igalia vén realizando dende hai anos contribucións á comunidade en forma de código, documentación e eventos de promoción e empregou Gnome para crear o seu contorno de desenvolvemento Fisterra entre outros proxectos. Juan José Sánchez Penas e Alejandro García, ambos cofundadores da empresa, serán os seus representantes.

http://www.mancomun.org/images/stories/escudo.pngVendo a páxina de GALPon, vemos que a Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa, a través da súa Área de Innovación Educativa e dentro do Programa de formación permanente de profesorado, anuncia que está aberto o prazo de preinscrición no curso «Redacción de documentos científicos co procesador de textos LaTeX» que se realizará no campus de Vigo durante o mes de xuño e xullo de 2007.

Pódese consultar máis información do curso no enderezo:
http://apv.uvigo.es/redaccion_latex

Todas aquelas persoas que estean interesadas en matricularse deberán entrar na Plataforma de Xestión Académica Bubela.
 

  1. Se é a PRIMEIRA VEZ que entras en Bubela e non estás rexistrado/a, entón teraste que dar de alta como novo usuario/a. Entra en Bubela e preme na pestana «Novos usuarios/as» ou ben no texto «Se aínda non ten conta de usuario e quere darse de alta, prema aquí». A continuación, enche os datos que se solicitan, é moi importante que lembres o teu nome de usuario e a túa clave. Cando remates preme en «Aceptar» e xa estarás rexistrado/a. Agora xa podes matricularte no curso entrando no catálogo de cursos e premendo no botón «preinscribir» do curso.
  2. No caso de que sexas un USUARIO/A REXISTRADO en Bubela, simplemente introduce o teu nome de usuario e a túa clave no cadro superior da esquerda, entrarás na páxina de inicio de Bubela. Preme en «Catálogo de cursos» e preme no botón «matricular» do curso.

Secretaría da vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa
Reitoría, 3º andar.
Campus universitario, 36310 VIGO
Teléfono: 986 81 20 35 / 986 81 35 96/ 986 81 19 56/ 986 81 35 86
Fax:986813818
Correo electrónico: vic.fie@uvigo.es
Páxina web: http://www.uvigo.es/formacion/index.gl.htm

O cabido de La Palma presentou o seu xeoportal web en que publica boa

parte da información territorial dispoñíbel nas distintas áreas da

corporación co obxecto de que os usuarios da rede teñan acceso

gratuíto a ela Este xeoportal é unha ferramenta creada con software

libre para a consulta da Infraestrutura de Datos Espaciais (IDE) do

cabido e coloca á institución da Palma como pioneira de Canarias en

construír unha páxina segundo as esixencias da directiva Inspire.

Máis información en:

Fonte: SIG LA PALMA

2007

O comité avaliador do concursoFundamentos web” vén de anunciar os gañadores da edición 2007 tras dúas semanas de deliberacións.

A lista dos gañadores son:

  1. Gañador: Nouvelle web (de Adriana Pertierra Castaño)
  2. Segundo posto: Cantabrico (de Mónica Antón Suárez)
  3. Terceiro posto: Css City (de Juan Francisco del Río Pacheco)

Outras propostas »

Co motivo do décimo aniversario da creación das follas de estilo en cascada ([[CSS]]) propúxose o concurso no que calquera persoa podía participar enviando un ficheiro cos estilos que lle gustaría aplicar ao sitio “Fundamentos web”. Os criterios para nomear aos tres gañadores seguiron os criterios de usabilidade, accesibilidade, orixinalidade, tamaño, cumprimentos dos estándares e visibilidades en distintos navegadores.

 

A empresa coruñesa Allenta Consulting busca dous administradores de sistemas GNU/Linux. Os aspirantes deben ter coñecementos de administración nas distribucións Debian, Suse e Red Hat, na instalación e configuración de Apache, Samba, Bind, Openldap e Posftix así como en recompilación e empaquetado de software (rpm e deb). Tamén se valorarán coñecementos de MS Windows. Requírese como mínimo un ano de experiencia laboral e título de formación profesional de grao medio. Todos os detalles están na oferta que a empresa publicou na web Infojobs.
 
A empresa de formación Iria Flavia Consultoría e Formación precisa de xeito urxente un profesor para un seminario de OpenOffice.org para usuarios avanzados dunhas 10 horas de duración. Para o outono a empresa vai precisar profesores de Mozilla Firefox e Thunderbird, Linux para usuarios de escritorio, Apache, PHP, MySql, Html, CSS, JavaScript, configuración e uso de xestores de contidos (WordPress, sNews, Dokuwiki, Drupal) e aproveitamento de servizos web 2.0 como Google, Blogger, Flickr ou Del.icio.us. Os interesados poden enviar o seu curriculum a Iria Flavia.
 

Lembrámosvos que podedes recibir esta e outras ofertas subscribíndovos á lista de emprego de Mancomun.org.
FirefoxA Rede de Dinamización da Sociedade da Información organiza no concello lugués de Xermade un obradoiro de iniciación a internet a través de Mozilla Firefox. Este curso tratará sobre as funcionalidades básicas do navegador, ou o emprego de extensións e complementos e remata o próximo mércores. Está previsto a realización dun novo curso na última semana de xuño dividido en catro sesións diarias de 16:30 a 18:30 de luns a xoves. Para máis información podedes contactar coa persoa encargada do curso.

O público asistente á conferencia que impartiu a conselleira de educación, Eva María Pérez, na Semana de Extremadura en Londres, organizada polo Instituto Cervantes, amosou grande interese porque o modelo educativo estremeño, baseado no uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula e o Software Libre, poida ser exportado aos centros educativos do Reino Unido.

Durante a súa intervención, Eva María Pérez, expuxo os pilares fundamentais do sistema educativo estremeño centrándose na aposta tecnolóxica. Destacou igualmente que o éxito do modelo non so radicou na dotación dos centros educativos cun ordenador para cada dous alumnos en Secundaria e un para cada catro en Primaria, senon que a aposta fundamental foi o software libre gnuLinEx…

Ademáis, presentou a plataforma de xestión de centros educativos Rayuela, como punto de encontro de toda a comunidade educativa, que vai permitir unha interconexión dos centros e «unha maior implicación para lograr o gran obxectivo que é conseguir a calidade educativa para todos».

Outro proxecto presentado foi Avanza que, segundo a conselleira, «está permitindo que exista unha nova modalidade de educación a distancia para as persoas adultas, con independencia do lugar de residencia» e grazas ó cal estase cumprindo un dos obxectivos prioritarios da conselleira, como é «ofrecer igualdade de oportunidades a tódolos cidadáns estremeños».

Os visitantes dos actos programados no Instituto Cervantes puideron ver tamén as exposicións sobre «Extremadura al Natural», un programa multimedia que permite un percorrido virtual polos diferentes ecosistemas da rexión e a formación en diversos aspectos e niveis da natureza estremeña.

O portal educativo www.educarex.es, Pinakes (a revista das bibliotecas escolares), MundoLinEz, LinExColegios e as pizarras dixitais coas que desde este curso contan tódolos colexios estremeños, foron outras das ferramentas dadas a coñecer en Londres pola conselleira de educación.

Fonte:
http://www.extremaduraaldia.com/
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal