Mancomún

Inmaculada Gómez, María Isabel Vázquez e Pedro Rea, mestres do colexio público Santa Ana de Fuenlabrada de los Montes, crearon o programa interactivo «Refuerzo mi lectura con Linex» para iniciar e reforzar a lectura entre os alumnos de Infantil e Primaria.

O programa pode empregarse desde un CD-ROM ou a través da rede.

Entre os obxectivos que se perseguen con este traballo destacan o desenvolvemento das habilidades comunicativas orais, o coñecemento e o uso adecuado da lingua castelán, o desenvolvemento dos hábitos de esforzo, a comprensión lectora e axudar a expresarse correctamente, á vez que se empregan os computadores con Linex para acceder ao uso da linguaxe multimedia…

O proxecto inclúe unha serie de contidos conceptuais como contos, narracións e mensaxes orais, vocabulario básico, formas de expresión oral, entoación e pronunciación, así como contidos procedementais para a compresión dos contos, a interpretación de imaxes e de iconas, a expresión de contos e de cancións de forma individual e en grupo, ademais dunha lectura de palabras e de textos en voz alta con pronunciación, ritmo e entoación.

Tamén inclúe determinados conceptos atitudinais, como a disposición á escoita e respecto ante as lecturas dos compañeiros, o gusto e o interese por participar nas actividades da aula, o respecto e o coidado dos computadoras en clase, así como o uso do computador como recurso de aprendizaxe.

O programa está totalmente aberto e os profesores poden ir engadindo diferentes textos en forma de cancións, contos, narracións, acontecementos da aula etc. en formato TXT.

A aplicación pode personalizarse ao cen por cen variando algúns parámetros como o nivel do conto, o número de palabras por frase, a velocidade de aparición das palabras, o tamaño do encerado etc. Tamén existe unha opción denominada «Lectura paso a paso», que activa o método de iniciación para as primeiras lecturas dos alumnos.

 

Fonte da nova e máis información en:
Regiondigital.com

SAGA (System for Automated Geoscientific Analyses) é un software cun dobre obxectivo. Por unha banda, trátase de dotar á comunidade (xeo)científica dunha plataforma de fácil aprendizaxe para a implementación de métodos xeocientíficos, o cal se leva a cabo a través da interface de programación (API) do programa. Por outra banda, preténdese facer accesibles eses métodos de forma sinxela, o cal conséguese grazas a unha axeitada interface gráfica de usuario (GUI). En conxunto, estes elementos conforman o verdadeiro núcleo de saga: un conxunto de módulos en constante crecemento, agrupados en bibliotecas específicas.

Saga está escrito en C e segue un enfoque orientado a obxectos. Distribúese baixo licenza libre GNU GPL. Todo iso fai de saga unha opción de primeira liña para todo aquel que desenvolva o seu traballo no ámbito das ciencias xeográficas, en particular aqueles que buscan métodos transparentes, robustos e fiables.

Actualmente, a distribución estándar de SAGA contén máis de 120 módulos. A seguinte lista daralle unha idea da variedade de métodos e algoritmos implementados.

  • Acceso a ficheiros: Módulos para importación e exportación de táboas, grids e capas vectoriais en distintos formatos .
  • Filtros para grids: Gaussiano, Laplaciano, Le multidirecional…
  • Interpolación/Rasterización: Veciñanza, distancia inversa…
  • Xeoestatística: Análise de residuos, análises de regresión, diversas variedades de Kriging..
  • Álxebra de mapas: Creación de novos grids a partir doutros mediante funcións matemáticas
  • Discretización: Segmentación, Esquematización…
  • Ferramentas ráster: remostreo, recheo de datos, unión…
  • Clasificación de imaxes: análise de agregados (clústers), máxima similitude, recoñecemento de patróns…
  • Proxeccións: transformación de coordenadas para capas ráster e vectoriais (usando Proj4 e GeoTrans) .
  • Simulación de procesos dinámicos: TOPMODEL, distribución de nitróxeno, erosión, evolución da paisaxe…
  • Análise do terreo:Pendente, orientación, curvaturas, sombreado, preprocesado de MDTs, análise de fluxos, delimitación de concas e redes de drenaxe…
  • Ferramentas vectoriais: intersección, curvas de nivel…
  • E máis…

 

A interface gráfica permite ao usuario controlar o programa a través de menús e barras de ferramentas. Igualmente, serve para a visualización de datos e a manipulación e edición dos mesmos. Segundo o tipo de datos, pódense obter distintas formas de representación: mapas, histogramas, diagramas de puntos, vistas tridimensionais, táboas… Todas estas poden comporse e imprimirse para a súa inclusión en proxectos ou outro uso calquera.

O corazón de SAGA é un interface de programación. Compílase como unha biblioteca dinámica e proporciona ao programador de módulos un conxunto de funcións e clases para implementar as súas ideas.

 

  • Elementos xeométricos (puntos, interseccións…), numéricos (operacións matriciais…) e outras ferramentas (manexo de memoria, cadeas…)
  • Clases de obxecto para táboas, capas vectoriais e ráster, que incorporan rutinas óptimas de manexo de memoria, acceso a datos e manipulación destes mediante método específicos.
  • Interacción coa interface gráfica de usuario.
  • Ferramentas para a creación de interfaces dos módulos (ventás de parámetros, etc), implementadas de forma sinxela e rápida.

Novidades que se esperan para futuras versións:

  • Unha interface multiplataforma baseada en wxWidgets, capaz de executarse sobre practicamente calquera sistema operativo (MS-Windows, Linux, MacOs, etc.).
  • Un novo aspecto da interface.
  • Novas optimizacións e melloras da API, novas clases e funcións (por exemplo, soporte para TINs como novo tipo nativo de datos)
  • Posibilidade de adaptar o software a outros idiomas sen necesidade de modificar o código fonte.

Ruby on Gears é un marco de traballo para contidos construído 100% en Ruby. Este sistema proporciona un contorno para CRM, xestor de proxectos, xestor de documentos, intranets corporativas, sistemas expertos, motores de busca vertical, redes sociais, blogues corporativos e sitios web. Ruby on Gears será presentado hoxe en Nova Iorque no transcurso da SOAWorld Conference & Expo.

Ruby on Gears proporciona unha sólida estrutura de datos con referencias a todos os compoñentes modulares para o desenvolvemento escalable dos módulos e a posta en produción flexible.  Emprega ademais unha interface para o usuario e o administrador sen practicamente curva de aprendizaxe, integración activa de Ajax e Flex en módulos selectivos e estreita integración con motores de busca.

http://www.mancomun.org/images/stories/devede.pngDeVeDe é un programa para a creación de vídeo CD e DVD que foi desenvolvido por un vigués chamado Sergio Costas.

DeVeDe permite crear un CD ou DVD de vídeo con calquera número de ficheiros e en calquera formato reproducible por Mplayer.

A gran novidade nesta versión 3.0 é que agora DeVeDe permite engadir un menú cos títulos e fondos gráficos totalmente personalizable, aínda que non chega ao nivel doutras ferramentas. Podedes consultar a lista completa de cambios premendo en ler máis…

 

  • Permite engadir un menú ao DVD coa lista de títulos e unha imaxe de fondo personalizada
  • Permite gravar a estrutura do disco, para reutilizala ou para seguir traballando noutro momento.
  • Permite escoller até 448kbit/sec para o son.
  • Pide confirmación antes de cancelar un traballo.
  • Fonte un pouco máis grande para os subtítulos.
  • Usa a extensión .AVI ao xerar ficheiros DivX.
  • Corrixido un bug con ‘locales’ no UTF-8.
  • Corrixida a tradución da mensaxe «Non hai suficiente espazo libre…».
  • Corrixido un bug ao borrar ficheiros e directorios conflitivos.
  • Corrixido un bug cando se crea un [[DivX]] co mesmo tamaño final que o orixinal.
  • Agora, se a conversión das películas falla, non amosa unha mensaxe de «Todo correcto».

En www.guia-ubuntu.org teñen dispoñible unha guía de usuario para DeVeDe (ademais doutro moito software) para aprender a instalar e manexar o software.

DeVeDe só necesita ter instalado os seguintes paquetes para funcionar: Mplayer, Mencoder, DVDAuthor, VCDImager, MKisofs, Python 2.4, PyGTK e PyGlade.

Outros software de gravación de DVD tamén son: ‘Q’ DVDAuthor (unha interface gráfica desenvolvida en Qt para DVDAuthor) ou ManDVD.

Por vez primeira, a NASA vai liberar o seu CLARAty Software, que serve para controlar brazos articulados, cámaras, desenvolvementos matemáticos e o procesamento de imaxes en 3 dimensións.

CLARAty é o acrónimo de «Coupled Layer Architecture for Robotic Autonomy» (Arquitectura de Capas Encaixadas para a Autonomía Robótica). CLARAty é un «framework» integrado para a reutilización de software robótico. Define interfaces para unha funcionalidade robótica común e integra múltiples implementacións. Algúns exemplos das capacidades que posúe son a estimación, a navegación, a locomoción e máis a elaboración de planos. Para soportar múltiples algoritmos, posúe adaptacións a diferentes plataformas robóticas. O desenvolvemento de CLARAty foi orixinalmente fundado polo «Mars Technology Program».


Fonte:
Slashdot

Máis información en:
NASA Jet Propulsion Laboratory

Como preludio aos cursos de verán da Facultade de Enxeñaría da Universidade de Deusto, organízanse unhas Xornadas de Software libre e Empresa para o próximo 4 de xullo en Bilbao. O evento é de asistencia libre e gratuíta, contará coa colaboración de empresas como IBM, Sun, Novell, RedHat/JBoss, Telefónica I+D, ESLE (Asociación de Empresas de Software Libre de Euskadi), Irontec e CodeSyntax.

É preciso realizar unha inscrición previa e o aforo está limitado a 120 persoas. O obxectivo principal destas xornadas é procurar un punto de encontro entre empresas que non desen o salto a usar tecnoloxías baseadas en Software Libre, empresas que si empregan ou desenvolven Software Libre e o alumnado que se acaban de licenciar na busca de novos proxectos de futuro interesantes neste campo…

Fonte da nova, preinscrición e máis información en:
http://www.barrapunto.com

A Fundación Cenatic (Centro Nacional de Referencia de Aplicación de las Tecnologías de la Información y Comunicación basadas en fuentes abiertas), promovida polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, aprobou a incorporación da Junta de Andalucía e da empresa Atos Origin, como novos membros do seu padroado. Este centro tecnolóxico ten como obxectivo converterse nun catalizador do aproveitamento das vantaxes do Software Libre.
 

Cenatic, creado en novembro do pasado ano en Almendralejo, conta coa participación no seu padroado da administración estatal e da Junta de Extremadura. O centro impulsará a creación de tecido empresarial competente no desenvolvemento de tecnoloxías baseadas en fontes abertas e Software Libre e difundirá o coñecemento xerado a escala nacional e internacional para transferir iniciativas multinacionais de relevancia ao contorno local.
 
O centro contará con 4 millóns de euros para o orzamento do vindeiro ano.  

http://www.mancomun.org/images/stories/red5.png Red5 é un servidor de Flash en Software Libre, feito con Java e que soporta: 

  • Transmisión de son/vídeo (FLV e MP3)
  • Gravación de transmisións (só FLV)
  • Obxectos compartidos
  • Publicación de transmisión en directo
  • e moitas características máis

O proxecto está na versión 0.6.2 publicada hai escasamente 6 días (17-06-2007). Este servidor é unha alternativa libre e gratuíta aos tan caros servidores de streaming propietarios, e xa se está usando con grande éxito en proxectos tan importantes como Dokeos

 

Mapa mundial con servidores Red5:
http://www.frappr.com/red5

Folla de ruta de futuras versións:
Red5
– Project Roadmap

Mandriva vén de anunciar a liberación de Corporate Desktop 4.0, a nova versión da súa estación de traballo adicada á empresa. Dende Mandriva cualifican esta nova versión como deseñada ergonomicamente, segura, sinxela de usar e de administrar.

Corporate Desktop 4.0 está orientada ás demandas empresariais, directorio de administración e integración, mobilidade, seguridade e ergonomía…

  • O directorio de administración e integración compleméntase coa autenticación baseada en directorios. Corporate Desktop 4.0 inclúe unha nova ferramenta para establecer os dereitos de usuario dende un directorio LDAP.

  • No que se refire á mobilidade, esta nova versión de Mandriva Corporate simplifica a configuración de accesos remotos seguros (DrakVPN) e a configuración das tarxetas de datos 3G.

  • No tocante á seguridade inclúe soporte para encriptación de datos, conexións seguras e un firewall interactivo.

  • A ergonomía integra un deseño completamente novo do escritorio, integración das últimas tecnoloxías 3D (Xgl, AIGLX e Metisse).

 

Fonte:
http://www.mandriva.com

 

Durante a vindeira Olimpíada Informática Universitaria CELL + Linux,  que se celebrará no mes de setembro en Santander, tamén terá lugar o Concurso ao mellor proxecto de programación en Linux/[[CELL]]. Este concurso está dotado con tres premios das seguintes contías:

  • Primeiro premio de 3.000 €
  • Segundo premio de 2.000 €
  • Terceiro premio de 1.000 €

O último día do evento farase unha demostración de todos os proxectos presentados…

Máis información en e a descrición do curso nas seguintes ligazóns:
Descrición do curso
campusvirtual.uimp.es

Fonte:
Centro Internacional de Referencia LINUX (CIR)

http://www.mancomun.org/images/stories/guadec.png Durante os días 15 e 21 de xullo, Birmingham (Reino Unido) converterase na sede do GUADEC (Conferencia Europea de Usuarios e de Desenvolvedores de GNOME) 2007, a reunión máis importante de desenvolvedores do contorno GNOME.

Pode consultar xa o programa preliminar das conferencias. Este ano contase, entre os patrocinadores, coa presenza da empresa iGalia, que se adica ao deseño e ao mantemento de aplicacións en Software Libre e, na actualidade, está a realizar un concurso ao mellor proxecto fin de carreira baseado en Software Libre

Agárdase un grande número de relatorios que se enfocan en varios escenarios coa fin de centrar os esforzos en varios ámbitos paralelos. Ao mesmo tempo, estableceranse propostas de resolución de problemas mediante o [[brainstorming]], ideas para construír aplicacións no contorno GNOME usando [[Python]], técnicas aplicadas a xogos, usabilidade, etc…

 

Fonte:
territoriolibre.org

Specsavers, a cadea de ópticas inglesa, está migrando todos os seus servidores e escritorios de Microsoft Windows 2000 a Red Hat Enterprise Linux, para os seus 830 establecementos do Reino Unido, República de Irlanda, Países Baixos, Escandinavia e España.
A compañía escolleu as solucións de Red Hat como modo de estandarizar a aplicación SOCRATES 7 sobre unha plataforma Java, o que lle permitiu reducir o mantemento, incrementar a fiabilidade e flexibilidade do desenvolvemento de software e mellorar a seguridade, ademais de minimizar os custos. Red Hat Enterprise Linux corre sobre unha plataforma Intel sobre hardware Fujitsu Siemens, tanto para servidores como para os escritorios dos establecementos.

Specsavers está tamén utilizando Red Hat Satellite Server para monitorizar de forma centralizada e actualizar todas as instalacións Red Hat Enterprise Linux. A capacidade de xestionar as actualizacións de forma remota reduciu o tempo que emprega o departamento de TI na instalación de parches. A rede Red Hat Global Support tamén foi un factor clave que contribuíu a que a cadea de ópticas opte por implementar as solucións de Red Hat, xa que dispón de acceso inmediato ao soporte local, as 24 horas do día, en calquera país onde a compañía o necesite.

Ademais de substituír todos os escritorios e os servidores das súas tendas, Specsavers substituíu varios servidores Solaris da súa oficina central. Tamén ten un número de servidores Red Hat Enterprise Linux executando un sistema ERP de código aberto para todo o seu negocio de Australia e Hong Kong. Ademais, a compañía está a utilizar outras solucións de software de código aberto como o servidor web Apache e JBoss jBPM (xestión de procesos de negocio) para xestionar o fluxo de traballo.

 

Fonte: Gaceta Tecnológica  

http://www.mancomun.org/images/stories/gulo.png Lendo a páxina de GULO (Grupo de Usuarios de GNU/Linux de Ourense) vemos que:

«Búscanse desenvolvedores para un novo proxecto de Software Libre de control domótico mediante o uso da voz.

Os interesados deberán de ter as seguintes características básicas:

  • Experto en manexo de sistemas GNU/Linux.
  • Coñecementos do uso do motor de recoñecemento de voz Sphinx-III
  • Coñecemento do uso de Festival.
  • Coñecementos avanzados de C/C++.
  • Soltura no uso de UML.
  • Coñecementos básicos de electrónica dixital…»
Podes ler toda a información sobre o chamamento na súa fonte orixinal:
http://www.gulo.org
Red Hat Enterprise Linux 5 instalado en sistemas IBM recibiu a certificación «Common Criteria» (estándar internacional ISO/IEC 15408 de seguridade nos computadores) de aprobación requirida para implementación nas axencias gobernamentais dos EUA.
 
Con esta certificación espérase que a adopción de Red Hat Enterprise Linux 5 nas empresas e gobernos a nivel mundial creza, xa que con esta certificación ningún sistema operativo de uso común ofrece tan alta certificación de seguridade…

Esta é a primeira distribución de Linux en obter a certificación Common Criteria con tal alto nivel de seguridade, o que significa que Red Hat Enterprise Linux en sistemas IBM supera os requisitos de seguridade necesarios para a información manexada polos gobernos.

Máis información sobre «Common Criteria» na [[Wikipedia]] en inglés:
http://en.wikipedia.org/wiki/Common_Criteria

 

Nota de prensa de IBM:
http://www-03.ibm.com/press/us/en/pressrelease/21742.wss

O sistema operativo GNU/Linux foi seleccionado para un experimento da NASA co obxectivo de probar a súa viabilidade en hardware e software COTS (Commercial of-the-shelf) para misións espaciais científicas.

O éxito para este labor foi por que o ambiente desenvolvido e rutinas son familiares para os científicos, e facilita a portabilidade desde o laboratorio á nave espacial.

Fonte: http://www.linuxdevices.com/news/NS5714800202.html

ooxml é unha iniciativa da FFII, unha organización sen ánimo de lucro para estabilizar o libre mercado no eido das tecnoloxías da información, para eliminar as barreiras para competir.

Dende ooxml invítase a asinar en contra da estandarización do formato ooxml de Microsoft.

Entre as razóns que se dan están as seguintes:

  • Xa existe un formato de documento aberto que é estándar ISO, (ISO26300 – ODF).
  • Non existe unha implementación práctica da especificación: o MS office 2007 produce unha versión especial do ooxml, que non é exactamente un formato que se conforme á súa especificación.
  • Falta información na especificación, por exemplo cómo facer un autoSpaceLikeWord95 ou useWord97LineBreakRules.
  • Máis do 10% dos exemplos mencionados no estándar non validan a conformidade da linguaxe XML.
  • É case imposible escribir un software que implemente na súa totalidade a especificación ooxml sen infrinxir patentes ou ter que pagar licenzas a terceiros.
  • Este estándar entra en conflito con outros estándares da ISO, tales como ISO 8601 (representación de datas), ISO 639 (códigos para a representación de nomes e de idiomas) ou ISO/IEC 10118-3 (hash criptográfico).
  • Existe un bug na especificación ao tratar formatos de datas en follas de cálculo onde non é posible ter datas anteriores ao ano 1900. Este bug afecta á especificación de OOXML así como ás versións do programa tales como Microsoft Excel 2000, XP, 2003 ou 2007.
  • Este estándar non foi creado en base a consulta de distintas partes (tales como empresas desenvolvedoras, vendedores, usuarios, …), única e exclusivamente participou Microsoft.

Máis argumentos

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantenida y publicada en internet por Xunta de Galicia

Atención a la ciudadanía - Accesibilidad - Aviso legal - Mapa del portal